Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Actualizacións das Tradicións Literarias e Culturais Código 613584117
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Web http://http://www.udc.gal/filo
Descrición xeral Estudo e análise crítica das tradicións e das transferencias literarias e culturais, incluíndo as vangardas modernas e os procesos actualizadores ou apropiadores dos espazos literario-culturais propios e alleos.
Na sección de contidos figuran os asuntos específicos que serán tratados na materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer os procesos históricos dos estudos literarios e culturais, describindo algúns dos trazos que supoñen unha mudanza de paradigma AM8
Propor e desenvolver unha investigación avanzada ofrecendo un enfoque orixinal e creativo sobre algún tema relacionado coa materia AM3
CM5
CI1
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (oralmente e por escrito) nos debates propios dos estudos literarios e culturais AM6
AM8
BP7
Aplicar os diferentes fundamentos ideolóxicos da análise cultural sen perder de vista o contexto AM1
AM9
CM6
Incorporar a perspectiva transnacional aos estudos literarios AI2
CM4
Desenvolver estratexias e técnicas que favorezan a negociación e a resolución de conflitos derivados de situacións complexas condicionadas pola diversidade cultural AM5
BP2
Interpretar as manifestacións literarias en relación con outros códigos culturais esenciais en cada período (pintura, cinema, música, banda deseñada etc.) AM4
AM8
CM2
Identificar e interpretar os novos marcos teóricos e conceptuais que intentan explicar a evolución da cultura contemporánea AM7
AM8
AM9
Empregar a metodoloxía comparatista na análise da literatura, da arte e da cultura no ámbito galego-portugués AM9
AI2
Manexar argumentarios sólidos e complexos, que enlacen co estado da cuestión no ámbito internacional AM4
BP3
CM4
CM5
Propor e realizar análises orixinais sobre problemas actuais nos ámbitos concretos da creación, da produción, da transmisión ou da recepción dos produtos culturais, artísticos e literarios AM3
AM9
Reaiizar análises segundo os principios e os métodos propios das correntes teóricas máis relacionadas cos contidos da materia AM4
BP3
CM2
CM5
Describir e analizar criticamente os procesos culturais na sociedade contemporánea AM4
AI2
CM2
Acreditar o coñecemento e o manexo dos principais recursos bibiiográficos, hemerográficos, bases de datos e repositorios dixitais sobre estudos literarios e da cultura no ámbito galego-portugués BP1
BP5
CI3

Contidos
Temas Subtemas
Tradición literaria e tradición cultural. Tradición e tradicións.
Tradición e canon.
Tradición vs. ruptura. A tradición da ruptura.
A invención da tradición.
Tradición e nación. Tradición e literatura nacional.
Tradición, historia e cultura no Rexurdimento.

Actualizacións da tradición.
Medievalismo/s: a literatura e a cultura medieval na Galiza contemporánea. Produtos e funcións.
Popularismo/s: a literatura popular e as súas actualizacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 10 10 20
Lecturas A5 A6 A7 B5 C4 C9 4 20 24
Prácticas a través de TIC A4 C2 C7 C6 C9 0 5 5
Traballos tutelados A13 A3 A6 A9 B4 C2 C6 1 25 26
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Traballo cooperativo na aula sobre os textos e as lecturas proporcionadas no dossier da materia.
Lecturas Realización das lecturas indicadas na guía docente e/ou na plataforma moodle.
Prácticas a través de TIC Utilización dos recursos TIC para a xestión da información e para pesquisa académica.
Traballos tutelados Realización do traballo titorizado sobre o asunto que se acordará coa profesora e presentación dos seus resultados por escrito e, eventualmente, de forma oral nas aulas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
A profesora orientará aos/ás estudiantes na preparación das sesións de seminario e na realización do traballo titorizado.
A orientación realizarase de forma individualizada e facilitaranse indicacións por escrito cando for preciso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A3 A6 A9 B4 C2 C6 Será valorado o proceso de realización do traballo titorizado e o seu resultado final, que será presentado oralmente e por escrito segundo as indicacións que serán proporcionadas no inicio das aulas.
50
Seminario A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 Será valorado o acompañamento da materia a través da entrega por escrito das conclusións do seminario. 25
Lecturas A5 A6 A7 B5 C4 C9 Será valorada a súa realización a través da participación e das intervencións nas sesións presenciais. 25
 
Observacións avaliación


1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que a profesora dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo titorizado (60%).
2. Lecturas (40%). 

4. INDICACIÓNS XERAIS

As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas. 

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora en horario de titorías ou a través dunha mensaxe remitida a t.lopez@udc.gal. 

Fontes de información
Bibliografía básica

Beramendi, Justo (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Xerais: Vigo.

Bhabha, Homi, dir. (2010). Nación y narración. Buenos Aires: Siglo XXI Argentina. Tradución de María Gabriela Ubaldini.

Cunha, Carlos, ed. (2011). Escrever a nação: literatura e nacionalidade. Uma antologia. Guimarães: Opera Omnia.

Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Xerais: Vigo.

Figueroa, Antón (2015). “Literaturas minoritarias, autonomía e relacións interliterarias”. Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural. Santiago de Compostela: Laiovento, 81-95.

Forcadela, Manuel (2013). Dama Saudade e o Cabaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. Berlín: Frank & Timme.

González Millán, Xoán (1998). “O criterio filolóxico e a configuración dunha literatura nacional. Achegas a un novo marco de reflexión”. Cadernos da lingua: 17, 5-24.

González-Millán, Xoán (1994). “Do nacionalismo literario a unha literatura nacional. Hipótese de traballo para un estudio institucional da literatura galega”. Anuario de estudios literarios galegos, 67-81.

Howbswaum, Eric e Terence Ranger, eds. (2002). La invención de la tradición. Barcelona: Crítica. Tradución de Omar Rodríguez.

Máiz, Ramón (1997). A idea de nación. Xerais: Vigo.

Mathews, David (2015). Medievalism. A Critical History. Suffolk: Boydell & Brewer Inc.

Pereira, Paulo Alexandre Cardoso (2005). A Beleza Imortal das Catedrais. Afonso Lopes Vieira e a imaginação medievalista. Aveiro: Universidade. Disponíbel en http://hdl.handle.net/10773/2862.

Romero López, Dolores, coord. (2006). Naciones literarias. Barcelona / Madrid: Anthropos / Universidad Complutense.

Sanmartín Bastida, Rebeca (2003). La Edad Media y su presencia en la literatura, el arte y el pensamiento españoles entre 1860 y 1890. Madrid: Universidad Complutense.

Thiesse, Anne M. (2000 [1999]). A criação das identidades nacionais. Lisboa: Temas e Debates. Tradución de Sandra Silva.

Villares, Ramón (2017). Identidade e afectos patrios. Vigo: Galaxia.

Bibliografía complementaria

Será proporcionada nas aulas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Ante calquera dúbida, recoméndase pórse en contacto coa profesora, en horario de titorías ou escribindo a t.lopez@udc.gal.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías