Identifying Data 2020/21
Subject (*) Literary and Cultural Traditions Updates Code 613584117
Study programme
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Lopez Fernandez, Maria Teresa
E-mail
t.lopez@udc.es
Lecturers
Lopez Fernandez, Maria Teresa
E-mail
t.lopez@udc.es
Web http://http://www.udc.gal/filo
General description Estudo e análise crítica das tradicións e das transferencias literarias e culturais, incluíndo as vangardas modernas e os procesos actualizadores ou apropiadores dos espazos literario-culturais propios e alleos.
Na sección de contidos figuran os asuntos específicos que serán tratados na materia.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas.
Traballos titorizados
Prácticas a través de TIC
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Seminario. Será realizado ben a través de Moodle, con presentacións xerais e breves lecturas complementares, ben en Teams, en sesións síncronas ou asíncronas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Foros específicos en Moodle, videotitorización a través de Teams, respostas ás consultas por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as actividades e as porcentaxes de avaliación, cos seguintes especificacións:
Lecturas. As discusións e presentacións serán realizadas a Teams e/ou Moodle, de forma síncrona o asíncrona.
Todas as entregas de tarefas serán realizadas a través da plataforma Moodle.
*Observacións da avaliación:
Mantéñense as recollidas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Recoñecer os procesos históricos dos estudos literarios e culturais, describindo algúns dos trazos que supoñen unha mudanza de paradigma AC8
Propor e desenvolver unha investigación avanzada ofrecendo un enfoque orixinal e creativo sobre algún tema relacionado coa materia AC3
CC5
CR1
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (oralmente e por escrito) nos debates propios dos estudos literarios e culturais AC6
AC8
BJ7
Aplicar os diferentes fundamentos ideolóxicos da análise cultural sen perder de vista o contexto AC1
AC9
CC6
Incorporar a perspectiva transnacional aos estudos literarios AR2
CC4
Desenvolver estratexias e técnicas que favorezan a negociación e a resolución de conflitos derivados de situacións complexas condicionadas pola diversidade cultural AC5
BJ2
Interpretar as manifestacións literarias en relación con outros códigos culturais esenciais en cada período (pintura, cinema, música, banda deseñada etc.) AC4
AC8
CC2
Identificar e interpretar os novos marcos teóricos e conceptuais que intentan explicar a evolución da cultura contemporánea AC7
AC8
AC9
Empregar a metodoloxía comparatista na análise da literatura, da arte e da cultura no ámbito galego-portugués AC9
AR2
Manexar argumentarios sólidos e complexos, que enlacen co estado da cuestión no ámbito internacional AC4
BJ3
CC4
CC5
Propor e realizar análises orixinais sobre problemas actuais nos ámbitos concretos da creación, da produción, da transmisión ou da recepción dos produtos culturais, artísticos e literarios AC3
AC9
Reaiizar análises segundo os principios e os métodos propios das correntes teóricas máis relacionadas cos contidos da materia AC4
BJ3
CC2
CC5
Describir e analizar criticamente os procesos culturais na sociedade contemporánea AC4
AR2
CC2
Acreditar o coñecemento e o manexo dos principais recursos bibiiográficos, hemerográficos, bases de datos e repositorios dixitais sobre estudos literarios e da cultura no ámbito galego-portugués BJ1
BJ5
CR3

Contents
Topic Sub-topic
Tradición literaria e tradición cultural. Tradición e tradicións.
Tradición e canon.
Tradición vs. ruptura. A tradición da ruptura.
A invención da tradición.
Tradición e nación. Tradición e literatura nacional.
Tradición, historia e cultura no Rexurdimento.
Unha tradición galega? Tradición popular e tradición medieval.


Actualizacións da tradición medieval.
Medievalismo/s: a literatura e a cultura medieval na contemporaneidade. Produtos e funcións.
A literatura e a cultura medieval na Galiza contemporánea.
A literatura e a cultura medieval no Portugal e no Brasil contemporáneos.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Seminar A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 10 10 20
Workbook A5 A6 A7 B5 C4 C9 4 20 24
ICT practicals A4 C2 C7 C6 C9 0 5 5
Supervised projects A13 A3 A6 A9 B4 C2 C6 1 25 26
 
Personalized attention 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Seminar Traballo cooperativo na aula sobre os textos e as lecturas proporcionadas no dossier da materia.
Workbook Realización das lecturas indicadas na guía docente e/ou na plataforma moodle.
ICT practicals Utilización dos recursos TIC para a xestión da información e para pesquisa académica.
Supervised projects Realización do traballo titorizado sobre o asunto que se acordará coa profesora e presentación dos seus resultados por escrito e, eventualmente, de forma oral nas aulas.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Seminar
Description
A profesora orientará aos/ás estudiantes na preparación das sesións de seminario e na realización do traballo titorizado.
A orientación realizarase de forma individualizada e facilitaranse indicacións por escrito cando for preciso.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A13 A3 A6 A9 B4 C2 C6 Será valorado o proceso de realización e o resultado final, que será presentado por escrito ou/e oralmente segundo as indicacións que serán proporcionadas no inicio do período de aulas.
60
Seminar A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 Será valorado o acompañamento da materia a través da entrega por escrito das conclusións das sesións, desenvolvidas en forma de seminario.
15
Workbook A5 A6 A7 B5 C4 C9 Será valorada a súa realización a través da participación e das intervencións nas sesións presenciais. A profesora poderá asignar lecturas específicas a cada estudante para a súa presentación nas aulas. 25
 
Assessment comments


1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que a profesora dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo titorizado (60%).
2. Lecturas (40%). 

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO

O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto coa profesora no mes de outubro.

6. INDICACIÓNS XERAIS

As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas. 

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora en horario de titorías ou a través dunha mensaxe remitida a t.lopez@udc.gal. 

Sources of information
Basic

Beramendi, Justo (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Xerais: Vigo.

Bhabha, Homi, dir. (2010). Nación y narración. Buenos Aires: Siglo XXI Argentina. Tradución de María Gabriela Ubaldini.

Cunha, Carlos, ed. (2011). Escrever a nação: literatura e nacionalidade. Uma antologia. Guimarães: Opera Omnia.

Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Xerais: Vigo.

Figueroa, Antón (2015). “Literaturas minoritarias, autonomía e relacións interliterarias”. Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural. Santiago de Compostela: Laiovento, 81-95.

Forcadela, Manuel (2013). Dama Saudade e o Cabaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. Berlín: Frank & Timme.

González Millán, Xoán (1998). “O criterio filolóxico e a configuración dunha literatura nacional. Achegas a un novo marco de reflexión”. Cadernos da lingua: 17, 5-24.

González-Millán, Xoán (1994). “Do nacionalismo literario a unha literatura nacional. Hipótese de traballo para un estudio institucional da literatura galega”. Anuario de estudios literarios galegos, 67-81.

Howbswaum, Eric e Terence Ranger, eds. (2002). La invención de la tradición. Barcelona: Crítica. Tradución de Omar Rodríguez.

Lama López, Mª Xesús (2002). O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega. Universidad de Barcelona. Tese de doutoramento.

Máiz, Ramón (1997). A idea de nación. Xerais: Vigo.

Maleval, Amparo Tavares (2002). Poesía medieval no Brasil. Rio de Janeiro: Ágora da Ilha.

Mathews, David (2015). Medievalism. A Critical History. Suffolk: Boydell & Brewer Inc.

Pereira, Paulo Alexandre Cardoso (2005). A Beleza Imortal das Catedrais. Afonso Lopes Vieira e a imaginação medievalista. Aveiro: Universidade. Disponíbel en http://hdl.handle.net/10773/2862.

Portela Yáñez, Charo (2010). Luís Seoane e a Galicia medieval. Santiago de Compostela: Universidade.

Romero López, Dolores, coord. (2006). Naciones literarias. Barcelona / Madrid: Anthropos / Universidad Complutense.

Sanmartín Bastida, Rebeca (2003). La Edad Media y su presencia en la literatura, el arte y el pensamiento españoles entre 1860 y 1890. Madrid: Universidad Complutense.

Thiesse, Anne M. (2000 [1999]). A criação das identidades nacionais. Lisboa: Temas e Debates. Tradución de Sandra Silva.

Villares, Ramón (2017). Identidade e afectos patrios. Vigo: Galaxia.

Complementary

Será proporcionada nas aulas e/ou a través da plataforma Moodle.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Ante calquera dúbida, recoméndase pórse en contacto coa profesora, en horario de titorías ou escribindo a t.lopez@udc.gal.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.