Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués) Código 613584118
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/MLCD.html
Descrición xeral Estudo da aplicabilidade do paradigma dos estudos de xénero á análise da sociedade e das súas manifestacións culturais e artísticas, en particular ao caso dos sistemas literarios galego e de lingua portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre obras relevantes da literatura galega desde unha perspectiva de xénero. AM1
AM2
AM4
AM6
AM8
BP2
BP3
BP4
CM2
CM3
CM4
CM5
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM2
AM4
AM5
AI2
BM3
BP1
BP2
BP3
BP7
CM1
CM2
CM5
CM6
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. AM1
AM4
AM5
AM6
AM8
AI1
AI2
BP2
BP3
BP7
CM4
CM5
CI1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas no análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo AM1
AM2
AM4
AM5
AM8
AI1
AI2
AI3
BP2
BP3
BP5
BP7
CM1
CM2
CM5
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. A institución literaria e as mulleres escritoras, unha relación problemática 1.1. Construción autorial, visibilidade e recoñecemento institucional
1.2. Literatura e estudos de xénero. O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas
2. Autoría feminina e construción da identidade de xénero
2.1. Conquista do espazo público e ruptura da norma na obra de Rosalía de Castro
2.2. Escrita do eu e representación da subalternidade feminina na obra de Xohana Torres
2.3. Reescrita e contradiscurso feminista: unha achega á obra de Mª Xosé Queizán


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 2 20 22
Sesión maxistral A1 A4 A6 A8 B5 B6 B8 B10 C6 6 6 12
Traballos tutelados A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 0 16 16
Obradoiro A14 A13 A12 A8 A6 A5 A4 A2 A1 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 6 8 14
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A5 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C4 C7 C5 3 6 9
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Eventos científicos e/ou divulgativos
Lecturas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A14 A13 A12 A8 A6 A5 A4 A2 A1 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A5 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C4 C7 C5 O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. 10
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. 10
Traballos tutelados A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.

60
 
Observacións avaliación

O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá poñerse en contacto coa profesora (ben durante o horario de tutoría, ben a través do correo electrónico: carme@udc.gal)para fixar as condicións da súa avaliación.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, ou que no se presentase á avaliación ordinaria, contará cunha avaliación extraordinaria no mes de xullo. Para superar a materia terá que realizar unha prueba mixta para avaliar as lecturas (20%) e presentar un novo traballo/ensaio (80%).

OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle). 

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Blanco, C. (1995): Literatura galega da muller (Vigo: Xerais). 

Forcadela, M. / Noia, C. (coords.) (2011): Cara a unha poética feminista : homenaje a María Xosé Queizán (Vigo: Xerais). 

García Negro, Mª P. (ed.) (2010): “Estudo introdutorio”, en R. de Castro: El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (Santiago: Sotelo Blanco). 

García Negro, Mª P. (2010): O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro, ensaio e feminismo (Santiago: Sotelo Blanco). 

García Negro, Mª P. / Rodríguez Sánchez, F. (1996): “Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX”, en VV. AA.: Historia da Literatura Galega: 351-384 (Vigo: AS-PG/ A Nosa Terra). 

González Fernández, H. (2005): Elas e o paraugas totalizador (Vigo: Xerais). 

González Fernández, H. / Rábade, Mª Do C. (eds) (2012): Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro (Barcelona: Icaria). 

March, K. N. (1994): De musa a literata: el feminismo en la narrativa de Rosalía de Castro (Sada: O Castro). 

Rodríguez Rodríguez, M.(2013): Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina: Xohana Torres, María Xosé Queizán, Carmen Blanco yTeresa Moure (Lewiston : Edwin Mellen Press). 

Rodríguez Sánchez, F. (2011): Rosalía de Castro, unha estranxeira na súa patria (Santiago: AS-PG).  

Suárez Briones, B. / Martín Lucas, Mª B. / Fariña Busto, Mª J. (eds) 82000): Escribir en femenino. Poéticas y políticas (Barcelona: Icaria).  

Torras, M. (eds.) (2009): El poder del cuerpo: antología de poesía femenina contemporánea (Madrid: Castalia). 

VV. AA. (1987): Festa da palabra silenciada, 4 (monográfico Xohana Torres) 


 Obras de lectura obrigada: 

  • Rosalía de Castro: "Las literatas", "Conto gallego", El caballero de las botas azules. 
  • Xohana Torres: Adiós, María, Estacións ao mar. 
  • Mª Xosé Queizán: Antígona, Metáfora da metáfora.

A profesora entregará, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos estipulados.



Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías