Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués) Código 613584118
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/MLCD.html
Descrición xeral Estudo da aplicabilidade do paradigma dos estudos de xénero á análise da sociedade e das súas manifestacións culturais e artísticas, en particular ao caso dos sistemas literarios galego e de lingua portuguesa.
Na sección de contidos figuran os temas específicos que serán tratados na materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, que serán adaptadas a modalidades de docencia telemática, de tipo síncrono (a través de Teams) e asíncrono (a través de Moodle).

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mecanismos de atención permanente: correo electrónico para a atención individual, foro xeral en Moodle sobre a organización da materia e foro específico en Moodle sobre as actividades avaliábeis.
Mecanismos de atención dispoñíbeis a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse o mesmo sistema de avaliación, de acordo coa adaptación á modalidade non presencial das metodoloxías docentes.

*Observacións de avaliación: Mantéñense as recollidas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A5 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Incorporar a perspectiva de xénero e feminista aos estudos literarios AM7
AM9
AP1
AI1
BP2
BP3
CM3
CM4
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre obras poéticas eróticas relevantes da literatura galega desde unha perspectiva de xénero. AM1
AM2
AM4
AM6
AM8
BP2
BP3
BP4
CM2
CM3
CM4
CM5
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM2
AM4
AM5
AI2
BM3
BP1
BP2
BP3
BP7
CM1
CM2
CM5
CM6
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. AM1
AM4
AM5
AM6
AM8
AI1
AI2
BP2
BP3
BP7
CM4
CM5
CI1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas no análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo AM1
AM2
AM4
AM5
AM8
AI1
AI2
AI3
BP2
BP3
BP5
BP7
CM1
CM2
CM5
CM6
CI1
Identificar e interpretar os novos marcos teóricos e conceptuais que intentan explicar a evolución da cultura contemporánea AM1
AM5
AI1
AI2
BP2
BP5
CM2
CM3
CM5
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Sexo, xénero e texto

1.1. Autoría e sistema sexo-xénero
1.2. A escrita poética das mulleres na literatura galega
2. Poesía erótica galega


2.1. Análise do canon literario na poesía erótica
2.2. Repensar o erotismo, o sexo e os afectos desde os feminismos e as non-monogamias
2.3. Deconstruír o erotismo poético contemporáneo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 1 21 22
Sesión maxistral A1 A4 A6 A8 B5 B6 B8 B10 C6 6 0 6
Traballos tutelados A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 1 20 21
Obradoiro A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A9 A12 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 8 16 24
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Lecturas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A9 A12 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula. 20
Traballos tutelados A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.

60
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (30%) e presentar o "Traballo tutelado" (70%).

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO 

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A 

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

7. OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Atuxtxa Ordeñana,Ibai (2011): “Políticas del anti-cuerpo: escritura sin género; lectura sinpoder soberano”, en Calafell, Mireia e Pérez, Aina (eds.), El cuerpo en mente.Versiones del ser desde el pensamiento contemporáneo , 161-166 (Barcelona:Editorial UOC).

Barthes, Roland (1968): “La mort de l’auteur.” Mantéia ,vol. 5, 61-67.

Castro, Olga e Reimóndez, María (2013): Feminismos(Vigo: Edicións Xerais de Galicia).

Esteban, MariLuz (2011). Crítica del pensamiento amoroso (Barcelona: Bellaterra).

Foucault, Michel (1969): “Qu’est ce qu’un auteur?”, Littoral,9, 3-32 [En liña] https://es.scribd.com/document/217023840/Qu-Est-ce-Qu-Un-Auteur-

Foucault  [última consulta: 2/12/2019].

González Fernández, Helena (1998): “Ocupa-la palabra”,Madrygal. Revista de estudios gallegos, 1, 57-59.

González Fernández, Helena (2005): Elase o paraugas totalizador: escritoras, xénero e nación (Vigo: EdiciónsXerais de Galicia).

Hermo, Gonzalo (2013) “Rostrosmarondos ou sobre como reler a poesía erótica dos 90”, Proxecto derriba,27 xuño [En liña] http://proxecto-derriba.org/rostrosmarondos-ou-sobre-como-reler-a-poesia-erotica-dos-90/[última consulta 2/12/2019].

Queizán,María Xosé (1989): Evidencias (Vigo: Edicións Xerais de Galicia).

Reimóndez, María (2010): “Extranjera en su patria.El destierro de las escritoras gallegas”, en Martín Lucas, Belén (ed.),Violencias (in)visibles. Intervenciones feministas frente a la violenciapatriarcal, 69-89 (Barcelona: Icaria).

Reisz,Susana (1996): “Escritura feminina’ e estratexias de auto-representación”, Uniónlibre. Cadernos de vida e culturas, 1, 53-65.

Rich, Adrienne (1996) [1980]:“Heterosexualidad obligatoria y existencia lesbiana”, Rivera Garretas,María-Milagros (trad.), DUODA. Revistad’estudis feministes, 10, 15-45.

Rosso,Nadia (2017): “Las raíces opresivas del amor, la transformación desde los afectos”,[En liña] https://www.academia.edu/31066850/Las_ra%C3%ADces_opresivas_del_amor_la_transformaci%C3%B3n_desde_los_afectos [última consulta: 2/12/2019].

Schweickart,Patrocinio P. (1999): “Leyéndo(nos) nosotras mismas: hacía una teoría feministade la lectura ”, Lucotti, Claudia (trad.), en Fe, Marina (coord.), Otramente:lectura y escritura feministas, 112-151 (México: Fondo de CulturaEconómica: Facultad de Filosofía y Letras de la UNAM).

Suárez Briones, Beatriz (2011) [2005]: “Queerizando aautoridade: da morte do 'autor' á súa resurrección posmoderna”, en Casas, Arturo (coord.), Autor, autoridade, identidade(s). Grial, 165, 18-25. [En liña]http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/186 [última consulta: 2/12/2019].

Vasallo,Brigitte (2018): Pensamiento monógamo, terror poliamoroso (Madrid: LaOveja Roja).

Wittig,Monique (2006) [1992]: El pensamiento heterosexual y otros ensayos.Sáez, Javier / Vidarte, Paco (trads.) (Barcelona: Editorial Egales).

La profesora entregará, en el aula y/o a través de la plataforma Moodle, una selección de textos literarios y críticos que el alumnado deberá leer en los plazos estipulados.


A profesora entregará, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos estipulados.



Bibliografía complementaria

Será proporcionada nas aulas e/ou a través da plataforma Moodle.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías