Identifying Data 2018/19
Subject (*) Literature, Culture and Identity Code 613584121
Study programme
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
E-mail
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Lecturers
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
E-mail
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/MLCD.html
General description Aproximación ao estudo da expresión da identidade nas súas diferentes formas: nacional, étnica, social, persoal etc., tanto nos textos literarios, como noutros ámbitos da representación cultural e visual.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre a identidade. AC1
AC2
AC4
AC6
AC8
BJ2
BJ3
BJ4
BJ5
CC2
CC4
CC5
CR1
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AC3
AC4
AR1
BJ2
BJ5
BJ7
CC1
CC5
CC6
CR1
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. AC1
AC2
AC4
AC6
AC8
AC9
AR2
AR3
BJ3
BJ4
CC2
CC5
CC6
CR1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas no análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo AC1
AC2
AC3
AC4
AC6
AC8
AC9
AR1
AR2
AR3
BJ1
BJ2
BJ3
BJ5
CC2
CC4
CC5
CC6
CR1

Contents
Topic Sub-topic
1. Discursos e procesos de construción e representación identitaria na literatura.

1.1. A configuración literaria da nación: o repertorio temático identitario
1.2. Narrativa e construción nacional: a obra de Ramón Otero Pedrayo
2. Espazo, nación e xénero. 2.1. A dialéctica identidade de xénero-identidade nacional
2.2. Xénero e nación na narrativa de Eduardo Blanco-Amor
2.3 Discurso nacional vs discurso feminista?

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A1 A3 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 2 20 22
Guest lecture / keynote speech A13 A1 A2 A4 A6 A8 A9 A12 B8 C2 C4 C7 C5 6 6 12
Supervised projects A13 A1 A2 A3 A4 A6 A14 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 C1 C6 0 16 16
Workshop A13 A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 6 8 14
Events academic / information A1 A2 A3 A6 A14 A8 B5 B7 B8 C2 C5 3 6 9
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico.
Guest lecture / keynote speech Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Supervised projects Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Workshop Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.
Events academic / information Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Events academic / information
Workbook
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Description
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A13 A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
Events academic / information A1 A2 A3 A6 A14 A8 B5 B7 B8 C2 C5 O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. 10
Workbook A1 A3 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. 10
Supervised projects A13 A1 A2 A3 A4 A6 A14 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 C1 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva. 60
 
Assessment comments

O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá poñerse en contacto coa profesora (ben durante o horario de tutoría, ben a través do correo electrónico: carme@udc.gal)para fixar as condicións da súa avaliación.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, ou que no se presentase á avaliación ordinaria, contará cunha avaliación extraordinaria no mes de xullo. Para superar a materia terá que realizar unha prueba mixta para avaliar as lecturas (20%) e presentar un novo traballo/ensaio (80%).

OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 


Sources of information
Basic

Blanco, C. (1995): “Blanco-Amor entre señoras, tolas e churrianas: parodia e destrución xenérica en A Esmorga”, Nais, damas, prostitutas e feirantas (Vigo: Xerais): 69-117.

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2003): A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. (Vigo: A Nosa terra).

Figueroa, A. (2001). Nación, Literatura, Identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. (Vigo: Xerais).

González Fernández, H. (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario (Barcelona: Icaria).

Murado, M.A. (2008): Outra idea de Galicia (Madrid: Debate).

Rodríguez Sánchez, F. (1993): Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio).

Salinas Portugal, F. (2006): "Os contornos da identidade", en Salinas Portugal, F. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2006): Estudos Galego-Brasileiros 2 (A Coruña: Servizo de publicacións da Universidade da Coruña): 349-364. 

Tato Fontaíña. L. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2009). Estudos Galego-Brasileiros 3. Lingua, Literatura e identidade (UERJ: Rio de Janeiro)

Thiesse, Anne M. (2001): La création des identités nationales. Europe XVIIIe-XXe siècle (Paris: Seuil).   



Obras de lectura obrigada:

Ramón Otero Pedrayo: Os camiños da vida

Eduardo Blanco Amor: A esmorga

Ana Romaní: Estremas


A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados. 
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.