Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura, Cultura e Identidade Código 613584121
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Web http://www.udc.es/filo/MLCD.html
Descrición xeral Aproximación ao estudo da expresión da identidade nas súas diferentes formas: nacional, étnica, social, persoal, etc., tanto nos textos literarios como noutros ámbitos da representación cultural e visual.
Na sección de contidos figuran os temas específicos que serán tratados na materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non hai
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Lecturas
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Foro virtual

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral e Obradoiro: serán realizados ben a través de Moodle e no Foro virtual, con presentacións xerais e breves lecturas complementarias, ben en Teams, en sesións síncronas ou asíncronas.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Foros específicos en Moodle, videotitorización a través de Teams e do Foro virtual, respostas ás consultas por correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as actividades e as porcentaxes de avaliación, coas seguintes especificacións:
Lecturas. As discusións e presentacións serán realizadas no Foro virtual, en Teams e/ou en Moodle, de forma síncrona ou asíncrona.

Todas as entregas de tarefas serán realizadas a través da plataforma Moodle.

*Observacións da avaliación:
Mantéñense as recollidas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre a identidade. AM1
AM3
AM4
AM6
AM8
BP1
CM2
CM4
CM5
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM4
AM9
AI1
AI2
BP1
BP2
BP7
CM1
CM2
CM4
CI1
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. AM1
AM2
AM3
AM4
AM6
AI3
BP2
BP3
BP4
BP7
CM6
CI1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas na análise dos textos literarios desde un enfoque orixinal e creativo. AM1
AM2
AM3
AM4
AM6
AM8
AM9
AI2
AI3
BP1
BP5
CM2
CM5
CM6
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural extenso atendendo á diversidade cultural, ás minorías e á diáspora. AM1
AM2
AM3
AM4
AM8
AM9
AI2
AI3
BP2
BP3
BP4
BP5
CM2
CM4
CM6
CI1
Ser quen de valorar a diversidade cultural e integrar coñecementos de campos de estudos diversos. AM1
AM2
AI2
BP2
BP4
CM2
CM5
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Narrativa e construción nacional 1.1. Nacionalismo literario vs literatura nacional: Manuel Rivas e Suso de Toro
1.2. A cuestión lingüística na construción dunha identidade nacional: Boubacar Boris Diop
2. A literatura mundo e/ou a negación da identidade 2.1. A literatura da francofonía: Alain Mabanckou e Boubacar Boris Diop
2.2. As literaturas colonizadas fronte ao espello: os casos galego e senegalés
3. Literatura, identidade e xénero
3.1. Rosalía de Castro e Mariama Bâ
3.2. Outras escritoras africanas: Ken Bugul, Tanella Boni, Fatou Diome, Aminata Sow Fall, Paulina Chiziane, Chimamanda Ngozi Adichie.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A4 A6 A8 B5 B7 C5 C4 2 20 22
Sesión maxistral A13 A1 A2 A4 A6 A8 A9 A12 B8 C2 C4 C7 C5 6 6 12
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 0 16 16
Obradoiro A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 6 8 14
Aprendizaxe colaborativa A13 A2 A3 A4 A14 A12 B4 B5 B7 B8 C1 C2 C5 C6 1 4 5
Foro virtual A2 A3 A6 A9 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 0 4 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado no foro virtual e na aula.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa permitiralle ao estudantado achegarse aos textos antes das leccións maxistrais para que poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo: discusións dirixidas, comentario de textos.
Foro virtual En relación coa aprendizaxe colaborativa, o foro virtual será unha ferramenta esencial e obrigada de intercambio entre o estudantado e a profesora para analizar e comentar os textos e as lecturas propostas antes das leccións maxistrais: o obxectivo é que o estudantado poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo durante as sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Foro virtual
Traballos tutelados
Lecturas
Obradoiro
Descrición
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A2 A3 A6 A9 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 O foro virtual servirá para organizar o traballo colaborativo que se valorará nas intervencións e participación do alumnado. 10
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva. 60
Lecturas A1 A4 A6 A8 B5 B7 C5 C4 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións no foro virtual e na aula. 20
Obradoiro A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan no foro virtual e na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 10
 
Observacións avaliación
Observacións xerais de avaliación
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
2. Avaliación da segunda oportunidade (xullo)
Na segunda oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial. Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (50%) e presentar o "Traballo tutelado" (50%).
3. Avaliación da oportunidade adiantada de decembro
Nesta oportunidade adiantada cada alumn@ será avaliad@ mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50% da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 50% que deberá ser presentado no mesmo día do exame na data ofical marcada pola Facultade de Filoloxía.
4. Cualificación de non presentad@
Considerarase como NON PRESENTAD@ @ alumn@ que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
5. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica
O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avalicación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar á profesora responsábel.
6. Outras precisións
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística.
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesm@ alumn@. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (Artigo 14.4).

Fontes de información
Bibliografía básica Lander, Edgardo (2000). La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Perspectivas Latinoamericanas. Buenos Aires: Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales
González-Millán, Xosé (1994). "Do nacionalismo literario á literatura nacional: hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega". Anuario de estudios literarios galegos 1994: 67-81
Diop, Boubacar Boris (2009). Africa más allá del espejo. Barcelona: Oozebap
Mabanckou, Alain (2017). El llanto del hombre negro. Madrid: La Catarata
López Teresa; Malingret, Laurence e Torres Feijó, Elias J. (2017). Estudios literarios e campo cultural galego. En honra do profesor Antón Figueroa. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Fernández Freixanes, Víctor (2001). Galicia, unha luz no Atlántico. Vigo: Xerais
Kesteloot, Lilyan (2009). Historia de la literatura negroafricana: una visión panorámica desde la francofonía. El Cobre: Barcelona
Figueroa, Antón (2010). Ideoloxía e autonomía no campo cultural galego. Santiago de Compostela:Laiovento
Thiesse, Anne Marie (2001). La création des identités nationales. Europe XVIIIe-XXe siècle. París: Seuil
VVAA (1995). La mujer escritora en las literaturas francófonas. Cádiz: Universidad de Cádiz
Warnier, Jean-Pierre (2002). La mundialización de la cultura. Gedisa: Barcelona
Figueroa, Antón (1996). Lecturas alleas (Sobre das relacións con outras literaturas). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Vigo: Xerais
Alvarez Méndez, Natalia (2010). Palabras desencadenadas: aproximación a la teoría literaria postcolonial y a la escritura hispano-negroafricana. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza
Rodríguez, Francisco / Suevos, Ramón (1978). Problemática nacional e colonialismo. O caso galego. Santiago de Compostela: Xistral
Salinas Portugal, Francisco (1994). Rosto negro: O Contexto das Literaturas Africanas. Santiago de Compostela: Laiovento
Bibliografía complementaria

Durante o curso proporcionarase máis bibliografía específica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: mluis@udc.es



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías