Identifying Data 2022/23
Subject (*) Models and Methods in Current Linguistics Code 613836001
Study programme
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Alonso Ramos, Margarita
E-mail
margarita.alonso@udc.es
Lecturers
Alonso Ramos, Margarita
Sanchez Rei, Xose Manuel
E-mail
margarita.alonso@udc.es
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
General description O obxecto desta materia é proporcionar ao estudantado unha visión das distintas vertentes e metodoloxías presentemente dominantes na investigación lingüística, ben como o treinar para o uso dalgúns dos instrumentos metodolóxicos básicos dentro dunha orientación específica. Concretamente, os obxectivos da materia son:
(a) Coñecer as principais correntes teóricas sobre o estudo da linguaxe.
(b) Analizar e interpretar textos de teoría lingüística aplicando diferentes modelos teóricos.
(c) Diferenciar os principais modelos lingüísticos e a súa fundamentación epistemolóxica.
(d) Desenvolver habilidades para a análise crítica das liñas fundamentais no estudo das linguas desenvolvidas nos séculos XX e XXI.
(e) Coñecer as técnicas que integran a metodoloxía actual de investigación lingüística como parte do método científico.
(f) Adquirir as bases metodolóxicas, terminolóxicas e teóricas de procedementos de análises lingüísticas.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, frecuentemente nun contexto de investigación e, máis ao pormenor, nun contexto de investigación lingüística. BR1
Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BR2
Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e valorizacións. BR3
Habilitar estratexias de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar a estudar dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. BR5
Adquirir coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes actuais no ámbito dos estudos lingüísticos. BR6
Adquirir os fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar nos principais modelos teóricos da lingüística actual. BR7
Abrir vías de investigación innovadoras no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais. BR9
Comprender as interrelacións existentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o mestrado, nun produtivo exercicio de transversalidade entre as materias e os contidos leccionados. BR10
Comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas, centrándose nos modelos formalistas e funcionalistas. AR1
AR2
AR3
Xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, uso de recursos na rede etc.). AR9
Aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de diferentes corpus lingüísticos. AR4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma (galego e español). CC1
Pór en valor a enorme importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avanzo socioeconómico e cultural da sociedade, ben como, do punto de vista do individuo, a grande relevancia que posúe na súa realización persoal e laboral. BR4
CC8

Contents
Topic Sub-topic
1. A Lingüística como disciplina científica 1.1. A complexidade do obxecto de estudo
1.2. A división en subdisciplinas lingüísticas
2. Ópticas no estudo da lingua e metodoloxías asociadas 2.1. A visión formal da lingua e as súas implicacións metodolóxicas
2.2. A visión comunicativa da lingua e os funcionalismos
3. Estudo dunha metodoloxía e as súas implicacións Aplicación dun cadro teórico

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workbook A1 A2 A3 B2 B3 B5 B7 B10 0 30 30
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 15 0 15
Supervised projects A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 0 40 40
Seminar A9 B1 B3 B7 B10 5 0 5
Introductory activities A2 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C8 10 40 50
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workbook As lecturas, tanto as obrigatorias como as complementares, serven para o alumnado coñecer o estado da arte sobre un tema previamente marcado polo profesor ou profesora ou para aprofundar nalgún aspecto.
Guest lecture / keynote speech Sesións expositivas dos contidos da materia obxecto de estudo. Servirán para introduciren e presentaren os diferentes temas do programa, proporen cuestión para debateren e estabeleceren as directrices para as diferentes actividades e tarefas do curso.
Supervised projects Trátase dunha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado.
Seminar Teñen como finalidade a supervisión do traballo do alumno ou da alumna no marco de grupos máis reducidos.
Introductory activities As actividades serven para o profesorado saber, a través dun medio práctico, cal é o nivel de partida do estudantado. As actividades e prácticas que non foren iniciais teñen como principal meta que o alumnado aprofunde nun determinado tema ou aspecto dunha maneira eminentemetne práctica, ben como que o estudantado aprofunde na análise de fenomenoloxías lingüísticas tamén dun modo fundalmentalmente activo.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Seminar
Description
Os traballos tutelados responden a una metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado. Por súa vez, o seminario implica, nun grupo máis reducido, a supervisión do traballo do alumno ou da alumna.
Noutra orde de cousas, poderanse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Introductory activities A2 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C8 Outras actividades avaliábeis (comentarios, exercicios, lecturas etc.). 25
Supervised projects A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 Tarefas relacionadas con cada un dos blocos do programa. 60
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 Neste tipo de sesión terase en conta a asistencia e a participación. 15
 
Assessment comments

Lea atentamente a información que segue.

 1.  (a) Calquera falta
de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros
autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras
variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da
actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude
danormativa vixente

     (b) A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos
servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de
maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

 2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto
porcentual:

 



2.1) Un 60% obterase polos actividades dos traballos tutelados. A data de entrega última será o 12 de decembro.

2.2) Un 15% obterase da realización das actividades e
prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do
curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais
tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles
elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.



2.3) Un 25% responderá as actividades autónomas que os estudantes realizarán ao longo do curso.



Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as
persoas que asisten con regularidad. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta
de asistencia recibirán un 100% da súa nota final pola realización dos
traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.



 



Calificación de No Presentado. Recibirán calificación de Non
Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen menos do 30%
das actividades evaluables.

 



CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO.



O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles
traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen
acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha
serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento
de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.



No caso de cualificación insuficiente no módulo de
asistencia e participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o
100% da cualificación final.



ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada
polos traballos (parciais e final) suporá o 100% da cualificación final, tanto
na primeira coma na segunda oportunidade.



Sources of information
Basic (A) Mairal Usón, R. / F.J. Ruiz de Mendoza (2010). "La lingüística como ciencia cognitiva. Presupuestos metodológicos para una teoría del lenguaje". en Mairal Usón, R. et al.. Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas. Madrid: UNED/Edit
(C) Butler, C. et al. (1988). Nuevas perspectivas en gramática funcional.. Barcelona: Ariel.
(B) Alcaraz, E. (1990). Tres paradigmas de la investigación lingüística. Alcoy: Marfil.
(A) López García, Á. (1998). “La lingüística del siglo XXI: ¿hacia dónde se dirige la ciencia del lenguaje?”. en Gallardo Paúls, B. (ed.), Temas de lingüística y gramática, Valencia, Universidad de Valencia, pp
(B) Cabré, M.T. / M. Lorente (2004). “Panorama de los paradigmas en lingüística”. Enciclopedia iberoamericana de Filosofía. Vol. Ciencias exactas, naturales y sociales, coordinado po
(A) Martin Vide, C. (1996). “Parámetros para la reflexión sobre el lenguaje humano: a modo de introducción”. n C. Martín Vide (ed.): Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro, 11-26.
(A) García Gondar, F. / F. G. Rojo (2000). "A linguística no século XX". Revista Galega do Ensino, 28/2, 221-245.
(A) Dik, S. (1978). "Prelimnaries", An introduction to functional grammar. Amsterdam: North Holland.
(C) Eggins, S. (2004). An introduction to systemic functional linguistics.. New York: Continuum.
(A) Moreno Cabrera, J. C. (2018). Claves históricas de la lingüística actual. Madrid: Arco / Libros
(C) Báez San José, V. (1988). Fundamentos Críticos de la Gramática de Dependencias. Madrid: Síntesis.
(C) Escandell, V. (1996). Introducción a la pragmática.. Barcelona. Ariel.
(B) Gil, J. M. (2001). Introducción a las teorías lingüísticas del siglo XX. . Santiago de Chile: RIL editores.
(C) Silva, A. Soares da. (org.) (2001). Linguagem e Cognição. A Perspectiva da Linguística Cognitiva. Braga: Ass. Portuguesa de Linguística & Universidade Católica Portuguesa.
(C) Ibarretxe-Antuñano, I. / J. Valenzuela (dirs.) (2012). Lingüística Cognitiva.. Barcelona: Anthropos.
(B) Ramallo, F. et al. (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
Horno Chéliz, M.C et al. (eds.) (2006). Panorama actual de la ciencia del lenguaje. Zaragoza: Prensas universitarias de Zaragoza
Wray, A., Bloomer, A. (2012). Projects in Linguistics and Language Studies. Londres, Routledge
Podesva, R.J., Sharma, D. (eds.) (2013). Research Methods in Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press
Litosseliti, L. (ed.) (2018). Research Methods in Linguistics. Londres: Bloomsbury Publishing
(B) Butler, Christopher S. (2003). Structure and function: a guide to three major structural-functional theories. Amsterdam: John Benjamins.
(B) Mairal Usón, R. et al. (2010). Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas.. Madrid: UNED/Editorial Ramón Areces.
(C) Herrero Cedilla, J. (2006). Teorías de pragmática, de lingüística textual y de análisis del discurso. Cuenca. Universidad de Castilla-La Mancha.
(B) Heine, B. / H. Narrog (eds.) (2010). The Oxford handbook of linguistic analysis. Oxford: Oxford University Press.
Complementary

Lexenda: (A) Introducións, (B) Presentacións xerais, (C) Bibliografía específica.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.