Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxías lingüísticas Código 613836004
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia prepara o alumnado na comprensión dos conceptos e das técnicas utilizadas no procesamento automático das linguas naturais e no uso das ferramentas, aplicacións e recursos de tecnoloxía lingüística

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o concepto de tecnoloxía lingüística e coñecer o seu papel na sociedade actual AI2
AI5
AI7
AI9
BI2
BI4
BI5
CM3
CM5
CM6
CM8
Familiarizarse con diferentes ferramentas e recursos lingüísticos. AI9
BI8
BI9
CM8
Coñecer as perspectivas que ofrece o procesamento automático da lingua natural no eido da tradución, da lexicografía e da aprendizaxe de linguas AI6
AI7
BI2
BI6
BI7
BI8
BI10
CM8
Estar capacitado para operar no tratamiento automático da linguaxe AI10
BI2
BI5
BI7
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Lingua e Sociedade do coñecemento 1.1. Tecnoloxías lingüísticas e Procesamento de lingua natural (PLN)
1.2. Panorámica das aplicacións das tecnoloxías e do PLN
2. Escritura asistida por ordenador 2.1. Corrección ortográfica, léxica, gramatical e estilística
2.2. Correctores en procesadores de textos
2.3. Correctores en liña
3. Dicionarios electrónicos 3.1. Concepto de dicionario electrónico
3.2. Dicionarios en soporte informático e en liña
3.3. Deseño e explotación de dicionarios electrónicos
3.4. Presentación de proxectos léxicos en curso
4. Tradución automática 4.1. Tradución automática (TA) e tradución asistida por ordenador
4.2. Sistemas de TA baseados en regras
4.3. Sistemas de TA baseados en estatística
4.4. Memorias de tradución
5. Aprendizaxe de linguas asistido por ordenador (CALL) 5.1. Sistemas de aprendizaxe de linguas
5.2. Compilación e explotación de corpus de aprendices (learner corpus)
5.3. Uso de programas de concordancias na ALAO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A6 B2 B6 B7 C3 8 24 32
Prácticas a través de TIC A7 A9 A10 B5 B7 B8 C5 0 11 11
Traballos tutelados A5 B2 B4 B7 B9 C6 0 18 18
Obradoiro A9 A10 B2 B8 B10 C6 C8 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte do profesorado da materia, dos contidos obxecto de estudo ou das
actividades que ten que desenvolver o alumnado.
Prácticas a través de TIC Prácticas autónomas de ferramentas, aplicacións ou recursos obxecto de estudo da materia
Traballos tutelados O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender.
Obradoiro O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Titorías de libre disposición.
Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 B2 B4 B7 B9 C6 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 65
Prácticas a través de TIC A7 A9 A10 B5 B7 B8 C5 O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibeis na web. 20
Obradoiro A9 A10 B2 B8 B10 C6 C8 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.  O plaxio
total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser
recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa
esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A
CUALIFICACIÓN FINAL
responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 65% obterase polos
traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se
fixarán na aula.

2.2) Un 15% obterase da
realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se
realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a
evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a
colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa
aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 20% responderá as prácticas autónomas a través das TIC que os estudantes realizarán ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

Moi importante: Este
reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e
participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota
final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.

Calificación de No Presentado. Recibirán calificación
de Non Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen
menos do 30% das actividades evaluables.

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO.

O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles
traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen
acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha
serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento
de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.

No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e
participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da
cualificación final.

ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada
polos traballos (parciais e final) suporá o 100% da cualificación final, tanto
na primeira coma na segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cal, M., P. Núñez & I. Palacios, eds. (2005), Nuevas tecnologías en lingüística, traducción y enseñanza de lenguas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

Hutchins, W.J. & H.L. Somers (1995), Introducción a la traducción automática, Madrid: Visor.

Lavid, J. (2005), Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI, Madrid: Cátedra.

Martí, M.ª A., coord. (2003),Tecnologías del lenguaje, Barcelona: UOC.

Ruiz, J. C. (2005), “Lenguaje e informática/Lenguaje y ordenadores”, en Á. López & B. Gallardo (eds.), Conocimiento y lenguaje, València: Universitat, 401-436.

Bibliografía complementaria

Clark, Alexander, Chris Fox & Shalom Lappin, eds. (2010). The Handbook of Computational Linguistics and Natural Language Processing. Malden: Wiley-Blackwell.

Indurkhya, N. & F. J. Damerau, eds. (2010), Handbook of Natural Language Processing, Boca Ratón, FL: CRC.

Jurafsky, D. & J. H. Martin (2009), Speech and Language Processing. An Introduction to Natural Language Processing, Computational Linguistics and Speech Recognition, Upper Saddle River, NJ: Pearson Prentice Hall.

Martí, M.ª A. & J. Llisterri, eds. (2004),Tecnologías del texto y del habla, Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona.

Mitkov, R., ed. (2003), The Oxford Handbook of Computational Linguistics, Oxford University Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula.

Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como no seu traballo persoal fóra da aula.

O alumnado deberá consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do profesor.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías