Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Recursos bibliográficos e xéneros científicos Código 613836005
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos da materia serán os seguintes:
1. Tomar conciencia da relevancia que ten o dominio da lectura e da escrita académica no ámbito universitario.
2. Adquirir competencias para a xestión dos recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación, o cal implica:
2.1. Coñecer as fontes relevantes de información bibliográfica e saber acceder a elas.
2.2. Saber utilizar adecuadamente os recursos e equipamentos.
2.3. Dominar a tecnoloxía para rexistrar datos.
2.4. Familiarizarse co manexo de fontes documentais.
3. Coñecer os xéneros científicos habituais no ámbito da lingüística.
4. Adquirir competencias para planificar, desenvolver e redactar traballos de investigación lingüística.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Xestionar e integrar os recursos lingüísticos e a información lingüística en contextos académicos e de investigación, o cal implica coñecer e manexar as fontes relevantes de información bibliográfica e saber acceder a elas dominando a tecnoloxía para rexistrar datos. AI9
BI1
BI5
BI8
CM3
CM7
CM8
Coñecer os xéneros científicos habituais no ámbito da lingüística e aplicar os fundamentos metodolóxicos e críticos a estes xéneros. BI1
BI2
BI3
BI5
BI6
BI7
BI9
CM8
Planificar, desenvolver e redactar traballos de investigación lingüística. BI4
BI5
BI9
CM1
CM2
Dominar a lectura e a escrita académicas no ámbito universitario, e valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. BI2
BI3
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. O TEXTO ACADÉMICO-CIENTÍFICO 1.1. A lectura e a escrita académicas no ámbito universitario
1.2. Características xerais dos textos académico-científicos
1.3. Os xéneros científicos
2. FONTES DOCUMENTAIS NO ÁMBITO ACADÉMICO-CIENTÍFICO 2.1. Tipoloxía de fontes documentais
2.2. Recursos bibliográficos en liña
2.2.1. Catálogos bibliotecarios
2.2.2. Bases de datos bibliográficas
2.2.3. Repositorios textuais
2.3. Contido e organización das principais bases de datos de lingüística e linguas
2.4. Creación e xestión de bases de datos persoais
2.4.1. Manexo dos xestores bibliográficos para a importación e xestión de contidos
2.5. Sindicación de contidos
3. PLANIFICACIÓN DO TRABALLO CIENTÍFICO: SELECCIÓN, ORGANIZACIÓN E PRESENTACIÓN DA INFORMACIÓN 3.1. Preescrita: o deseño do traballo
3.2. Escrita: a redacción do traballo
3.3. Postescrita: a avaliación e a corrección lingüística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B5 B7 C7 C8 10 0 10
Resumo B2 B3 B4 B5 C1 C2 0 25 25
Seminario A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 5 0 5
Solución de problemas A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 0 12 12
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C8 0 20 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O curso desenvolverase a través das aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación, elaboración de dous resumos e elaboración dun traballo tutelado).
O curso iniciarase cunha sesión presencial na que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os estudantes en relación con estas cuestións.
Os temas do programa desenvolveranse a partir da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos polo profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS.
Resumo Elaboraranse dous RESUMOS da lectura de dous artigos ou capítulos de monografía propostos polo profesor.
Seminario As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada.
Solución de problemas Como complemento das súas explicacións (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS) o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación (PRÁCTICAS) que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais.
Traballos tutelados O/A estudante elaborará un TRABALLO TUTELADO, para o cal se ofrecerán varias opcións e as directrices pertinentes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Resumo
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
As titorías en grupo reducido utilizaranse para promover a discusión verbo de cuestións que poidan resultar problemáticas ou para aclarar conceptos en cuxa comprensión os/as estudantes encontrasen algunha dificultade.
Así mesmo, o profesor orientará o traballo autónomo dos/as estudantes na preparación das actividades e das prácticas e na elaboración do traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 Léanse as "Observacións". 30
Resumo B2 B3 B4 B5 C1 C2 Léanse as "Observacións". 20
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C8 Léanse as "Observacións". 40
Sesión maxistral B5 B7 C7 C8 Léanse as "Observacións". 5
Seminario A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 Léanse as "Observacións". 5
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 1.ª OPORTUNIDADE terá o seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 40 %obterase pola realización dun TRABALLO TUTELADO.

1.2. Un20 %corresponderá á elaboración de dous RESUMOS da lectura de dous artigos ou capítulos de monografía propostos polo profesor.

1.3. Un 30 %obterase a través da realización de EXERCICIOS DE APLICACIÓN preparados en horas non presenciais (= "SOLUCIÓN DE PROBLEMAS").

1.4. Un 10 % responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do/da estudante ao longo do curso (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS). Observaranse o seu aproveitamento e evolución, mais tamén -e moi especialmente- a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa y o traballo en grupo.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:

2.1. Se na avaliación dalgún dos tres tipos de tarefas realizadas no curso (traballo tutelado, resumos e exercicios de
aplicación) non se alcanzou o nivel de aprobado, deberán reelaborarse para seren cualificadas de novo coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade.

2.2. As tarefas que teñan acadado o nivel de aprobado na 1.ª oportunidad tamén poderán reelaborarse, se así o decide o estudante. En caso contrario, nesta 2.ª oportunidade manterase a cualificación que obtiveron na 1.ª.

2.3. As tarefas que non se teñan presentado na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade coa mesma porcentaxe de calificación final que se lles asigna na primeira.

2.4.
Na avaliación da 2.ª oportunidade tamén se terá en conta a cualificación obtida na 1.ª por asistencia, participación e desempeño, que corresponde ao 10 % da cualificación final. Aos estudantes que non teñen cualificación neste apartado
por ausencias ou por dispensa académica, o 10 % correspondente
integraráselles na nota do traballo tutelado (que, desta maneira, equivalerá ao 50 % da cualificación final).

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:

3.1. Recibirán a calificación de NON PRESENTADO (NP) os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado ou non realicen de forma completa algún dos outros dous grupos de tarefas (resumo e/ou exercicios
de aplicación) e teñan acadado o nivel de aprobado nas restantes.

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. Aos/Ás estudantes matriculados a tempo parcial e con DISPENSA ACADÉMICA concedida integraráselles a cualificación deste apartado na nota do Traballo
tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 50 % da cualificación final).



Fontes de información
Bibliografía básica

Argudo, S., & Pons Serra, A. (2012): Mejorar las búsquedas de información (1ªed.). Barcelona: UOC.

Alonso-Arévalo, J. (2014): Alfabetización en comunicación científica: Acreditación, OA, redessociales, altmetrics, bibliotecarios incrustados y gestión de la identidaddigital . En Alfabetización informacional: Reflexiones y Experiencias, Lima-Perú, 20 Y 21 de marzo del 2014 . Recuperado de: http://eprints.rclis.org/22838/

Baiget, Tomàs & Daniel Torres-Salinas (2013): Informe APEI sobrePublicación en revistas científicas (= Informe APEI, 7) [en liña]. Gijón,Asociación Profesional de Especialistas en Información, http://www.apei.es/wp-content/uploads/2013/11/InformeAPEI-Publicacionescientíficas.pdf,[Consulta: 12/06/2014].

Barrionuevo Almúzara, Leticia (2008): "El acceso abierto a la literatura científica en España: dos rutas de color". En V Foro Mundial de Conocimiento Libre (Puerto Ordaz, Venezuela, 19-23 noviembre 2007). E-Prints in Library & Information Science. En liña: http://eprints.rclis.org/11105/ [Consulta: 11/06/2013].

Bajtin, Mijail M. (1979 [1952-1953]): "El problema de los géneros discursivos". En Estética de la creación verbal, pp. 248-293. México: Siglo XXI. Ed. en liña: http://estafeta-gabrielpulecio.blogspot.com.es/2009/06/mijail-m.html [Consulta: 13/06/2013].

Bitchener, John (2010): Writing an Applied Linguistics Thesis or Dissertation: A Guide to Presenting Empirical Research. Basingstoke: Palgrave Macmillan.

Boeglin Naumovic, Martha (2007): Leer y redactar en la universidad: del caos de las ideas al texto estructurado. Sevilla: MAD.

Carlino, Paula (2005): Escribir, leer y aprender en la universidad: Una introducción a la alfabetización académica. Buenos Aires: Fondo de Cultura Académica.

Cassany, Daniel (1995 [1993]): La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama.

Cassany, Daniel (2006): Taller de textos: Leer, escribir y comentar en el aula (= Papeles de Pedagogía 68). Barcelona: Paidós.

Cassany, Daniel (2007): Afilar el lapicero: Guía de redacción para profesionales. Barcelona: Anagrama.

Castelló, Montserrat (coord.) et al. (2007): Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos: Conocimientos y estrategias. Barcelona: Graó.

Cordón García, J. A. (2012): Las nuevas fuentes de información : Información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0  (2ª ed.). Madrid: Pirámide.

Das, A.K. (2015): Scholarly Communications. Paris, UNESCO, 2015. Recuperado de: http://eprints.rclis.org/24869/1/231938e.pdf

Duarte-García, Emilio (2007): "Gestores personales de bases de datos de referencias bibliográficas: características y estudio comparativo". El Profesional de la Información 16/6, pp. 647-656. En liña: http://hdl.handle.net/10810/7684 [Consulta: 11/06/2013].

Eco, Umberto (1994 [1977]): Cómo se hace una tesis: Técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura. Barcelona: Gedisa.

Hyland, Ken (2000): Disciplinary Discourses: Social Interaction in Academic Writing. London: Longman.

Lavid, Julia (2005): Lenguaje y nuevastecnologías: Nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista delsiglo XXI. Madrid: Cátedra.

Leki, Ilona(1998 [1995]): Academic Writing:Exploring Processes and Strategies [en liña]. Cambridge: CambridgeUniversity Press,https://docs.google.com/uc?id=0B8WFjZPxDbtJMXZtcEFkNzJDS00&export=download,[Consulta: 10/06/2014].

López Alonso, Covadonga (2014): Análisis deldiscurso. Madrid: Síntesis.

Loureda Lamas, Óscar (2003):

Introducción a la tipología textual

. Madrid: Arco/Libros.

Marimón Llorca, Carmen / Santamaría Pérez, Isabel (2007): "Los géneros y las lenguas de especialidad (II): el contexto científico-técnico". En Alcaraz Varó, Enrique et al. (eds.), Las lenguas profesionales y académicas, pp. 127-140 Barcelona: Ariel.

Martínez de Sousa, José (1993 [1989]): Diccionario de bibliología y ciencias afines. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2.ª ed. aum.

Martínez de Sousa, José (2007 [2001]): Manual de estilo de la lengua española. Gijón: Trea, 3.ª ed. aum.

Montolío, Estrella (coord.) (2000): Manual práctico de escritura académica (= Ariel Practicum). Barcelona: Ariel.

Moyano, Estela Inés (2001): "Una clasificación de géneros científicos". En XIX Congreso AESLA (Universidad de León, 3-5 de mayo de 2001), pp. 1-9. Ed. en liña: http://userpage.fu-berlin.de/vazquez/vazquez/Clasificacion%20de%20generos%20MOYANO.pdf [Consulta: 10/06/2013].

Narvaja de Arnoux, Elvira / Di Stefano, Mariana / Pereira, Cecilia (2002): La lectura y la escritura en la Universidad. Buenos Aires: Eudeba.

Sierra Bravo, Restituto (1988 [1986]): Tesis doctorales y trabajos de investigación científica: Metodología general de su elaboración y documentación. Madrid: Paraninfo, 2.ª ed. aum.

Swales, John M. (1990): Genre Analysis: English in Academic and Research Settings. Cambridge: Cambridge University Press.

Vargas Franco, Alfonso et al. (2007): Escribir en la Universidad: Reflexiones y estrategias sobre el proceso de composición escrita de textos académicos. Cali: Universidad del Valle.

Vázquez, Graciela (coord.) (2001): Guía didáctica del discurso académico escrito: ¿Cómo se escribe una monografía? Madrid: Edinumen.

Vázquez, Graciela (coord.) (2001): El discurso académico oral: Guía didáctica para la comprensión auditiva y visual de clases magistrales. Madrid: Edinumen.

Bibliografía complementaria

Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA:
1. Convén posuír un nivel medio de comprensión do inglés, xa que os materiais de consulta recomendados poden incluír textos escritos nese idioma.
2. Cómpre ter experiencia de navegación pola Internet e coñecemento dalgún catálogo bibliotecario.

OBSERVACIÓNS:
1. O plaxio total ou parcial é inadmisible e contrario aos obxectivos perseguidos. Pode levar consigo a perda de máis puntuación que o valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia.
2. A expresión oral e escrita do/a estudante debe ser correcta e adecuada ao seu nivel académico; de non selo, poderá reflectirse na puntuación referida.
3. A materia tamén será impartida na Universidade de Santiago (código P5211105) polo profesor Francisco García Gondar (e-mail: francisco.garcia@usc.es) e na Universidade de Vigo (código V01M126V01105) polo profesor Benigno Fernández Salgado (bfsalgado@gmail.com).


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías