Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas externas Código 613836006
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Alonso Ramos, Margarita
Alvarez Caccamo, Celso Maria
López Viñas, Xoán
Perez Pascual, Jose Ignacio
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
margarita.alonso@udc.es
celso.alvarez.caccamo@udc.es
xoan.lopezv@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web
Descrición xeral As prácticas externas consistirán na actualización das competencias adquiridas no mestrado nun entorno profesional real. Teñen como obxectivo principal achegar o alumnado ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais sobre os que podería orientar a súa actividade futura.
Anualmente publicarase a oferta de prazas de prácticas. As prazas ofertadas serán adxudicadas segundo criterios académicos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá mudanzas.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Modificarase parcialmente a metodoloxía “Traballos tutelados”, que se corresponde coa Memoria de prácticas. Nesta metodoloxía, o/a alumno/a deberá elaborar a memoria seguindo as orientacións xerais do/da titor/a académico/a e do/da titor/a profesional por parte da entidade. No caso de que o/a alumno/a non poder realizar as prácticas nunha contorna profesional por non se poderen manter os parámetros antecitados, só se seguirán as orientacións do/da titor/a académico.
-Modificarase parcialmente a metodoloxía “Prácticas clínicas”, que se corresponde coa realización das prácticas académicas externas curriculares. Estas prácticas consistirán na aplicación nunha contorna profesional dos coñecementos adquiridos no conxunto do mestrado, tanto no módulo de formación xeral como nos das especialidades. No caso de que o/a alumno non poder realizar as prácticas nunha contorna profesional por non se poderen manter os parámetros antecitados, as prácticas poderán substituírse total ou parcialmente (50 %) por outros traballos, proxectos, resolución de casos prácticos ou outras actividades análogas.
Por este motivo, poderase optar por algunha das seguintes opcións:
-Continuar co desenvolvemento das prácticas de maneira non presencial.
-Manter as prácticas na modalidade presencial, sempre que se garanta que se respectan os parámetros que as autoridades sanitarias diten.
-Substituír as prácticas por outras actividades.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico e campus virtual: permanentemente.
-Teams: a petición do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
-Prácticas clínicas (50 %): Segundo a opción cursada na metodoloxía “Prácticas clínicas”, que se corresponden propiamente co desenvolvemento das prácticas externas, a avaliación desta parte será feita polo/a titor/a profesional, que remitirá un informe da actividade realizada presencial ou telematicamente polo/a estudante na empresa ou institución, ou polo/a titor/a académico/a no suposto de que as prácticas fosen substituídas por outras actividades.
-Traballo tutelado (50 %): O/A estudante terá que elaborar unha Memoria de prácticas seguindo as orientacións xerais do/da titor/a académico/a e do/da titor/a profesional por parte da entidade, ou só do/da titor/a académico/a se as prácticas fosen substituídas por outras actividades.
*Observacións de avaliación:
Non hai.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non procede.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar os coñecementos obtidos no máster na resolución de problemas nos distintos campos da lingüística aplicada. AI1
AI3
AI5
AI6
AI7
AI8
AI9
BI5
BI7
BI8
BI9
Contribuír ao desenvolvemento de actividades e/ou instrumentos para a xestión efectiva das tarefas demandas nas empresas e institucións onde se desenvolvan as prácticas. AI5
AI7
AI9
AI10
BI2
BI5
BI8
CM3
CM6
Colaborar de forma efectiva co persoal das empresas e institucións na mellora dos servizos ofrecidos. AI1
AI7
AI8
CM4
CM6
CM7
CM8
Responder a situacións, problemas e requirimentos propios do desempeño profesional. AI3
AI5
AI7
AI8
AI9
AI10
BI5
BI6
BI8
CM3
CM6
CM7
CM8
Xestionar o tempo con eficacia para desenvolver as tarefas durante o transcurso da práctica atendendo aos prazos establecidos. BI7
CM4
CM5
CM7
Redactar unha memoria sintética das tarefas e as aprendizaxes no desenvolvemento das prácticas. BI4
BI10
Desenvolver o sentido da responsabilidade e a implicación persoal. CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Desempeñar a práctica profesional con iniciativa e creatividade. AI9
AI10
BI2
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Realización de prácticas externas nun entorno profesional Os lugares de realización das prácticas serán empresas relacionadas cos sectores de planificación e asesoramento lingüístico, xestión e asesoramento en medios de comunicación, relacións internacionais, ámbito editorial, empresas e administración pública, ensino de linguas, etc.
As tarefas que desempeñarán os estudantes detallaranse no seu plano de traballo. As tarefas encomendadas poderán ser de revisión e corrección lingüística na lingua da súa especialidade, de apoio no ensino de linguas, a elaboración de corpus específicos, a edición dixital, a tradución directa ou inversa entre linguas da súa especialidade, a creación de contidos dixitais, a preparación de materiais especializados, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B4 B10 0 8 8
Prácticas clínicas A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C4 C5 C6 C7 C8 140 0 140
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Elaboración da memoria de prácticas, seguindo as orientacións xerais do titor/a académico e do titor na empresa.
Observación: A denominación de "traballos tutelados" débese a que a aplicación informática non recolle ningunha opción metodolóxica axustada á memoria de prácticas.
Prácticas clínicas As prácticas consistirán na aplicación nun entorno profesional dos coñecementos adquiridos no conxunto do mestrado, tanto no módulo de formación xeral, como nos das especialidades.
Observación: A denominación de "prácticas clínicas" débese a que a aplicación informática non recolle ningunha opción metodolóxica axustada ás prácticas externas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Traballos tutelados
Descrición
O titor na empresa e o titor académico proporcionarán as orientacións necesarias para o desenvolvemento do seu traballo e para a elaboración da memoria de prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación terá en conta a actividade realizada polo/a estudante na empresa ou institución en que realizou as prácticas. Para isto a a persoa que o titoriza na empresa ou institución remitirá un informe da súa actividade.
50
Traballos tutelados B4 B10 O estudante deberá realizar unha memoria da súa actividade segundo as indicacións que se lle facilitarán.
50
 
Observacións avaliación

A cualificación será realizada pola comisión académica do mestrado, que poderá delegar nunha comisión específica establecida a estes efectos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Con carácter xeral, non procede a utilización de fontes de información específicas neste caso. Con todo, nalgúns entornos de prácticas, o/a estudante poderá ter que manexar as fontes de información que lle foron indicadas polo seu titor.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías