Identifying Data 2018/19
Subject (*) Master's Thesis Code 613836007
Study programme
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
E-mail
Lecturers
Cordoba Rodriguez, Felix
E-mail
felix.cordoba@udc.es
Web
General description Este traballo é de carácter obrigatorio e permite a avaliación dos coñecementos e as habilidades adquiridos polo alumno/a durante a realización do máster, así como a madureza científica alcanzada e a súa capacidade investigadora.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Capacidade para formular unha investigación (acoutar o tema, solicitar información e buscar os recursos necesarios, elaborar un protocolo experimental) ou un proxecto que integre e desenvolva os coñecementos adquiridos para a súa aplicación nun ámbito profesional. AR1
AR3
AR5
AR7
AR8
AR9
BR1
BR2
BR3
BR6
BR8
BR9
BR10
CC6
CC8
Capacidade de extraer conclusións dos resultados obtidos e abrir perspectivas de futuro. BR1
BR2
BR3
BR5
BR7
BR9
CC3
CC4
CC5
CC7
Capacidade para adaptar o discurso escrito á situación académica, tanto no que respecta ao estilo, a estruturación e o uso de técnicas tipográficas. BR4
CC1
Capacidade para adaptar o discurso oral á situación de defensa do traballo. BR4
CC1

Contents
Topic Sub-topic
O traballo fin de máster versará sobre algún aspecto relacionado coas materias obrigatorias ou optativas que curse o alumnado. - Os diccionarios en liña e o seu papel nas tecnoloxías lingüísticas
- Lexicografía e metalexicografía
- Fenómenos que mostran a interfase entre Sintaxe, Semántica e Fonoloxía suprasegmental
- Análise do discurso e conflictos sociais e ideolóxicos
- Análise do discurso e patoloxías
- Estratexias e tácticas de normalización e de planificación aplicábeis ao caso galego
- Sociolingüística e políticas lingüísticas
- Recopilación e estudo de terminoloxías
- Semántica e sintaxe: estudos contrastivos
- Tipoloxía textual na rede
- Dicionarios e ensino de español lingua estranxeira
- Contacto de linguas
- Bilingüismo, plurilingüismo e ensino de linguas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Oral presentation B4 C1 C3 1 0 1
Supervised projects A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 0 144 144
 
Personalized attention 5 0 5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation Exposición verbal a través da que o alumnado presentará o seu traballo e respostará ás preguntas, comentarios e suxestións feitas polo membros da Comisión Avaliadora.
Supervised projects O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas de investigación do mestrado.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión do director ou directores do traballo.
Son funcións do director: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; e dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
O/a estudante terá, cando menos, un profesor titor que guiará a realización do seu traballo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Aínda que é obvio que a estrutura do TFM depende en gran medida do tema elixido, aconséllase que inclúa os seguintes apartados:

1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome das tres Universidades, o nome da Facultade na que está matriculada o/a alumno/a, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor ou autora, o visto e prace manuscrito do profesorado titor co seu nome e o ano de presentación.

2. Índice do traballo con paxinación

3. Resumo do traballo

4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada

5. Corpo do traballo

6. Conclusións

7. Referencias bibliográficas

O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 40 páxinas e máxima de 60, sen contar os anexos. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos.
80
Oral presentation B4 C1 C3 O/a estudante disporá de 15-20 minutos para presentar o seu traballo. Recoméndase que inclúa na súa presentación os aspectos seguintes:

·Introdución: problemática obxecto de estudo e seu interese
·Fundamentación teórica: delimitación dos conceptos que fundamentan o desenvolvemento do traballo.
·Fundamentación metodolóxica: metodoloxía que se seguiu para o alcance dos obxectivos definidos, e os datos obtidos mediante a súa aplicación
·Resultados: principais resultados obtidos

É aconsellable que o/a estudante acompañe a súa presentación oral de material de soporte visual, auditivo, etc., por exemplo, mediante unha presentación PowerPoint ou OpenOffice Impress, pero a presentación oral NON pode constituír a mera lectura de devandito material.
20
 
Assessment comments

IMPORTANTE: Calquera plaxio identificado será motivo de descualificación do TFM. Entenderase por plaxio: calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (sen comiñas, etc.) e sen referencia da autoría, calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun autor ou autora que non se mencione nas referencias (sexa quen sexa: autor/a individual ou colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está a levar a cabo por parte dun compañeiro ou compañeira, etc.).


Sources of information
Basic

Serán proporcionadas polo director do traballo.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.