Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Dixitalización e edición Código 613836043
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Letras
Coordinación
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Profesorado
Cordoba Rodriguez, Felix
Saavedra Places, María de los Angeles
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo integrado dos procesos, convencións e ferramentas de edición tradicionais, e dos sistemas de codificación dixital e preservación dos materiais textuais e audiovisuais en contornos virtuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas aplicables á edición de textos e imaxes: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, software e hardware para o tratamento de textos e imaxes. AI10
BI8
Adquirir destrezas aplicables á comunicación, principalmente de contidos científicos. BI1
BI4
Adquisición de coñecementos especializados nos campos da lingüística e da informática, que permitan a análise e a resolución de problemas dentro de contextos multidisciplinares relacionados cos estudos lingüísticos. BI2
BI6
CM6
Fomentar a reflexión sobre a responsabilidade social e ética no campo da edición de textos e imaxes. BI3
Coñecemento de recursos e adquisición de destrezas para desenvolver a aprendizaxe autónoma e ao longo da vida. BI5
CM7
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. BI7
BI10
Comprensión da importancia social e económica da actitude emprendedora no campo da edición. CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Representación da información: métodos e formatos de codificación dixital da información de textos, imaxes, vídeo e audio 1.1. Dispositivos de almacenaxe e concepto de codificación
1.2. Codificación de textos
1.3. Codificación de imaxes
1.4. Codificación de audio e vídeo
2. Proceso técnico de dixitalización 2.1. Características e fases
2.2. Escaneado
2.3. OCR e revisión
2.4. Outras
3. Preservación da información dixitalizada: problemas e importancia 3.1. Problemas e importancia
3.2. Estratexias de preservación dixital
3.3. Recomendacións e boas prácticas
4. A edición: tipoloxía. Procesos e ferramentas de xestión editorial 4.1. Edición tradicional e edición electrónica
4.2. A xestión editorial
4.3. Recursos e ferramentas para a edición
5. Novos soportes e novas tecnoloxías aplicadas á edición. Especificidades da edición electrónica 5.1. O libro electrónico
5.2. As plataformas de edición

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 15 23 38
Prácticas a través de TIC A10 B2 C6 0 15 15
Traballos tutelados A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 0 20 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas en que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos
Prácticas a través de TIC Actividades, prácticas e exercicios. Solución de problemas, prácticas guiadas, elaboración de materiais etc. Requirirán o uso de computadores e varias aplicacións informáticas.
Traballos tutelados Elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia, combinada cun exercicio de revisión lingüística, ortotipográfica e maquetación dun texto, coa eloboración dos seus respectivos paratextos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
Prevese por tanto desenvolver unha atención personalizada nas aulas e máis para os traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas. 2. Edición, corrección e maquetación dun texto e os seus correspondentes paratextos. 90
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 Avaliarase a participación significativa nas sesións. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar en cada unha das partes do traballo tutelado o 50 % da puntuación máxima. De no acadar esta puntuación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9.

Na segunda oportunidade deberanse presentar os traballos tutelados, en caso de que non fosen superados. As cualificacións correspondentes á participación na sesión maxistral e ás prácticas, de non terse superadas, obteranse mediante actividades alternativas.

En caso de non presentar os traballos tutelados nos prazos e forma estipulados, o/a estudiante será cualificado/a como non presentado.

Os/as estudantes con dispensa académica de asistencia serán avaliados/as mediante os traballos tutelados e actividades alternativas ás sesións maxistrais e as prácticas.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.


Fontes de información
Bibliografía básica Prieto Espinosa, A., Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Polo Pujadas, M. (2011). Creación y gestión de proyectos editoriales en el siglo XXI. Del papel a la era digital. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha, Univ. de Cantabria, Univ. de les Illes Balears
Blanco Valdés, J. (2009). Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica . Vigo: Xerais
Prieto Espinosa, A., Lloris Ruiz, A., Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. Editorial McGraw-Hill Bibliografía
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson / Prentice Hall
Buen Unna, J. de (2008). Manual de diseño editorial. Gijón: Trea
Martínez de Sousa, J. (2005). Manual de edición y autoedición. Madrid: Pirámide
Gil, M.; Gómez, M. (2016). Manual de edición. Guía para estos tiempos revueltos. Bogotá: Cerlalc
Torres Ripa, J. (ed.) (2013). Manual de estilo Chicago Deusto. Bilbao, Deusto

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías