Identifying Data 2018/19
Subject (*) Digitizing and Editing Code 613836043
Study programme
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Computación
Letras
Coordinador
Cordoba Rodriguez, Felix
E-mail
felix.cordoba@udc.es
Lecturers
Cordoba Rodriguez, Felix
Saavedra Places, María de los Angeles
E-mail
felix.cordoba@udc.es
angeles.saavedra.places@udc.es
Web
General description Estudo integrado dos procesos, convencións e ferramentas de edición tradicionais, e dos sistemas de codificación dixital e preservación dos materiais textuais e audiovisuais en contornos virtuais.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas aplicables á edición de textos e imaxes: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, software e hardware para o tratamento de textos e imaxes. AR10
BR8
Adquirir destrezas aplicables á comunicación, principalmente de contidos científicos. BR1
BR4
Adquisición de coñecementos especializados nos campos da lingüística e da informática, que permitan a análise e a resolución de problemas dentro de contextos multidisciplinares relacionados cos estudos lingüísticos. BR2
BR6
CC6
Fomentar a reflexión sobre a responsabilidade social e ética no campo da edición de textos e imaxes. BR3
Coñecemento de recursos e adquisición de destrezas para desenvolver a aprendizaxe autónoma e ao longo da vida. BR5
CC7
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. BR7
BR10
Comprensión da importancia social e económica da actitude emprendedora no campo da edición. CC5
CC8

Contents
Topic Sub-topic
1. Representación da información: métodos e formatos de codificación dixital da información de textos, imaxes, vídeo e audio 1.1. Dispositivos de almacenaxe e concepto de codificación
1.2. Codificación de textos
1.3. Codificación de imaxes
1.4. Codificación de audio e vídeo
2. Proceso técnico de dixitalización 2.1. Características e fases
2.2. Escaneado
2.3. OCR e revisión
2.4. Outras
3. Preservación da información dixitalizada: problemas e importancia 3.1. Problemas e importancia
3.2. Estratexias de preservación dixital
3.3. Recomendacións e boas prácticas
4. A edición: tipoloxía. Procesos e ferramentas de xestión editorial 4.1. Edición tradicional e edición electrónica
4.2. A xestión editorial
4.3. Recursos e ferramentas para a edición
5. Novos soportes e novas tecnoloxías aplicadas á edición. Especificidades da edición electrónica 5.1. O libro electrónico
5.2. As plataformas de edición

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 15 23 38
ICT practicals A10 B2 C6 0 15 15
Supervised projects A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 0 20 20
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Sesións expositivas en que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos
ICT practicals Actividades, prácticas e exercicios. Solución de problemas, prácticas guiadas, elaboración de materiais etc. Requirirán o uso de computadores e varias aplicacións informáticas.
Supervised projects Elaboración dun conxunto relevante de materiais dixitais multimedia, combinada cun exercicio de revisión lingüística, ortotipográfica e maquetación dun texto, coa eloboración dos seus respectivos paratextos.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Guest lecture / keynote speech
ICT practicals
Description
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
Prevese por tanto desenvolver unha atención personalizada nas aulas e máis para os traballos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas. 2. Edición, corrección e maquetación dun texto e os seus correspondentes paratextos. 90
Guest lecture / keynote speech B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 Avaliarase a participación significativa nas sesións. 10
 
Assessment comments

Para superar a materia será necesario acadar en cada unha das partes do traballo tutelado o 50 % da puntuación máxima. De no acadar esta puntuación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9.

Na segunda oportunidade deberanse presentar os traballos tutelados, en caso de que non fosen superados. As cualificacións correspondentes á participación na sesión maxistral e ás prácticas, de non terse superadas, obteranse mediante actividades alternativas.

En caso de non presentar os traballos tutelados nos prazos e forma estipulados, o/a estudiante será cualificado/a como non presentado.

Os/as estudantes con dispensa académica de asistencia serán avaliados/as mediante os traballos tutelados e actividades alternativas ás sesións maxistrais e as prácticas.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.


Sources of information
Basic Prieto Espinosa, A., Prieto Campos, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw-Hill
Polo Pujadas, M. (2011). Creación y gestión de proyectos editoriales en el siglo XXI. Del papel a la era digital. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha, Univ. de Cantabria, Univ. de les Illes Balears
Blanco Valdés, J. (2009). Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica . Vigo: Xerais
Prieto Espinosa, A., Lloris Ruiz, A., Torres Cantero (2006). Introducción a la Informática. Editorial McGraw-Hill Bibliografía
Beekman, G. (2006). Introducción a la informática. Pearson / Prentice Hall
Buen Unna, J. de (2008). Manual de diseño editorial. Gijón: Trea
Martínez de Sousa, J. (2005). Manual de edición y autoedición. Madrid: Pirámide
Gil, M.; Gómez, M. (2016). Manual de edición. Guía para estos tiempos revueltos. Bogotá: Cerlalc
Torres Ripa, J. (ed.) (2013). Manual de estilo Chicago Deusto. Bilbao, Deusto

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.