Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Comunicación multimodal Código 613836051
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da comunicación multimodal desde unha perspectiva pragmática, baseada na interpretación contextualizada dos diversos recursos en uso. Prestarase especial atención á análise da estrutura, a organización informativa e o uso dos distintos recursos na comunicación multimodal, en distintos ámbitos e para distintos propósitos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o concepto de multimodalidade da comunicación e as súas implicacións. AI1
AI6
BI3
BI7
CM4
CM6
CM8
Coñecer e saber manexar os requisitos, conceptos e procedementos para a análise dos discursos multimodais. AI1
AI3
AI5
AI7
AI9
AI10
BI2
BI3
BI6
BI7
CM6
Integrar e utilizar as técnicas e ferramentas aportadas por distintas disciplinas e enfoques para analizar os discursos multimodais. Pór en valor a interdisciplinariedade. AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
AI9
AI10
BI2
BI5
BI7
BI8
BI10
CM3
CM6
CM8
Utilizar ferramentas das tecnoloxías da información e o coñecemento para a análise multimodal dos discursos. BI3
BI5
BI8
CM3
CM8
Saber abordar organizar o proceso analítico de materiais multimodais, e desenvolvelo con perspectiva crítica e en constante revisión. AI1
AI3
AI4
AI5
AI9
BI1
BI2
BI3
BI7
BI8
BI9
BI10
CM3
CM5
CM7
CM8
Expor de forma adecuada o desenvolvemento e os resultados das análises multimodais realizadas, transmitindo eficientemente a información e os procesos reflexivos, e sabendo adaptarse ao destinatario e aos obxectivos perseguidos. AI3
AI5
AI7
AI9
BI4
BI7
BI8
BI9
BI10
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
Coñecer e descubrir novas implicacións e utilidades da análise multimodal do discurso, en distintas áreas e para diversos problemas. AI3
AI6
AI7
BI5
BI7
BI9
CM3
CM6
CM8
Reflexionar e adoptar unha postura crítica ante os produtos semióticos das sociedades, principalmente da contemporánea. AI8
BI2
BI3
BI5
BI6
CM4
CM6
CM8
Enriquecer criticamente os coñecementos xa posuídos sobre análise da linguaxe, adoptando unha perspectiva multidisciplinar ampla e aberta a novos fenómenos, enfoques e obxectos de estudo. AI1
AI2
AI3
AI8
BI1
BI2
BI6
BI7
BI9
BI10
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación. Linguaxe, modo e recursos semióticos. 1.1. Comunicación e discurso.
1.2. A semiótica discursiva.
1.3. Os recursos semióticos.
1.4. Conceptos básicos e métodos na análise do discurso. A análise crítica do discurso.
2. A comunicación multimodal: definición, características. Conceptos básicos. 2.1. O concepto de modo.
2.2. Comunicación multimodal: definición, relevancia e evolución.
2.3. Conceptos básicos e características da comunicación multimodal.
2.4. A alfabetización multimodal.
3. A(s) análise(s) multimodal(es) da comunicación: enfoques e resultados. 3.1. Análise multimodal da comunicación e análise da comunicación multimodal.
3.2. Un enfoque global e comprehensivo da comunicación. A construción do contido.
3.3. Principios, enfoques e métodos na análise multimodal.
3.4. Unidades e procesos na análise da comunicación multimodal.
3.5. Estudos de caso.
4. Comunicación, evolución e tecnoloxía: observacións históricas e contemporáneas. 4.1. Comunicación multimodal e evolución humana.
4.2. Comunicación multimodal e contorno dixital.
4.3. Comunicación multimodal e discursos públicos.
4.4. Comunicación multilmodal, ensino e autoaprendizaxe.
4.5. Outros casos de relevancia actual.
5. Algunhas conexións: os xéneros discursivos; as narrativas transmedia; as novas alfabetizacións; sociedade e educación... 5.1. Conexións da análise multimodal con outros ámbitos de estudo.
5.3. Xéneros discursivos; narrativas transmedia; novas alfabetizacións...
5.4. Implicacións e consecuencias da análise (multimodal) dos discursos (multimodais).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 0 16 16
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C5 C6 8 6 14
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 7 4 11
Aprendizaxe colaborativa A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 2 3
Prácticas a través de TIC A1 A3 A4 A9 A10 B2 B8 C3 C5 C6 C7 C8 1 2 3
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C5 4 20 24
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B10 C1 C2 C4 C6 C7 C8 0 2 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas; unha porcentaxe elevada será en inglés (son linguas básicas da materia o galego, o castelán e o inglés). Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo/a estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor.
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia.
Obradoiro Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do/a estudante.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante.
Prácticas a través de TIC Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC.
Traballos tutelados O/a estudante realizará alomenos un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo e atender as súas indicacións.
Proba obxectiva O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo, sempre e cando o profesor entenda que as circunstancias o aconsellan. Esta proba terá carácter teórico e práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
O profesor fará un seguimento personalizado do/a estudante, observando fundamentalmente a súa participación e actividade na aula (e fóra dela) e o seu desempeño.
Atenderá personalizadamente ao estudante nas titorías, sobre todo para a realización do traballo tutelado. Tanto o/a estudante como o profesor poderán impulsar por iniciativa propia unha titoría individualizada cando o consideren necesario, ben presencial, ben non presencial.

Poderánse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de seguimento e aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C5 C6 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C5 Traballo individual tutelado polo profesor no que o/a estudante aplicará o aprendido na materia. O tema será acordado co profesor. 40
Lecturas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Prácticas a través de TIC A1 A3 A4 A9 A10 B2 B8 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B10 C1 C2 C4 C6 C7 C8 O/a estudante só poderá optar por esta posibilidade na segunda oportunidade, en substitución do traballo tutelado. A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. 5
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
 
Observacións avaliación

As porcentaxes aportadas arriba non responden á distribución real, e deberon ser incluídas por esixencias da aplicación.

1. A cualificación final do estudante na primeira oportunidade responderá á seguinte distribución:

1.1. Un 35% responderá ao/s traballo/s tutelado/s individual/es que debe realizar, incluíndo a súa posible exposición e defensa, e mesmo aos materiais desenvolvidos para achegarlles os contidos aos demais participantes no curso. Non se poderá superar a materia sen realizar este/s traballo/s: serán un ou dous.

1.2. Un 55% responderá ás actividades e tarefas avaliables encomendadas ao longo do curso (individuais e grupais, presenciais e non presenciais: serán entre tres e cinco) e que sexan recollidas e puntuadas polo profesor. Estas actividades terán un peso maior ou menor na cualificación dependendo da súa dificultade ou da dedicación que esixan.

1.3. Un 10% responderá á participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, nas aulas presenciais, nas non presenciais e no traballo fóra delas.

1.4. Superará
a materia
quen teña unha cualificación global mínima de 5.00 puntos, sempre que realizara polo menos o(s) trabajo(s) tutelado(s) e a metade das actividades e tarefas avaliables. Recibirá a cualificación de Non Presentado (N.P.) quen aportara menos do 40% da súa cualificación global.

1.5. Quen teña unha dispensa académica oficial, poderá substituír as tarefas avaliables que requiran a presencia na aula por outras actividades ou por unha proba mixta que realizará o día do exame oficial da materia. Será o profesor quen o decida atendendo ao carácter das tarefas e ás condicións específicas do/a estudante.

1.6. Os prazos de entrega comunicaranse co encargo de cada tarefa: todas as actividades e traballos entregaranse durante o período de aulas da materia; o prazo de entrega da última tarefa finalizará, como moi tarde, aos sete días da última aula presencial.

1.7. A materia
poderá ser adaptada para o estudantado que precise medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). O/a estudante
que se atope nesta situación debe contactar cos servizos dispoñibles na UDC ou no centro nos prazos oficiais marcados antes de cada cuadrimestre académico: (i) na UDC, a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); (ii) no centro, a Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

2. Quen non superara a materia, disporá dunha segunda oportunidade no mes de xullo. Nela conservaránselle as cualificacións de actividades superadas. O/a estudante ten dúas opcións:

Opción A. Realizar os traballos e actividades non entregados ou non superados na primeira oportunidade: pode ter que realizar as mesmas ou unhas substitutivas que lle indicará o profesor. A distribución porcentual para obter a cualificación final será igual á da primeira oportunidade. O prazo de entrega finaliza na data e hora oficiais establecidas para a proba obxectiva. Esta opción aplicarase por defecto.
Opción B. Realizar as actividades non entregadas ou non superadas na primeira oportunidade (55%), e unha proba obxectiva (na data oficial establecida) que substitúe o/s traballo/s titorizado/s (35%). Esta opción é extraordinaria e só se aplicará se están de acordo profesor e estudante: será o profesor quen a autorice ou recomente, tras a avaliación da primeira oportunidade, se considera que as circunstancias específicas do/a estudante o aconsellan.

Nas dúas opcións, se o/a estudante ten suspensa a parte de participación (10%, apartado 1.3), esta non computará, e cada unha das outras dúas gañará un 5% de peso na cualificación final.

Estas opcións son tamén de aplicación aos/ás estudantes con dispensa académica oficial.

3. Na oportunidade de avaliación adiantada, o estudante será avaliado exclusivamente mediante unha proba mixta de carácter teórico-práctico, pola que obterá o 100% da cualificación.

4. Uso de ferramentas antiplaxio. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre
elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as
estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o
razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non
recibir puntuación algunha polo traballo afectado ou mesmo a cualificación global de suspenso na materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Manuais, obras introdutorias

Aiello, Giorgia & Katy Parry (2019). Visual Communication: Understanding Images in Media Culture. London: Sage Publications. [**]

Bateman, John, Janina Wildfeuer & Tuomo Hiippala (2017). Multimodality: Foundations, Research and Analysis. A Problem-Oriented Introduction. Berlin / Boston: Walter de Gruyter. [***]

Bezemer, Jeff & Gunther Kress (2016). Multimodality, Learning and Communication: A Social Semiotic Frame. London: Routledge.

Boylan, Alexis L. (2020). Visual Culture (=The MIT Press Essential Knowledge Series). Cambridge, MA: The MIT Press. [*]

Cairo, Alberto (2011). El arte funcional: infografía y visualización de la información. Madrid: Alamut.

Cairo, Alberto (2016). The Truthful Art: Data, Charts, and Maps for Communication (= New Riders Voices that Matter). Peachpit.

Forceville, C. (2020). Visual and Multimodal Communication. Applying the Relevance Principle. Oxford & New York:Oxford University Press. [*]

Jewitt, Carey (ed.) (2009). The Routledge Handbook of Multimodal Analysis. London / New York: Routledge.

Jewitt, Carey, Jeff Bezemer & Kay L. O'Halloran (2016). Introducing Multimodality. London: Routledge. [***]

Kress, Gunther (2005 [2003]). El alfabetismo en la era de los nuevos medios de comunicación. Málaga: Enseñanza Abierta de Andalucía.

Kress, Gunther (2010a). "A social semiotic multimodal approach to human communication: implications for speech, writing and applied linguistics". En Rosario Caballero Rodríguez & M.ª Jesús Pinar Sanz (eds.). Ways and Modes of Human Communication (= Colección Estudios; 129), Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha & Asociación Española de Lingüística Aplicada, 77-92.

Kress, Gunther R. (2010). Multimodality: A Social Semiotic Approach to Contemporary Communication. London / New York: Routledge.

Kress, Gunther R. & Theo van Leeuwen (2021, 3.ª edición). Reading Images: The Grammar of Visual Design. London / New York: Routledge. [***]

Machin, David (2014 [2007]). Introduction to Multimodal Analysis. London: Hodder Arnold. [**]

Mariani, Massimo (2019). Qué nos dicen las imágenes: la retórica visual en el arte, el diseño gráfico y la publicidad. Barcelona: Hoaki. [*]

O'Halloran, Kay L. & Bradley A. Smith (eds.) (2011). Multimodal Studies: Exploring Issues and Domains. New York / London: Routledge.

Rose, Gillian (20164). Visual Methodologies. An Introduction to Researching with Visual Materials. Los Angeles, CA / London: Sage Publications. [***]

van Leeuwen, Theo (2021). Multimodality and Identity. London & New York: Routledge. [*]

van Leeuwen, Theo & Carey Jewitt (eds.) (2008[2001]). Handbook of Visual Analysis. London & Thousand Oaks, CA: Sage Publications.

Wildfeuer, Janina, Jana Pflaeging, John Bateman, Ognyan Seizov & Chao-l Tseng (eds.) (2019). Multimodality. Disciplinary Thoughts and the Challengeof Diversity. Berlin / Boston, MA: Walter de Gruyter GmbH. [*]


Páxinas web

GLOSARIO de multimodalidade, URL: https://multimodalityglossary.wordpress.com/multimodality. Glosario de termos utilizados na análise da multimodalidade, recollido na páxina web do MODE.

MODE, URL: http://mode.ioe.ac.uk. MODE is a node of the National Centre for Research Methods and funded by the Economic and Social Research Council. It develops multimodal methodologies for social scientists, providing systematic ways to investigate all modes of communication used in digital environments, whether they are sites of learning, work, or ‘social’ sites (e.g. Facebook).

Doyle, Stephen. Charla TED: "Art that brings words to life". https://www.ted.com/talks/stephen_doyle_art_that_brings_words_to_life#t-409825

Kalman, Maira. Charla TED: "The illustrated woman". https://www.ted.com/talks/maira_kalman_the_illustrated_woman

Niemann, Christoph. Charla TED: "You are fluent in this langauge and you don't even know it". https://www.ted.com/talks/christoph_niemann_you_are_fluent_in_this_language_and_don_t_even_know_it

Bibliografía complementaria

Banda deseñada e novela gráfica

Bordes,Enrique (2017). Cómic, arquitectura narrativa (= Signo e imagen; 173). Madrid: Cátedra. [*]

Cohn, Neil (2014). The Visual Language of Comics: Introduction to the Structure and Cognition of Sequential Images (= Bloomsbury Advances in Semiotics). London: Bloomsbury Academic. [*]

Cohn, Neil (ed.) (2016). The Visual Narrative Reader. London: Bloomsbury Academic.

Cohn, Neil (ed.) (2021). Who Understands Comics? Questioning the Universality of Visual Language Comprehension. London: Bloomsbury Academic.

Davies, Paul Fisher (2019). Comics as Communication: A Functional Approach (= Palgrave Studies in Comics and Graphic Novels). Cham: Palgrave Macmillan. [*]

Eisner, Will (1996). El arte secuencial. Barcelona: Norma Editorial. [Orix.: Comics and Secuential Art.]

Eisner, Will (1998). La narración gráfica. Barcelona: Norma Editorial. [Orix.: Graphic Storytelling.]

Gasca, Luis & Román Gubern (2011). El discurso del cómic (= Signo e imagen; 139). Madrid: Cátedra. [*]

Groensteen, Thierry (2013). Comics and narration. Jackson, MI: University Press of Mississippi. [*]

Madden, Matt (2007[2005]). 99 ejercicios de estilo. Madrid: Ediciones sinsentido. [**]

McCloud, Scott (20072[1993]). Entender el cómic: el arte invisible. Bilbao: Astiberri Ediciones. [Orix.: Understanding Comics: The Invisible Art.] [*]

Trabado Cabado, José Manuel (ed.) (2021). Lenguajes gráfico-narrativos. Especificidades,intermedialidades y teorías gráficas. Gijón: Ediciones Trea.


Outras obras de interese

Barro, Pepe (2018). Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza. Vigo: Xerais.

Berger, John, Sven Blomberg, Chris Fox, Michael Dibb & Richard Hollis (2017, 3.ª ed.). Modos de ver [basado en la serie de televisión de la BBC en colaboración con John Berger]. Barcelona: Editorial Gustavo Gili. [Orig.: Ways of Seeing. London: British Broadcast Corporation & Penguin Books, 1972].

Böck, Margit & Norbert Pachler (eds.) (2013). Multimodality and Social Semiosis: Communication, Meaning-Making, and Learning in the Work of Gunther Kress (= Routledge Studies in Multimodality). London & New York: Routledge.

Boylan, Alexis L. (2020). Visual Culture (= The MIT Press Knowledge Series). Cambridge, MA: The MIT Press.

Burtenshaw, Ken, Nik Mahon & Caroline Barfoot (2006). The Fundamentals of Creative Advertising. Lausanne: AVA Publishing. [Tradución ao castelán: Principios de publicidad: el proceso creativo, agencias, campañas, medios, ideas y dirección de arte. Barcelona: Gustavo Gil, 2007.]

Cairo, Alberto (2008). Infografía 2.0: visualización interactiva de información en prensa. Madrid: Alamut.

Carrera, F. (2013). Comunicar 2.0. El arte de comunicar bien en el siglo XXI. Barcelona: Profit.

Cassany, Daniel (2012). En_línea: leer y escribir en la red (= Argumentos; 441). Barcelona: Anagrama.

Dahlström, Anna (2019). Storytelling in Design. Defining, Designing, and Selling Multidevice Products. Sebastopol, CA: O’Reilly.

Davies, Paul Fisher (2019). Comics as Communication: A Functional Approach (= Palgrave Studies in Comics and Graphic Novels). London: Palgrave Macmillan.

Garzone, Giuliana, Gina Poncini & Paola Catenaccio (eds.) (2007). Multimodality in corporate communication: web genres and discursive identity (= Lingua, tradizone, didattica; 1058.15). Milano: Franco Angeli s.r.l.

Gombrich, E. H. (2016). La evidencia de las imágenes (= Chiribitas; 8). Vitoria-Gasteiz & Buenos Aires: Sans Soleil Ediciones. [Orig.: "The evidence of images". En Charles S. Singleton, Interpretation: Theory and Practice . Baltimore, MD: The Johns Hopkins Press, 1969, 35-104].

Groensteen, Thierry (2013). Comics and Narration. University Press of Mississippi.

Hagen, Rose-Marie & Rainer Hagen (2010). Los secretos de las obras de arte: del tapiz de Bayeux a los murales de Diego Rivera, 2 vols. Köln: Taschen GmbH.

Heller, Steven & Gail Anderson (2018a). El libro de ideas para el diseño gráfico. Inspiración de la mano de 50 maestros. Barcelona: Blume. [Orix.: The Graphic Design Idea Book. Inspiration from 50 Masters. London: Laurence King Publishing, 2016.]

Heller, Steven & Gail Anderson (2018b). El libro de ideas para la ilustración. Inspiración de la mano de 50 maestros. Barcelona: Blume. [Orix.: The Illustration Idea Book. Inspiration from 50 Masters. London: Laurence King Publishing, 2018.]

Jardí, Enric (2014). Pensar con imágenes. Barcelona: Editorial Gustavo Gili.

Jenkins, Henry, Sam Ford & Joshua Green (2015). Cultura transmedia. La creación de contenido y valor en una cultura en red. Barcelona: Gedisa.

Kress, Gunther (2005). “Gains and Losses: new forms of texts, knowledge and learning”, Computers and Composition, 22: 5-22.

Kress, Gunther & T. van Leeuwen (2001). Multimodal Discourse. The Modes and Media of Contemporary Communication. London: Arnold.

Kress, Gunther & J. Bezemer (2009). Writing in a Multimodal World of Representation.The Sage Handbook of Writing Development. London: Sage.

Lamarre, Guillaume (2018). Storytelling como estrategia de comunicación. Barcelona: Gustavo Gili. [Orix.: L'art du storytelling: manuel de communication. Pyramid Éditions, 2018].

Levine, Philip & Ron Scollon (eds.) (2004). Discourse and Technology: Multimodal Discourse Analysis (= Georgetown University Round Table on Languages andLinguistics). Washington, D.C.: Georgetown University Press.

Lupton, Ellen (2019). El diseño como storytelling. Barcelona: Gustavo Gili. [Orix.: Design is Storytelling. Cooper Hewitt, Smithsonian Design Museum, 2017].

Manghui, Dominique (2011). “La perspectiva multimodal sobre la comunicación. Desafíos y aportes para la enseñanza en el aula”, Revista Electrónica Diálogos Educativos, 22. URL: http://www.umce.cl/dialogoseducativos/n22/manghi.

Norris, Sigrid (2004). Analyzing Multimodal Interaction: A Methodological Framework. New York & London: Routledge.

Norris, Sigrid (ed.) (2012). Multimodality in Practice: Investigating Theory-in-Practice-through-Methodology (= Routledge Studies in Multimodality). London: Routledge.

O'Halloran, Kay L. (ed.) (2004). Multimodal Discourse Analysis:Systemic-Functional Perspectives (= Open Linguistics Series). London / New York: Continuum.

Sánchez Vidal, A. (2020). Genealogías de la mirada. Madrid: Cátedra.

Tufte, Edward R. (2001). Envisioning information. Cheshire, CT: Graphics Press, 8ª reimpresión.

Verschueren, Jef (2012). Ideology in Language Use: Pragmatic Guidelines for Empirical Research. Cambridge & New York: Cambridge University Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para que o estudante aproveite mellor esta materia, é importante que:
1. Asista ás aulas regularmente e ás titorías e reunións establecidas fóra delas, tanto presenciais como non presenciais.
2. Faga as lecturas de curso encomendadas antes de que sexan tratadas nas aulas.
3. Participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos outros/as estudantes.
4. Traballe colaborativamente cos seus compañeiros/as.
5. Entregue puntualmente as tarefas encomendadas.
6. Acuda ao profesor para aquelas dúbidas que precisen unha atención ou guía máis individualizada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías