Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Comunicación oral Código 613836052
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Profesorado
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das características diferenciais da comunicación oral, as súas técnicas e modalidades, con atención especial á comunicación oral en contextos formais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do mestrado) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. AI10
BI1
BI3
BI5
BI6
CM7
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo docente, ser capaz de emitir no obradoiro e nas discusións dirixidas comentarios valorativos madurecidos e fundamentados nas últimas investigacións do campo, respetando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. BI1
BI2
BI3
BI8
BI10
CM4
CM6
O estudantado deberá realizar con solvencia, calidade de lingua e rigor expositivo a presentación oral do traballo tutelado diante dos seus compañeiros e das súas compañeiras e deberá igualmente emitir un xuízo sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas. BI1
BI4
CM4
CM5
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise de textos orais e na definición de estratexias comunicativas acaídas a un contexto concreto. AI7
BI4
BI5
BI7
BI8
CM4
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación e os seus tipos 1.1. Comunicación e linguaxe: a comunicación humana
1.2. Comunicación oral e escrita
1.3. Comunicación oral primaria e secundaria
2. A comunicación face a face 2.1. Comunicación verbal e non verbal
2.2. Caracterización xeral dos textos orais
2.3. A oralidade informal. Análise da conversación
3. A comunicación oral en contextos formais 3.1. Aspectos pragmáticos: texto e contexto
3.2. Tipoloxía de textos orais formais
3.3. O uso da lingua na oralidade formal
4. As intervencións e presentacións orais públicas 4.1. Preparación e técnicas de execución
4.2. Adecuación ao contexto comunicativo
4.3. O papel dos recursos tecnolóxicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A6 A8 B7 10 0 10
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 C6 2 16 18
Lecturas B5 B6 B7 B10 C7 1 15 16
Obradoiro B1 B2 B8 C5 7 7 14
Presentación oral B8 B10 C1 C4 1 5 6
Discusión dirixida B3 B4 C4 C6 C7 C8 7 0 7
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Discusión dirixida O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, ora presencialmente ora de maneira asíncrona (a través da plataforma de traballo colaborativo da UDC). Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feita polo profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B3 B4 C4 C6 C7 C8 Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. 20
Obradoiro B1 B2 B8 C5 Realización de actividades prácticas grupais derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). 30
Lecturas B5 B6 B7 B10 C7 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor.
Esta metodoloxía será avaliada no obradoiro e nas discusións dirixidas.
10
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 20
Presentación oral B8 B10 C1 C4 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 20
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado e presentado o traballo tutelado e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 no obradoiro.

As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades (orais e/ou escritas) que non tiveren superadas.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou
alumna que non presentar o traballo tutelado e/ou non participar na realización do obradoiro.


Fontes de información
Bibliografía básica Koch, Ingedore G. Villaça (1992). A inter-ação pela linguagem . São Paulo: Contexto
Kerbrat-Orecchioni, Catherine (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Merayo, Arturo (2012). Curso práctico de técnicas de comunicación oral. Madrid: Tecnos
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Morales, Carlos Javier (2007). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Câmara, J. Matosso (1986). Manual de Expressão Oral & Escrita. Petrópolis: Vozes
Regueira Fernández, Xosé Luís (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Ong, Walter (2002). Orality and literacy. New York: Routledge
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega

Bibliografía complementaria Ballenato Prieto, Guillermo (2013). Comunicación eficaz. Teoría y práctica de la comunicación humana. Madrid: Pirámide
Verderker, Rudolph F. (2000). Comunicación oral efectiva. México: International Thompson
Collard, Gilbert (2012). El arte de hablar en público. Bilbao: Mensajero
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Gimeno Terraza, I et ali (2000). Expresión oral. Hablar bien en público. Barcelona: Larousse
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
López Viñas, Xoán et al. (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía
Davis, Flora (2011). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza
Freixeiro, Xosé Ramón & Ríos, Marisol & Filloy, Lucía (eds.) (2008). Lingua e Comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña
Santiago Guervós, J. de (2005). Principios de comunicación persuasiva. Madrid: Arco Libros
Estrela, Edite et al. (2004). Saber Escrever Saber Falar . Lisboa: Dom Quixote
Domínguez Dapena, Cristina (2004). Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz. Vigo: Galaxia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías