Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Comunicación escrita Código 613836053
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Profesorado
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento das principais técnicas e estratexias da comunicación escrita, e dominio na confección de diversos tipos de texto escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e manexar as principais técnicas e estratexias da comunicación escrita. AI7
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI9
BI10
CM1
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Ter capacidade para confeccionar distintos tipos de texto escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AI7
AI10
BI2
BI4
BI5
BI8
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Saber analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación escrita. AI7
AI8
BI1
BI2
BI3
BI5
BI7
BI9
BI10
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación escrita: concepto e problemas.

1.1. Definición/ns. Problemas: o oral e o escrito; gradación oralidade-escrituridade.
1.2. Historia e funcións da escrita.
1.3. Lector e escritor
1.3.1. Perspectivas da lectura: psicolingüística e cognitiva, e sociocultural. Algunhas formas novas de ler. Tipos de lectores das linguas de especialidade
1.3.2. A construcción do suxeito discursivo. Polifonía: voces e discurso referido
2. Os tipos textuais e as prácticas profesionais contemporáneas. Especificidades e problemas do uso contemporáneo da escritura en contextos profesionais.
2.1. Xénero discursivo. Breve historia dos xéneros discursivos. Rasgos relevantes do xénero discursivo (Cassany, 2006). Funcións do xénero discursivo (Cassany, 2006).
2.2. Concepto de xénero profesional. Comunidade discursiva (Cassany, 2006)
2.3. Xéneros discursivos e tipoloxías textuais
2.4. Propostas para analizar xéneros
2.5. Características das linguas profesionais e académicas. Especificidades e problemas do uso contemporáneo da escrita en contextos profesionais.
2.5.1. Discurso xurídico. Xéneros
2.5.2. Discurso médico. Xéneros
2.5.3. Discurso administrativo en galego. Xéneros
2.5.4. Discurso tecnolóxico. Discurso arquitectura. Xéneros (informe)
3. Escritura e novas tecnoloxías.
Comunicación profesional en diversos ámbitos.
A comunicación en internet.
4. Técnicas de comunicación escrita: elaboración, corrección e edición de materiais escritos. Elaboración (adecuación e eficacia), corrección e edición de materiais escritos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 B1 B3 9 0 9
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 7.5 23 30.5
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 0.5 20 20.5
Lecturas B6 B7 B9 B10 C4 C6 C8 1 13 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición da profesora complementada co uso de medios audiovisuais coa finalidade de sintetizar informacións básicas da materia, para o posterior traballo de cada estudante.
Obradoiro Conxunto de actividades eminentemente prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno realizará ao longo do curso.
Traballos tutelados O alumno elaborará un traballo escrito individual tutelado pola profesora.
Lecturas Realización de lecturas necesarias para a formación do estudante respecto ao contido do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Ofreceranse titorías para tódalas as actividades, traballos ou probas que o requiran. Poderanse realizar persoalmente, mediante correo electrónico ou por teléfono.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 O 55% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 45% por taller, por outra.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras.
55
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será aconsellable o seguimento por parte da profesora.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outras.
45
 
Observacións avaliación

- Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles
estudantes que non superasen a materia, que asistisen
regularmente ás aulas e que realizasen un 60% das actividades propostas
terán que repetir unicamente aquelas actividades ou probas non superadas.

- A profesora adaptará o sistema de avaliación a aqueles estudantes
que no poidan asistir ás aulas (por exemplo, os que teñen adicación a
tiempo parcial con dispensa académica recoñecida) ou os que precisen da adopción de medidas encamiñadas ó
apoio á diversidade, co fin de non prexudicar as súas cualificacións.

- Cualificarase como «NP» (non presentado) a
quen non entregue o traballo final tutelado en ningunha das dúas
oportunidades. 

- Con respecto á realización de exercicios
prácticos e ao traballo final, deben entregarse no prazo fixado pola
docente. Esta resérvase o dereito de penalizar o material recibido fóra de
prazo.


Fontes de información
Bibliografía básica Cassany, Daniel (2007). Afilar el lapicero. Barcelona: Editorial Anagrama
Real Academia Española (2014). Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana Ediciones Generales
Sanz Álava, Inmaculada (2007). El Español Profesional y Académico en el aula universitaria. El discurso oral y escrito. Valencia: Tirant Lo Blanch
Tascón, Mario (dir.) (2012). Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales. Barcelona: Galaxia Gutenberg, Círculo de Lectores, Fundéu BBVA
Montolío, Estrella (dir.) (2014). Manual de escritura académica y profesional (2 vols.). Barcelona: Planeta
Martínez de Sousa, José (2012). Manual de estilo de la lengua española (MELE 4). Gijón: Trea
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa Libros
Real Academia Española (2010). Ortografía de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe
Sánchez Lobato, Jesús (coord.) (2006). Saber escribir. Madrid: Instituto Cervantes, Aguilar
Casany, Daniel (2006). Taller de textos. Leer, escribir y comentar en el aula. Barcelona: Paidós

En cada tema proporcionarase bibliografía específica.

Bibliografía complementaria Martínez de Sousa, José (2008). Diccionario de usos y dudas del español actual (DUDEA). Gijón: Trea
Seco Reymundo, Manuel; Andrés, Olimpia y Ramos, Gabino (2006). Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar
Bizcarrondo Ibáñez, Gema y Urrutia Cárdenas, Hernán (2010). Escribir y editar. Guía práctica para la redacción y edición de textos. Bilbao: Publicaciones de la Universida de Deusto
Gómez Torrego, Leonardo (2011). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Madrid: Arco Libros
Llamas Saíz, Carmen; Martínez Pasamar, Concepción y Tabernero Sala, Cristina (2012). La Comunicación Académicas y Profesional. Usos, Técnicas y Estilo. Pamplona: Thomson Reuters, Aranzadi
Rodríguez Gallardo, Ángel (dir.) (2011). La escritura cotidiana contemporánea: Análisis lingüístico y discursivo. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo
Gómez Torrego, Leonardo (2011). Las normas académicas: últimos cambios. Madrid: SM
Romero Gualda, M.ª Victoria (coord.ª) (2002). Lengua Española y Comunicación. Barcelona: Ariel
Montolío, Estrella (coord.ª) (2008). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel
Aleza Izquierdo, Milagros (coord.ª) (2011). Normas y usos correctos en el español actual. Valencia: Tirant Lo Blanch
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2009). Nueva gramática de la lengua españolal. Madrid: Espasa Calpe
Martínez de Sousa, José (2008). Ortografía y ortotipografía del español actual. Gijón: Trea


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Comunicación multimodal /613836051
Comunicación oral /613836052
Terminoloxía e linguaxes específicas /613836054

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías