Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Terminoloxía e linguaxes específicas Código 613836054
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Profesorado
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo é introducir, en primeiro lugar, o alumno no coñecemento das distintas variedades da lingua, para rematar centrándose nas linguas profesionais ou de especialidade e sometendo algunhas das máis importantes a unha caracterización. O contido da materia completarase, polo demais, cunha introdución ao estudo da terminoloxía en xeral e, máis particularmente, da termografía.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha, pois de non poderse producir a presencialidade desexable, dado o reducido número de alumnos é relativamente doado a docencia a distancia mediante Teams, Zoom ou outra plataforma similar. Dese xeito, será posible interactuar co alumnado de forma similar á vella normalidade.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Nesta materia, ao contar con alumnado doutras universidades, xa se dispuña da posibilidade de atención individualizada por medio de videoconferencia, polo que non cambia a situación con respecto a un curso presencial.

4. Modificacións na avaliación

Non serían precisas, mesmo no caso de ter que acudir á docencia mediante Teams, manténdose a valoración do traballo ind¡vidual do alumno como o factor máis significativo.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, de ser o caso, procurarase proporcionar os elementos básicos de consulta a través de Moodle, se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. AI7
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. AI7
AI8
AI9
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
CM5
CM6
CM7
CM8
Saber confeccionar calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AI7
AI9
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ás linguaxes específicas


1.1. Variedades da lingua
1.2. Linguas especiais
1.3. Linguas de especialidade ou profesionais
2. A comunicación profesional 2.1. Diversos tipos de linguaxe especializada
3. A terminoloxía

3.1. Formación de termos
3.2. O concepto ou significado terminolóxico
3.2. Relacións lóxicas e ontolóxicas dos termos
3.4. Fixación terminolóxica


4. A terminografía


4.1. Planificación do dicionario terminolóxico
4.2. Formación do corpus
4.3. Aspectos técnicos para a redacción dun dicionario terminolóxico
4.4. O artigo
4.5. A definición



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 C7 C8 0 25 25
Obradoiro A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 7 0 7
Discusión dirixida A7 A10 B1 B2 B3 B4 B7 C4 C5 C6 C7 C8 7 0 7
Sesión maxistral A7 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 12 0 12
Traballos tutelados A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C7 C8 0 18 18
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Unha serie de lecturas sobre a materia. Poderán dar lugar á realización de recensións ou á aplicación dos contidos a casos prácticos.
Obradoiro Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios... de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial.
Discusión dirixida Titorías en grupo. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno.
Sesión maxistral Clases expositivas e interactivas. Introduciranse conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en exercicios, comentarios, etc.
Traballos tutelados Un traballo tutelado terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Tutorías de libre disposición.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C7 C8 Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. 75
Obradoiro A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, etc. de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial. 10
Discusión dirixida A7 A10 B1 B2 B3 B4 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Considérase discusión dirixida a asistencia e participación nas clases e titorías. 15
 
Observacións avaliación
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderase presentar unha nova versión dos traballos que non obteñan o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do traballo constituirá o 100% da cualificación final.

Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

ALCARAZ, E. (ed.) (2007): Las lenguas profesionales y académicas, Barcelona, Ariel.

ALCINA CAUDET, AMPARO Y GAMERO PEREZ, SILVIA (eds.) (2002): La traducción científico-técnica y la terminología en la sociedad de la información. Servicio de Publicaciones de la Universidad Jaume I, Castellón.

ARNTZ, R.; PICHT, H. (1995): Introducción a la terminología, Humanes, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

BRUMME, J. (2001): La historia de los lenguajes iberorrománicos de especialidad: la divulgación de la ciencia, Barcelona, IULA, Vervuert, Iberoamericana.

CABRÉ, M.T. (1993): La terminología. Teoría, metodología, aplicaciones, Barcelona, Ed. Antártida.

CABRÉ, M. T., y FELIÚ, J. (eds.) (2001): La terminología científico-técnica, Barcelona, IULA.

CIAPUSCIO, G., y KUGUEL, I. (2002): “Hacia una tipología del discurso especializado: aspectos teóricos y aplicados”, en García Palacios, J., yFuentes Morán, M. T. (eds.), Texto, terminología y traducción, Salamanca, Ediciones Galmar, 2002, págs. 37-74.

GONZALO GARCIA, C. y GARCIA YEBRA, V. (eds.) (2004): Manual de documentación y terminología para la traducción especializada. Arco/Libros S.L., Madrid.

GUERRERO RAMOS, G., y PÉREZ LAGOS, F. (eds.) (2002): Panorama actual de la terminología, Granda, Comares.

GUTIÉRREZ RODILLA, B.M. (1998): La ciencia empieza en la palabra, Capellades, Ediciones Península, S.A.

GUTIÉRREZ RODILLA, B. M. (2005): El lenguaje de las ciencias, Barcelona, Ediciones Península.

LERAT, P. (1997): Las lenguas especializadas, Barcelona, Ariel.

REY, A. (1995): Essays on Terminology, Amsterdam/Philadelphia, John Benjamins Publishing Comapany.

PORTO DAPENA, J. A. (2002): Manual de técnica lexicográfica, Madrid, Arco/Libros.

SAGER, J.C. (1993): Curso práctico sobre el procesamiento de la terminología, Humanes, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

UNIÓN EUROPEA (s.a.): InterActive Terminology For Europe (IATE), http://iate.europa.eu

VIVANCO CERVERO, V. (2006): El español de la ciencia y la tecnología, Madrid, Arco/Libros.

WÜSTER, E. (1998): Introducción a la teoría general terminológica y a la lexicografía terminológica, Barcelona, IULA.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O nivel de esixencia nesta materia require un dominio da lingua propio dun nativo ou similar a este, polo que os alumnos que non teñan o castelán como lingua de instalación, deberán ter recoñecido un nivel C1 nesta lingua.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías