Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Multilingüismo e internet Código 613836064
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Profesorado
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia prepara o alumnado para identificar as necesidades lingüísticas e comunicativas de comunidades, institucións e empresas dentro do panorama de crecente internacionalización e globalización, así como os retos e as oportunidades que este medio supón.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non experimentarán modificacións

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense todas. A súa posta en práctica implementarase a través dos recursos que nos proporcionan Moodle e Teams.

*Metodoloxías docentes que se modifican

Non se modifica ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer o seguimento do traballo do alumnado.
Moodle: semanalmente. Subirase material de apoio así como as actividades vinculadas a cada tema.
Programaranse titorías personalizadas a través de Teams

4. Modificacións na avaliación

Non se modifica

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non hai modificacións. Disporán de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística.
A3 Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística.
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
A6 Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
A7 Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...).
A8 Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
A10 Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C3 Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Dominar o ámbito virtual. AI9
AI10
BI5
BI8
CM3
CM6
CM8
- Ser capaz de analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación en contextos multilingües. AI1
AI3
AI4
AI5
AI7
BI1
BI2
BI5
BI6
BI10
CM4
CM6
CM7
- Aplicar os coñecementos sobre os principais conceptos de planificación e política lingüística ao ámbito virtual dende unha perspectiva global. AI1
AI3
AI6
AI7
AI8
BI2
BI3
BI4
BI7
BI9
BI10
CM4
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Globalización e multilingüismo. O papel do inglés.
1.1. Que é a globalización?
1.2. Consecuencias da globalización
1.3. A diversidade lingüística
1.4. Situacións de bi- e multilingüismo
1.5. O impacto da globalización nas linguas
1.6. O inglés: a lingua da globalización
2. As linguas de Internet, as linguas en Internet. Visibilidade das linguas e das culturas na rede.
2.1. Internet, lingua e comunidade
2.2. Consecuencias de Internet para as linguas
2.3. Como avaliar unha lingua na rede
2.4. As linguas máis faladas en Internet
2.5. Algúns apuntamentos sobre o futuro das linguas
3. O ciberespacio europeo: a UE e as linguas.

3.1. O ciberespacio: unha oportunidade para o multilingüismo?
3.2. A Unión Europea e o multilingüismo
3.3. As linguas oficiais da Unión Europea
3.4. As linguas minoritarias na Unión Europea
3.5. O Marco Común Europeo de referencia para as linguas
4. O ciberespacio dende Galicia: as linguas da rede, as linguas na rede. O dominio .gal
4.1. O ciberespazo: visibilidade da lingua e da cultura galegas
4.2. A aprobación do dominio .gal
4.3. Consecuencias da aprobación do dominio .gal

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A5 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C3 C6 3.5 3.5 7
Traballos tutelados A1 A3 A5 A6 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 0 18 18
Presentación oral B4 1 2 3
Solución de problemas A4 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C3 C4 C7 C8 3 2 5
Lecturas A1 A8 B1 B5 B6 B7 B10 0 26 26
Aprendizaxe colaborativa A7 A9 B1 B2 B8 B9 C3 C4 C5 C6 C7 3 3 6
Sesión maxistral A1 A8 B1 B6 B7 B10 C6 9 0 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do/a profesor/a. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo/pola profesor/a-titor/a.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Lecturas Conxunto de textos de fontes diversas proporcionado polo/pola profesor/a para a profundización nos contidos traballados.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballos. Titorías de libre disposición.

Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A8 B1 B6 B7 B10 C6 Valorarase a asistencia e participación na aula. 15
Discusión dirixida A1 A5 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C3 C6 Os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados pola profesora. 10
Traballos tutelados A1 A3 A5 A6 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. A profesora prestaralle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
50
Presentación oral B4 Exposición oral dalgunha das actividades propostas pola profesora. 15
Solución de problemas A4 A7 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C3 C4 C7 C8 Proposta/s de resolución dunha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron. 10
 
Observacións avaliación
Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos de tres actividades avaliables (traballos tutelados, presentación oral e solución de problemas).

Segunda oportunidade (xullo). Aqueles estudiantes que non teñan  superado a materia e teñan asistido regularmente ás aulas e realizado un 60% das actividades propostas, terán que repetir únicamente aquelas actividades ou probas non superadas. Nos casos restantes, serán avaliados pola realización dos traballos tutelados propostos polo/a profesor/a (100% da cualificación).
 
Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

Básica

Crystal, David (2002): El lenguaje e internet. Madrid: Cambridge University Press.

Crystal, David (2005): La revolución del lenguaje. Madrid: Alianza Editorial.

Crystal, David (2011): Internet linguistics: A student guide. New York: Routledge.

Steger, Manfred (2003): Globalization: A very short introduction. Oxford: Oxford University Press.

Yus, Francisco (2010): Ciberpragmática 2.0. Nuevos usos del lenguaje en Internet. Barcelona: Ariel.

Complementaria

Block, David & Cameron, Deborah (eds.) (2002): Globalization and language teaching. London / New York: Routledge.

Blommaert, Jan (2010): The sociolinguistics of globalization. New York: Cambridge University Press.

Coupland, Nikolas (ed.) (2010): The handbook of language and globalization. Malden (MA): Wiley-Blackwell.

Fairclough, Norman (2006): Language and globalization. London / New York: Routledge.

Mar-Molinero, Clare & Stewart, Miranda (2006): Globalization and language in the Spanish speaking world : macro and micro perspectives. New York: Palgrave Macmillan.

Swaan, Abram de (2001): Words of the world the global language system. Cambridge: Polity Press.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías