Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) A avaliación de dicionarios Código 613836073
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Web http://campus.virtual.udc.es/guiadocente
Descrición xeral A materia ten como finalidade proporcionar aos alumnos os coñecementos e ferramentas necesarios para a avaliación e crítica dos dicionarios, en particular dos dicionarios monolingües e bilingües.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Traballos tutelados (computa na avaliación)
Obradoiro (computa na avaliación)


*Metodoloxías docentes que se modifican
Obradoiros serán só non presenciais pero poderase organizar por grupos en TEAMS

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Mecanismos de atención permanente: correo electrónico e Moodle
Mecanismos de atención dispoñibles a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios dado que esta materia xa estaba ideada cun deseño de traballos, prácticas e obradoiros.
Traballos tutelados: 80%
Obradoiro: 20%


*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás as referencias ao cómputo da asistencia que só se realizará ata no momento que se suspenda a actividade presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.




Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as distintas perspectivas de análise das obras lexicográficas, de maneira xeral e de maneira específica segundo os diferentes tipos de obras. BI8
CM1
CM6
Aplicar de forma sistematizada os diversos criterios de avaliación á crítica das obras lexicográficas. BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI9
BI10
CM1
CM4
CM6
CM8
Coñecer e saber valorar a interrelación dos procesos de elaboración e avaliación dos dicionarios. AI4
AI5
BI2
BI6
BI7
CM1
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. O concepto de dicionario
1.2. Fronteiras borrosas: dicionario, corpus e outros recursos
1.3. Finalidades da súa avaliación
2. O dicionario como instrumento didáctico 2.1. Dicionarios escolares
2.2. Dicionarios de aprendices de L2
2.3. Dicionarios bilingües
3. O dicionario como repositorio léxico dos sistemas de procesamento automático de lingua natural 3.1. Bases de datos léxicos
3.2. Dicionarios e Traducción automática
4. Análise da macroestrutura e da microestrutura 4.1. Diferentes tipos de acceso aos lemas
4.2. Estrutura do artigo lexicográfico
5. Avaliación da usabilidade dos dicionarios 5.1. Panorámica de estudos de usablilidade de dicionarios
5.2. Deseño dun test de usabilidade de dicionarios

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 9 0 9
Traballos tutelados A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 0 24 24
Lecturas B1 C6 0 24 24
Obradoiro B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 6 6 12
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentaranse os contidos teóricos facendo uso de transparencias en Power Point, así como de distintas interfaces na web. Potenciarase en todo momento a discusión e o debate
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o/a estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Trátase de executar a idea de aprender facendo ou realizar para comprender.
Lecturas O alumnado apoiará os seus traballlos tutelados en diferentes lecturas de artigos.
Obradoiro O complemento das sesións teóricas. Os estudantes desenvolverán prácticas tanto individuais como por grupos. Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición

Resolución de dudas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos distintos traballoos. Titorías de libre disposición.
Poderánse realizar as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación

Valorarase a participación activa e a interacción en grupo.
20
Traballos tutelados A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 80
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue:

1.  O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 80% obterase polos traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

2.2) Un 20% obterase da realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.

Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.

Calificación de No Presentado. Recibirán calificación de Non Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen menos do 30% das actividades evaluables.

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO.

O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.

No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da cualificación final.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Azorín Fernández, D.; Martínez Egido, J. J. (2007). "Los diccionarios para la enseñanza del español: criterios de evaluación". En Balmaseda Maestu, E. (ed.). Las destrezas orales enla enseñanza del español L2-LE. La Rioja: Universidad de La Rioja [https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/7749/1/Diccsense%C3%B1anzaespa%C3%B1ol.pdf

Battaner Arias, P., López Ferrero, C. (2019), Introducción al léxico, componente transversal de la lengua, Madrid, Cátedra.

Dziemianko, A. (2011), "Paper or Electronic? The Role of Dictionary Form in Language Reception, Production and the Retention of Meaning and Collocations", International Journal of Lexicography, 23 (3):257–273, https://doi.org/10.1093/ijl/ecp040

Fuentes Morán, María Teresa, Joaquín García Palacios y Jesús Torres del Rey, (2004-2005 ). "Algunos apuntes sobre la evaluación de diccionarios", Revista de lexicografía, 11: 69-80

Hamel, M.-J. (2012). Testing aspects of the usability of an online learner dictionary prototype: a product-   and process-oriented study. Computer Assisted Language Learning, 25(4): 339–365.

Haensch, Günter y C. Omeñaca (2004). "La crítica de diccionarios", en G. Haensch y C. Omeñaca (eds.), Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI,. Salamanca, Universidad de Salamanca.

Kozem, I. et al. (2019), “The Image of the Monolingual Dictionary Across Europe. Results of the European Survey of Dictionary use and Culture”, International Journal of Lexicography, 32 (1): 92–114.

Lew, R. (2015. “Dictionaries and their users”. En Hanks, Patrick and Gilles-Maurice de Schryver (eds.), International Handbook of Modern Lexis and Lexicography. Berlin/Heidelberg: Springer, 1-9.

Lew, R. (ed.) (2011), Special Issue: Studies In Dictionary Use: Recent Developments, International Journal of Lexicography, 24(1)

Müller-Spitzer, C. (ed.). (2014). Using online dictionaries, Series: Lexicographica. Series Maior, 145, Berlin/Boston, De Gruyter

Yin Wa Chan, Alice,  A. Taylor (2001). "Evaluating Learner Dictionaries: What the Reviews Say", International Journal of Lexicography, 14 (3): 163-180

Bibliografía complementaria
Granger, S., M. Paquot (eds.) (2013), Electronic Lexicography, Oxford, OUP.
Durkin, P. (ed.) (2015), The Oxford handbook of lexicography, Oxford, OUP.
Fuertes-Olivera, P. (ed.) (2017) The Routledge handbook of lexicography, Londres, Routledge



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías