Identifying Data 2021/22
Subject (*) Evaluating Dictionaries Code 613836073
Study programme
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Sanchez Palomino, Maria Dolores
E-mail
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Lecturers
Sanchez Palomino, Maria Dolores
E-mail
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web http://campus.virtual.udc.es/guiadocente
General description A materia ten como finalidade proporcionar aos alumnos os coñecementos e ferramentas necesarios para a avaliación e crítica dos dicionarios, en particular dos dicionarios monolingües e bilingües.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Traballos tutelados (computa na avaliación)
Obradoiro (computa na avaliación)


*Metodoloxías docentes que se modifican
Obradoiros serán só non presenciais pero poderase organizar por grupos en TEAMS

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Mecanismos de atención permanente: correo electrónico e Moodle
Mecanismos de atención dispoñibles a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios dado que esta materia xa estaba ideada cun deseño de traballos, prácticas e obradoiros.
Traballos tutelados: 70%
Obradoiro: 20%
Participación nas clases: 10%

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás as referencias ao cómputo da asistencia que só se realizará ata no momento en que se suspenda a actividade presencial.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Se é posible, poñerase á disposición do alumnado a bibliografía que precisen a través de Moodle.




Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer as distintas perspectivas de análise das obras lexicográficas, de maneira xeral e de maneira específica segundo os diferentes tipos de obras. BR8
CC1
CC6
Aplicar de forma sistematizada os diversos criterios de avaliación á crítica das obras lexicográficas. BR1
BR2
BR4
BR5
BR6
BR9
BR10
CC1
CC4
CC6
CC8
Coñecer e saber valorar a interrelación dos procesos de elaboración e avaliación dos dicionarios. AR4
AR5
BR2
BR6
BR7
CC1
CC6

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución 1.1. O concepto de dicionario: flutuación histórica das denominacións e delimitación fronte a outros recursos
1.2. Finalidades da súa avaliación
2. O dicionario como obxecto de investigación e avaliación 2.1. Como produto lexicográfico en si mesmo
2.2. Como produto didáctico
2.3. Como instrumento de comunicación
2.4. Como ferramenta para a tradución
2.5. Outros posibles enfoques
3. A avaliación dos dicionarios 3.1. O punto de vista do avaliador: usuario ou especialista (lexicógrafo)
3.2. A caracterización tipolóxica
3.3. A avaliación física ou externa
3.4. A análise da macroestrutura. O criterio da coherencia externa
3.5. A análise da microestrutura
3.5.1. Organización e estrutura dos artigos. Elementos formais e tipográficos
3.5.2. Avaliación do contido
3.5.2.1. O criterio da coherencia interna
3.5.2.2. Os criterios da cantidade, calidade e empregabilidade (intelixibilidade e fiabilidade) dos datos
3.6. Criterios específicos para os dicionarios bilingües e terminolóxicos

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech B1 9 0 9
Supervised projects A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 0 24 24
Workbook B1 C6 0 24 24
Workshop B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 6 6 12
 
Personalized attention 6 0 6
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Impartición de clases de carácter teórico y práctico, ante as cales se espera unha actitude non meramente pasiva dos alumnos.
Supervised projects Os alumnos deberán realizar un traballo tutelado, que consistirá na aplicación dos coñecementos adquiridos durante o curso, segundo procedementos e criterios que tamén se poñerán en práctica previamente.
Workbook Os alumnos deberán ler certos traballos, actividade da que se pedirá unha proba de lectura.
Workshop Nas clases presenciais realizarase un obradoiro que permita a posta en práctica guiada e colectiva dos coñecementos adquiridos.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Supervised projects
Description
No transcurso destas dúas actividades terá lugar unha titorización personalizada do alumno, aínda que en ambos os dous casos exisitrá igualmente unha titorización colectiva.

Adoptaranse as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe, así como para aqueles que teñan matrícula a tempo parcial ou dispensa académica.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 Valorarase a participación activa e interacción cos compañeiros e coa profesora. 20
Supervised projects A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Valorarase a correcta aplicación dos coñecementos adquridos durante o curso, así como a súa correcta expresión escrita. 80
 
Assessment comments

As probas obxecto de avaliación e as porcentaxes poderán sufrir algunha variación se ao longo do curso xorden elementos imprevistos que alteren dalgunha maneira o seu normal desenvolvemento ou se programan actividades que se consideren de interese para o alumno (xornadas, exposicións...).

As persoas inscritas a tempo parcial e que obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliables nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que non realizase ou suspendese ao longo do curso. Se algunha delas non puidese realizarse nas mesmas condicións (obradoiro, por exemplo), será substituída polo profesor por outra equivalente, convenientemente comunicada ao alumno.

Avaliarase o alumno (isto é, non será considerado NP) se entrega unha das dúas actividades previstas (proba de lectura ou traballo tutelado).

As faltas contra a corrección lingüística serán penalizadas. Os alumnos estranxeiros terán unha consideración especial neste sentido, aínda que un mínimo de corrección lingüística sempre é esixible.

Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das actividades.


Sources of information
Basic (). .

Azorín Fernández, D.; Martínez Egido, J. J. (2007). "Los diccionarios para la enseñanza del español: criterios de evaluación". En Balmaseda Maestu, E. (ed.). Las destrezas orales enla enseñanza del español L2-LE. La Rioja: Universidad de La Rioja [https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/7749/1/Diccsense%C3%B1anzaespa%C3%B1ol.pdf

Battaner Arias, P., López Ferrero, C. (2019), Introducción al léxico, componente transversal de la lengua, Madrid, Cátedra.

Dziemianko, A. (2011), "Paper or Electronic? The Role of Dictionary Form in Language Reception, Production and the Retention of Meaning and Collocations", International Journal of Lexicography, 23 (3):257–273, https://doi.org/10.1093/ijl/ecp040

Fuentes Morán, María Teresa, Joaquín García Palacios y Jesús Torres del Rey, (2004-2005 ). "Algunos apuntes sobre la evaluación de diccionarios", Revista de lexicografía, 11: 69-80

Hamel, M.-J. (2012). Testing aspects of the usability of an online learner dictionary prototype: a product-   and process-oriented study. Computer Assisted Language Learning, 25(4): 339–365.

Haensch, Günter y C. Omeñaca (2004). "La crítica de diccionarios", en G. Haensch y C. Omeñaca (eds.), Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI,. Salamanca, Universidad de Salamanca.

Kozem, I. et al. (2019), “The Image of the Monolingual Dictionary Across Europe. Results of the European Survey of Dictionary use and Culture”, International Journal of Lexicography, 32 (1): 92–114.

Lew, R. (2015. “Dictionaries and their users”. En Hanks, Patrick and Gilles-Maurice de Schryver (eds.), International Handbook of Modern Lexis and Lexicography. Berlin/Heidelberg: Springer, 1-9.

Lew, R. (ed.) (2011), Special Issue: Studies In Dictionary Use: Recent Developments, International Journal of Lexicography, 24(1)

Müller-Spitzer, C. (ed.). (2014). Using online dictionaries, Series: Lexicographica. Series Maior, 145, Berlin/Boston, De Gruyter

Yin Wa Chan, Alice,  A. Taylor (2001). "Evaluating Learner Dictionaries: What the Reviews Say", International Journal of Lexicography, 14 (3): 163-180

Complementary Segoviano, C. (1984). "Criterios para la valoración de un diccionario bilingüe", en C. Segoviano y J. M. Navarro (eds.), Spanien und Lateinamerika. Beitrige zur Sprache, Literatur und Kultur. Stuttgart: DSV
Chapman, Robert L. (1977). "Dictionnary reviews and reviewing: 1900-1975", en James C. Raymond e I. Willis Russell (eds.). James B. McMillan. Essay in linguistics by his friends and colleagues..
Salvador, Gregorio (2002). "La crítica de diccionarios", en Pedro Álvarez de Miranda y José Polo (eds.), Lengua y diccionarios. Estudios ofrecidos a Manuel Seco. Madrid: Arco Libros
Humbley, J. (1993). "La evaluación de un diccionario especializado". Terminómetro, 13-14
Osselton, Noel E. (1989). "The history of academic dictionary criticism with reference to major dictionaries", en Franz. J. Hausmann et al. (eds.), Wörterbucher.. Berlin/New York: De Gruyter
Seco, Manuel (2003). "¿Para quién hacemos los diccionarios?", en M. Seco, Estudios de lexicografía española. Madrid: Gredos
Stein, Gabriele (2002). Better words. Evaluating EFL dictionaries. Exeter: Universitty of Exeter Press
Galinski, C. (1996). Draft: Intermediate Guidelines for the Evaluation of Terminology Resources. Viena: Infoterm
Steiner, Roger (1984). Guidelines for reviewers of bilingual dictionaries, en M. Snell-Hornby (ed.), ZürichLEX'86 proceedings. Tübingen: Francke Verlag
Hernández, Humberto (1998). La crítica lexicográfica: métodos y perspectivas. Lingüística española actual, XX, 1
Hartmann, R.R.K. (ed.) (2003). Lexicography. Critical Concepts. London/New York: Routledge
Wiegand, H. E. (ed.) (1993). Wörterbuchkritik. Dictionary Criticism. Lexicographica, 9



Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.