Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) A avaliación de dicionarios Código 613836073
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten como finalidade proporcionar aos alumnos os coñecementos e ferramentas necesarios para a avaliación e crítica dos dicionarios, en particular dos dicionarios monolingües e bilingües.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A5 Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B8 Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as distintas perspectivas de análise das obras lexicográficas, en relación co tipo de obra de que se trate. BI8
CM1
CM6
Aplicar de forma sistematizada os diversos criterios de avaliación á crítica das obras lexicográficas. BI1
BI2
BI4
BI5
BI6
BI9
BI10
CM1
CM4
CM6
CM8
Coñecer e saber valorar a interrelación dos procesos de elaboración e avaliación dos dicionarios. AI4
AI5
BI2
BI6
BI7
CM1
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. O concepto de dicionario: flutuación histórica das denominacións e delimitación fronte a outros recursos
1.2. Finalidades da súa avaliación
2. O dicionario como obxecto de investigación e avaliación 2.1. Como produto lexicográfico en si mesmo
2.2. Como produto didáctico
2.3. Como instrumento de comunicación
2.4. Como ferramenta para a tradución
2.5. Outros posibles enfoques
3. A avaliación dos dicionarios (especialmente monolingües) 3.1. O punto de vista do avaliador: usuario ou especialista (lexicógrafo)
3.2. A caracterización tipolóxica
3.3. A avaliación física ou externa
3.4. A análise da macroestrutura. O criterio da coherencia externa
3.5. A análise da microestrutura
3.5.1. Organización e estrutura dos artigos. Elementos formais e tipográficos
3.5.2. Avaliación do contido
3.5.2.1. O criterio da coherencia interna
3.5.2.2. Os criterios da cantidade, calidade e empregabilidade (intelixibilidade e fiabilidade) dos datos
3.6. Criterios específicos para os dicionarios bilingües e terminolóxicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 14 0 14
Traballos tutelados A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 1 24 25
Lecturas B1 C6 0 20 20
Obradoiro B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 6 4 10
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartición de clases de carácter teórico e práctico, ante as cales se espera unha actitude activa dos alumnos.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un traballo tutelado, que consistirá na aplicación dos coñecementos adquiridos durante o curso, segundo procedementos e criterios que tamén se poñerán en práctica previamente.
Lecturas Os alumnos deberán ler bibliografía crítca, actividade da que se pedirá unha proba de lectura.
Obradoiro Nas clases presenciais realizarase un obradoiro que permita a posta en práctica guiada e colectiva dos coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
No transcurso destas dúas actividades terá lugar unha titorización personalizada do alumno, aínda que en ambos os dous casos existirá igualmente unha titorización colectiva.

Adoptaranse as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe, así como para aqueles que teñan matrícula a tempo parcial ou dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B5 B6 B7 B10 C1 C4 C6 Valorarase a participación activa e interacción cos compañeiros e coa profesora, así coma o acerto na valoración dos datos achegados. Divídese en 30% para os obradoiros propiamente ditos e un 20% para as probas de lectura. 50
Traballos tutelados A4 A5 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C8 Valorarase a correcta aplicación dos coñecementos adquridos durante o curso, así como a súa correcta expresión escrita. 50
 
Observacións avaliación

As probas obxecto de avaliación e as porcentaxes poderán sufrir algunha variación se ao longo do curso xorden elementos imprevistos que alteren dalgunha maneira o seu normal desenvolvemento ou se se programan actividades que se consideren de interese para o alumno (xornadas, exposicións...).

As persoas inscritas a tempo parcial e que obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliables nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

A data de entrega do traballo tutelado será o 25 de abril de 2024.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que non realizase ou suspendese ao longo do curso. Se algunha delas non puidese realizarse nas mesmas condicións (obradoiro, por exemplo), será substituída pola profesora por outra equivalente, convenientemente comunicada ao alumno.

Avaliarase o alumno (isto é, non será considerado NP) se entrega unha das dúas actividades previstas (proba de lectura ou traballo tutelado).

As faltas contra a corrección lingüística serán penalizadas. Os alumnos estranxeiros terán unha consideración especial neste sentido, aínda que sempre se esixirá un mínimo de corrección lingüística.

Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das actividades.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización
de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copia en
exercicios ou traballos ou outras variables destas características) comportará a anulación total da actividade de que se trate e a penalización
correspondente en virtude da normativa vixente. 

A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na
UDC/no Centro e, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI
da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Azorín Fernández, D.; Martínez Egido, J. J. (2007). "Los diccionarios para la enseñanza del español: criterios de evaluación". En Balmaseda Maestu, E. (ed.). Las destrezas orales enla enseñanza del español L2-LE. La Rioja: Universidad de La Rioja [https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/7749/1/Diccsense%C3%B1anzaespa%C3%B1ol.pdf

Battaner Arias, P., López Ferrero, C. (2019), Introducción al léxico, componente transversal de la lengua, Madrid, Cátedra.

Dziemianko, A. (2011), "Paper or Electronic? The Role of Dictionary Form in Language Reception, Production and the Retention of Meaning and Collocations", International Journal of Lexicography, 23 (3):257–273, https://doi.org/10.1093/ijl/ecp040

Fuentes Morán, María Teresa, Joaquín García Palacios y Jesús Torres del Rey, (2004-2005 ). "Algunos apuntes sobre la evaluación de diccionarios", Revista de lexicografía, 11: 69-80

Hamel, M.-J. (2012). Testing aspects of the usability of an online learner dictionary prototype: a product-   and process-oriented study. Computer Assisted Language Learning, 25(4): 339–365.

Haensch, Günter y C. Omeñaca (2004). "La crítica de diccionarios", en G. Haensch y C. Omeñaca (eds.), Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI,. Salamanca, Universidad de Salamanca.

Kozem, I. et al. (2019), “The Image of the Monolingual Dictionary Across Europe. Results of the European Survey of Dictionary use and Culture”, International Journal of Lexicography, 32 (1): 92–114.

Lew, R. (2015. “Dictionaries and their users”. En Hanks, Patrick and Gilles-Maurice de Schryver (eds.), International Handbook of Modern Lexis and Lexicography. Berlin/Heidelberg: Springer, 1-9.

Lew, R. (ed.) (2011), Special Issue: Studies In Dictionary Use: Recent Developments, International Journal of Lexicography, 24(1)

Müller-Spitzer, C. (ed.). (2014). Using online dictionaries, Series: Lexicographica. Series Maior, 145, Berlin/Boston, De Gruyter

Yin Wa Chan, Alice,  A. Taylor (2001). "Evaluating Learner Dictionaries: What the Reviews Say", International Journal of Lexicography, 14 (3): 163-180

Bibliografía complementaria Segoviano, C. (1984). "Criterios para la valoración de un diccionario bilingüe", en C. Segoviano y J. M. Navarro (eds.), Spanien und Lateinamerika. Beitrige zur Sprache, Literatur und Kultur. Stuttgart: DSV
Chapman, Robert L. (1977). "Dictionnary reviews and reviewing: 1900-1975", en James C. Raymond e I. Willis Russell (eds.). James B. McMillan. Essay in linguistics by his friends and colleagues..
Salvador, Gregorio (2002). "La crítica de diccionarios", en Pedro Álvarez de Miranda y José Polo (eds.), Lengua y diccionarios. Estudios ofrecidos a Manuel Seco. Madrid: Arco Libros
Humbley, J. (1993). "La evaluación de un diccionario especializado". Terminómetro, 13-14
Osselton, Noel E. (1989). "The history of academic dictionary criticism with reference to major dictionaries", en Franz. J. Hausmann et al. (eds.), Wörterbucher.. Berlin/New York: De Gruyter
Seco, Manuel (2003). "¿Para quién hacemos los diccionarios?", en M. Seco, Estudios de lexicografía española. Madrid: Gredos
Stein, Gabriele (2002). Better words. Evaluating EFL dictionaries. Exeter: Universitty of Exeter Press
Galinski, C. (1996). Draft: Intermediate Guidelines for the Evaluation of Terminology Resources. Viena: Infoterm
Steiner, Roger (1984). Guidelines for reviewers of bilingual dictionaries, en M. Snell-Hornby (ed.), ZürichLEX'86 proceedings. Tübingen: Francke Verlag
Hernández, Humberto (1998). La crítica lexicográfica: métodos y perspectivas. Lingüística española actual, XX, 1
Hartmann, R.R.K. (ed.) (2003). Lexicography. Critical Concepts. London/New York: Routledge
Wiegand, H. E. (ed.) (1993). Wörterbuchkritik. Dictionary Criticism. Lexicographica, 9



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías