Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Introdución aos Estudos Literarios Código 613G01005
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Paz Gago, Jose Maria
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
jose.maria.paz.gago@udc.es
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Conceptos básicos no estudo da literatura: xéneros, movementos e técnicas de análise literaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Coñecer as correntes teóricas da ciencia literaria A3
A14
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. A7
Conocer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. A5
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno A9
B4

Contidos
Temas Subtemas
1.Fundamentos dos estudos literarios.


-Obxecto e método
-Dominios da ciencia literaria
-Lingua e comunicación literarias
-Periodización literaria
-Xéneros literarios



2.Panorama histórico da Teoría literaria. Primeira parte - Antigüidade Clásica
- Idade Media e Clasicismo
3.Panorama histórico da Teoría literaria. Segunda parte -Romanticismo. Positivismo
-Principais correntes dos ss. XX-XXI
4. A lírica -Concepcións da lírica e xéneros históricos
-Métrica e retórica
-Teoría da función poética
-Enunciación e pragmática líricas

5. A dramática -Semiótica teatral. Drama e Espectáculo
-Tempo e espazo
-Personaxe e público
-Xéneros históricos. Teoría aristotélica da
traxedia




6. A narrativa - Narratoloxía da historia e do discurso
- Modalización narrativa
- Temporalización e espacialización narrativas
- O personaxe narrativo
- Xéneros históricos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A11 B1 C3 1 2 3
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C1 C4 21 30 51
Resumo A11 C1 1 3 4
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 B8 B10 C4 1 3 4
Presentación oral A1 A2 A5 A9 A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C6 1 1 2
Obradoiro A1 A2 A7 A11 A14 B3 C5 C6 4 4 8
Esquemas A2 A10 A11 B7 1 3 4
Recensión bilbiográfica A1 A2 A7 B7 C1 1 8 9
Lecturas A5 A14 B1 C7 1 40 41
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A7 A11 A14 A15 B5 B6 B7 B10 C1 2 12 14
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B5 B6 B9 B10 C3 C6 1 6 7
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Para a elaboración de traballos procuraranse documentos diversos que serán especificados na aula polo profesor ou a profesora
Sesión maxistral Sesións de exposición oral por parte do profesor ou profesora, que se esforzarán en transmitir contidos relevantes, aclarando dúbidas xurdidas. É a parte máis importante na transmisión de coñecementos.
Resumo Práctica que acompaña a elaboración de esquemas
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos utilizarán distintas ferramentas de documentación para solucionar problemas e atopar resultados en común
Presentación oral Os alumnos escollerán unha obra literaria entre as propostas na aula para o traballo en grupo, e as súas conclusións serán expostas oral e publicamente.
Obradoiro Traballo na aula sobre distintas cuestións que presenta o fenómeno literario.
Esquemas Práctica para a constatación dunha boa lectura de artigos, capítulos e outros textos documentais.
Recensión bilbiográfica As obras literarias asignadas a cada estudante serán obxecto de recensión seguindo as pautas dadas na aula

Lecturas É a metodoloxía fundamental para iniciarse no estudo da literatura: haberá lecturas teóricas e lecturas de obras literarias.
Proba mixta Trátase dunha proba escrita que poderá constar tanto de respostas longas e ben argumentadas, como de respostas breves e tipo test, así como de comentarios de breves textos teóricos ou literarios. Na primeira convocatoria referirase á parte teórica da materia. Na segunda convocatoria, incluirá tamén exercicios prácticos para os que non superen as prácticas de aula.
Prácticas a través de TIC A investigación literaria debe moito ás TIC, imprescindibles para acopio de datos e relación de fenómenos. Realizaranse, se é posible, prácticas na aula net.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Resumo
Obradoiro
Esquemas
Recensión bilbiográfica
Descrición
A atención personalizada levarase a cabo en función das necesidades do grupo de alumnos ou do estudante en particular, tanto na aula como a través do correo electrónico, o uso da plataforma moodle, ou o diálogo real en horas de atención ao estudante. Para que se realice axeitadamente, é indispensable que os alumnos acudan ás aulas e participen activamente nelas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A7 A11 A14 A15 B5 B6 B7 B10 C1 Cualificación na proba ou exame.
50
Obradoiro A1 A2 A7 A11 A14 B3 C5 C6 Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo 10
Presentación oral A1 A2 A5 A9 A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C6 Terase en conta na súa avaliación o coñecemento da materia que o alumno demostre, así como a súa habilidade comunicativa e dominio da lingua oral na exposición na aula. 10
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C1 C4 A participación do estudante na aula da sesión maxistral será considerada como parte da avaliación do curso 5
Lecturas A5 A14 B1 C7 Avaliarase o traballo de lectura realizado polo alumno 10
Recensión bilbiográfica A1 A2 A7 B7 C1 Avaliación da resposta do alumno no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor,para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas 15
 
Observacións avaliación

1) Na 1º oportunidade realizarase unha
proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo
polo estudante durante o curso. Dun deses traballos farase unha presentación oral na aula durante o curso.


Nesta 1º oportunidade, será considerado NP
o alumno que non se presente á proba mixta, aínda que teña realizado os
traballos prácticos durante o curso. 
 


2) Na 2º oportunidade realizarase un exame
que constará dunha parte teórica e outra práctica. 


3) O estudante que se presenten á
convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para
a 2º oportunidade (a de xullo).
 



4) O estudante deberá obter unha nota
mínima de 4 na proba mixta para poder facer a media coa parte práctica do
curso.


5) Repetidores ou alumnos con exención de
asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto
co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da
súa docencia. No relativo ás prácticas, confeccionarase un calendario de
entrega adaptado ás necesidades do estudante en concreto. Tamén se programarán
titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.



 6) As probas escritas e os traballos deben
realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros
de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por
redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de
abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.



Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cunha nota de
0,00. O docente ten á súa disposición a aplicación informática da UDC para a
detección de plaxios.


Fontes de información
Bibliografía básica CASAS, Arturo (coord.) (2005). Elementos de crítica literaria. Vigo. Xerais
CABO ASEGUINOLAZA, Fernando / RÁBADE VILLAR, María do Cebreiro (2006). Manual de Teoría de la Literatura.. Madrid. Castalia
VILLANUEVA, Darío (1994). Curso de teoría de la literatura. Madrid. Taurus
GARRIDO GALLARDO, M. A. dir. (2009). El lenguaje literario. Vocabulario crítico. . Madrid, Síntesis
GUILLÉN, Claudio (2005). Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada. Barcelona. Tusquets
LAPESA, Rafael (2004). Introducción a los estudios literarios. Madrid. Cátedra
GUTIÉRREZ CARBAJO, Francisco (2002). Movimientos y épocas literarias.. Madrid. UNED
GARRIDO, Miguel Ángel (2000). Nueva introducción a la teoría de la literatura. Madrid, Síntesis
GARRIDO GALLARDO, Miguel Ángel (1998). Teoría de los géneros literarios. Madrid. Arco
SILVA, Vítor Manuel de Aguiar e (2000). Teoria e metodologia literárias. Lisboa, Universidade Aberta

O PROFESOR INDICARÁ NA AULA AS OBRAS LITERARIAS QUE CADA ALUMNO DEBERÁ LEER

A MODO DE ORIENTACIÓN, INDÍCANSE A CONTINUACIÓN EXEMPLOS DE POSIBLES LECTURAS:

LÍRICA

George G. Byron, Baron (1788-1924), Poemas escogidos 

Charles Baudelaire, Les fleurs du mal (1857), As flores do mal , Las flores del mal

Gustavo Adolfo Bécquer, Rimas (1859-1870)

Rosalía de Castro, En las orillas del Sar (1884)

Thomas S. Eliot, The Waste Land, La tierra baldía/ estéril (1922)

Dylan Thomas, The Poems(1934-1952), Poemas

Luís Seoane, Fardel do esilado (1952)

Luis Cernuda, La realidad y el deseo (1924-1962)

Pier Paolo Pasolini, Le ceneri di Gramsci (1957), Las cenizas de Gramsci

Xosé Luís Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias (1976)

Luz Pozo Garza, As arpas de Iwerddon (2005)

Valente, José Ángel, Poesía (Visor, 20013)

TEATRO

Eurípides, Electra (s. V a C.)

Ramón del Valle Inclán, Divinas palabras (1920), Luces de Bohemia (1920)

Luigi Pirandello, Sei personaggi in cerca d’autore (1921), Seis personaxes na procura de autor, Seis personajes en busca de autor

Bertoldt Brecht, Mutter Courage und ihre Kinder (1939-1949), Madre Coraje y sus hijos, Nai Coraxe e mais os seus fillos

Jonh B. Prietsley, An inspector calls (1946), Llama uninspector / Ha llegado un inspector, Chama un inspector.

Arthur Miller, Death of a salesman (1949), A morte dun viaxante, La muerte de unviajante

Roberto Vidal Bolaño, Doentes (1998)

Juan Mayorga, Himmelweg. Camino del cielo (2003)

Rubén Ruibal, Limpeza de sangue (2006)

NARRATIVA

Miguel de Cervantes, Don Quijote de la Mancha (1605, 1615)

Charles Dickens, A tale of two cities (1859), Historia de dos ciudades

León Tolstoi, Smert Ivana Ilyichá, A morte de Iván Ilich, La muerte de Iván Illich (1886)

Franz Kafka, Das Schloß (1922), El Castillo

John Dos Passos, Manhatan Transfer (1925)

Vicente Risco, O porco de pé (1928)

Gonzalo Torrente Ballester, Don Juan (1963)

Julio Cortázar, Rayuela (1963)

Friedrich Dürrematt, Das Sterben der Pythia (1976), La muerte de la Pitia

Carme Riera, Dins el darrer blau (1994), En el último azul

Eva Moreda, A Veiga é como un tempo distinto (2011)

ENSAIO LITERARIO 

Virginia Woolf, A room of one’s own (1929), Un cuarto de seu , Una habitación propia

Manuel Azaña, La velada en Benicarló (1937-1939)

Mario Vargas Llosa, La verdad de las mentiras. Ensayos sobre la novela moderna (1990)

Casares, Carlos, Un país de palabras, Galaxia, Vigo (1998)

Miguel Anxo Murado, Fin de século en Palestina (2008)

Baceiredo, Rebeca, A revolución non vai ser televisada (2013)

 

RECURSOS DIXITAIS (revisados en xuño de 2016)

Biblioteca Virtual Galega (Literatura galega), Universidade da Coruña: http://bvg.udc.es/

Biblioteca Virtual Cervantes (Literatura española, iberoamericana, galega, catalá, etc.), Universidade de Murcia: , http://www.cervantesvirtual.com/

Portal Literatura Vasca: http://www.basqueliterature.com/es/loturak/euskalit

Literatura catalá en liña: http://www.lletra.com/

Bibliotecas Virtuais en inglés (Literatura angloamericana e traducións doutras literaturas):

http://www.online-literature.com/author_index.php

http://www.bartleby.com/authors/

http://www.bibliomania.com/bibliomania-static/index.html

Dicionario galego RAG: http://academia.gal/dicionario#inicio.do

Dicionario español RAE: http://buscon.rae.es/draeI/

Dicionario inglés: http://www.wordreference.com/es/

Teoría literaria en Internet:

Casas, Arturo (2012 [2002]). Bibliografía sistemática de Teoría literaria. Número monográfico do Boletín Galego de Literatura: 26. reediciónen poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.

http://www.poesiagalega.org/uploads/media/casas_2002_biblteorialit.pdf

Glosario de narrativa, extraído de Darío Villanueva, Comentario de textos narrativos: la novela . Gijón: Ediciones Júcar, págs 181- 201:http://faculty.washington.edu/petersen/321/narrtrms.htm

Retórica: The Forest of Rhetoric. Silva Rhetoricae: 

http://humanities.byu.edu/rhetoric/silva.htm

A isto engádense Páxinas web de fundacións e persoais de autores (procura en buscadores)

Bibliografía complementaria

   PARA CADA UN DOS TEMAS INDICARASE UNHA BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA E ACTUALIZADA  PARA USO PERSOAL DO ALUMNO EN FUTUROS TRABALLOS.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Antes de comezar o curso, ler unha obra de introdución á Teoría da literatura das que se indican na Bibliografía básica.

Ir a clase



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías