Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Lingua e Cultura Clásica Código 613G01006
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Profesorado
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
j.c.santos@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da lingua latina, da literatura romana e doutros aspectos da cultura da Antigüidade, con especial atención á súa influencia sobre a civilización occidental

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina A1
A23
B1
C3
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos A2
B7
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa pervivencia na civilización occidental A13
B8
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos A11
B7
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e outras ferramentas de procura de información adquirindo capacidade de autoformación no campo de estudos da filoloxía latina. A11
B1
B3
C3
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a gramática histórica e a historia das literaturas española, galega e inglesa A14
B5
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade B8

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos da historia da lingua latina 1.1 O latín, lingua indoeuropea
1.2 Etapas da historia da lingua latina
1.3 Linguas en contacto co latín
1.4 O paso do latín ás linguas romances

2. Sistema fonético do latín e a súa evolución ás linguas romances 2.1 Vocalismo e acentuación
2.2 Consonantismo
2.3 Principais liñas de evolución fonética ás linguas romances
3. O sistema morfolóxico do latín e a súa evolución ás linguas romances 3.1 O sistema verbal e a súa evolución
3.2 O sistema nominal e a súa evolución
3.3 Os pronomes: do latín ás linguas romances
4. Procedementos de organización sintáctica 4.1 Funcións e usos dos casos; a súa evolución e perda
4.2 As preposicións: a súa evolución
4.3 Principais procedementos de coordinación e subordinación

5. Aspectos do léxico latino 5.1 Mecanismos de formación de palabras
5.2 Empréstitos do grego e doutras linguas
5.3 Aspectos do cambio semántico na historia do latín
6. O contexto social e cultural da literatura romana antiga 6.1. Relacións entre a literatura romana e a grega
6.2 Funcións e usos da literatura
6.3. Os autores e o público
6.4. As etapas da historia da literatura latina antiga
7. Caracterización xeral dos xéneros poéticos non teatrais 7.1 poesía narrativa e didáctica
7.2 elexía
7.3 lírica
7.4 epigrama
7.5 bucólica
7.6 sátira
7.7 epístola poética
8. Caracterización xeral dos xéneros teatrais 8.1 Orixes e evolución do teatro en Roma
8.2. A comedia: palliata e togata
8.3. A traxedia; cothurnata e praetexta
8.4. O teatro popular: satura, fabula atellana, mimo
9. Transmisión e recepción dos textos 9.1. Transmisión manuscrita: volumes, códices, epigrafía
9.2. Transmisión impresa
9.3. Marcos da recepción literaria: lecturas públicas, espectáculos, escola, bibliotecas etc
10. Practicum: as Metamorfoses de Ovidio 10.1. Contextualización: autor e época
10.2 O cuestión do xénero poético
10.3 O contido: materia mitográfica; sentido da composición
10.4 A recepción das Metamorfoses na literatura e nas artes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A13 A14 B3 30 0 30
Lecturas A13 B8 0 25 25
Proba obxectiva A23 B1 B6 3 0 3
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 30 60 90
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Lecturas Lectura por conta do estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito
Proba obxectiva Proba 1, sobre os cinco primeiros temas (cuestións de lingua latina) que se realizará en metade do cuatrimestre
Proba 2, sobre os cinco últimos temas (cuestións de literatura latina) que se realizará na fin do cuatrimestre
Análise de fontes documentais Exercicios de análise e de comentario lingüístico e literario a propósito dos diversos temas e subtemas do programa. Poderán ser de carácter oral, no curso das sesións prácticas, ou escrito, en forma de actividades avaliábeis de carácter individual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
Todos os estudantes poderán asistir, por iniciativa propia, a tutorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas.
O profesor tamén poderá convocar a calquera estudante a titorías individuais en caso de consideralo oportuno.
Os estudantes cos dispensa académica ou matrícula a tempo parcial terán as mesmas condicións de avaliación que os restantes. Únicamente se recomenda para eles unha maior frecuencia de sesións de titoría individual a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A13 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante un control de lectura. 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 Un 40% da calificación final resultará dos exercicios prácticos (de análise lingüística, de comentario literario de textos, etc) propostos aos estudantes durante as sesións prácticas ou de xeito autónomo. 40
Proba obxectiva A23 B1 B6 O estudante efectuará dúas probas: unha en metade do cuatrimestre, sobre cuestións de lingua (cinco primeiros temas) e outra a fins do cuatrimestre, sobre cuestións de literatura (cinco últimos temas) 50
 
Observacións avaliación

As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. 

A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. 


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a aquelas partes que non tivesen superado previamente. 

De non realizar as dúas probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.

A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura. 

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artículo 14). 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);  no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

Fontes de información
Bibliografía básica Irene Vallejo (2020). El Infinito en un junco : la invención de los libros en el mundo antiguo. Madrid, Siruela
Leighton D. Reynolds - Nigel G. Wilson (1986). Copistas y filólogos. Las vías de transmisión de las literaturas griega y latina. Madrid, Gredos
Paul. M. LLoyd (1987). Del latín al español. Fonología y morfología históricas de la lengua española. Madrid, Gredos
Wilfried Stroh (2013). El latín ha muerto, ¡viva el latín! Breve historia de una gran lengua. Barcelona
Georges Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Madrid, Palas Atenea
Carmen Codoñer (1997). Historia de la literatura latina. Madrid, Cátedra
José Molina Yévenes (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona, Univ. de Barcelona
Ovidio (2004). Metamorfoses. Santiago, Xunta de Galicia
Ovidio (2001). Metamorfosis. Madrid, Cátedra
Tomás González Rolán e Lisardo Rubio (1985). Nueva gramática latina. Madrid, Coloquio
Lisardo Rubio (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid. Ediciones clásicas

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Bibliotheca Augustana

https://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html

Recursos para lThe Classics Page

a literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 Analecta Malacitana (Univ. Málaga)

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm 

Ludus litterarius

http://www.luduslitterarius.net/

Resumos de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm

 Exercicios de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/latin.htm

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías