Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxías da Información e da Comunicación Código 613G01007
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Correo electrónico
nieves.brisaboa@udc.es
Profesorado
Cortiñas Álvarez, Alejandro
De Moura Ramos, Jose Joaquim
Novo Bujan, Jorge
Ortega Hortas, Marcos
Rodriguez Brisaboa, Nieves
Rouco Maseda, Jose
Correo electrónico
alejandro.cortinas@udc.es
joaquim.demoura@udc.es
j.novo@udc.es
m.ortega@udc.es
nieves.brisaboa@udc.es
jose.rouco@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dar a coñecer aos/ás estudantes as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no eido dos estudos lingüísticos e literarios; así como axudarlles a desenvolver un conxunto elemental de competencias - de carácter eminentemente práctico - como base para o uso de todo tipo de ferramentas TIC.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario A1
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de aplicacións didácticas A15
Coñecer e utilizar ferramentas de traballo colaborativo e as súas posibilidades B1
B2
B3
B9
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de presentacións e difusión de contidos multimedia A1
A15
B2
Coñecer e utilizar ferramentas para o tratamento e busca de información A1
A15
B1
B2
Coñecer e utilizar ferramentas de producción, xestión e exposición de contidos
Coñecer as posibilidades tecnolóxicas actuais e as súas posibilidades, en relación cos estudos lingüísticos e literarios
Aprender a adaptarse a cambios e innovacións tecnolóxicas
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de aplicacións didácticas
Coñecer e utilizar ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario
Coñecer e utilizar ferramentas de traballo colaborativo e as súas posibilidades
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de presentacións e difusión de contidos multimedia
Coñecer e utilizar ferramentas para o tratamento e busca de información
Coñecer e utilizar ferramentas de producción, xestión e exposición de contidos
Coñecer as posibilidades tecnolóxicas actuais e as súas posibilidades, en relación cos estudos lingüísticos e literarios
Aprender a adaptarse a cambios e innovacións tecnolóxicas
Coñecer as posibilidades tecnolóxicas actuais e as súas posibilidades, en relación cos estudos lingüísticos e literarios
Coñecer e utilizar ferramentas para o tratamento e busca de información
Coñecer e utilizar ferramentas de producción, xestión e exposición de contidos
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de presentacións e difusión de contidos multimedia
Coñecer e utilizar ferramentas de traballo colaborativo e as súas posibilidades
Coñecer e utilizar ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario
Coñecer e utilizar ferramentas para a realización de aplicacións didácticas
Aprender a adaptarse a cambios e innovacións tecnolóxicas

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución aos conceptos básicos de informática 1.1 Conceptos básicos de Computadores, Hardware, Software, Redes, Internet.
1.2 Aplicacións das TIC aos estudos lingüísticos e literarios
2. Multimedia. Imaxe, video, son. Produción e distribución. 2.1 Representación de imaxe, vídeo e son
2.2 Xeración de contidos multimedia
2.3 RSS.
3. Ferramentas para a compilación, organización e análise de datos de interese lingüístico e literario 3.1 Introdución aos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD)
3.2 Bases de datos documentais. Linguaxes de consulta sobre BDs documentais
4. Bibliotecas Dixitais e Recuperación de Información 4.1 Bases de datos Documentais.
4.2 Catálogos informatizados e Bibliotecas Dixitais.
4.3 Tipoloxías de Bibliotecas Dixitais.
4.4 Recuperación de Información: Precisión e Recuperación.
5. Didáctica 5.1 Aplicacións didácticas. Estándares e-learning
5.2 Exercicios interactivos. Autoaprendizaxe.
6. Ferramentas para o tratamento e busca de información na sociedade do coñecemento 6.1 Linguaxes e estándares: HTML, XML
6.2 Ferramentas de tratamento e busca de información
7. Ferramentas básicas de produción, xestión e exposición de contidos 7.1 Procesadores de texto
7.2 Aplicacións de presentación

8. Ferramentas de traballo colaborativo 8.1 Web 2.0
8.2 Blogs e wikis
8.3 Ofimática en web

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Traballos tutelados 7 21 28
Prácticas a través de TIC 13 39 52
Actividades iniciais 1 2 3
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte dos docentes, de contidos nunha aula convencional, incluíndo demostracións do uso de ferramentas TIC
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes
Prácticas a través de TIC Realización de pequenas actividades na aula informatizada, para a adquisición de competencias no uso de diferentes ferramentas TIC
Actividades iniciais Introdución ao manexo de ferramentas básicas necesarias durante o curso.
Proba mixta Realización dunha proba escrita para demostrar os coñecementos e competencias adquiridos en relación á materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Asistencia a pé de aula durante a realización das actividades propostas.
Resolución de dúbidas en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de una clase para a seguinte 5
Proba mixta Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
Traballos tutelados Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes 20
Prácticas a través de TIC Actividades curtas a desenvolver na aula informatizada. Cada semana será proposta unha nova actividade. As actividades realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 25
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • O 20% da nota global da materia corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática.
  • O 25% da nota global da materia corresponderá ao desenvolvemento das prácticas na aula de informática ao longo do curso.

  • Finalmente outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se propoñan na mesma nos diferentes temas.

OBSERVACIÓNS:

  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade

A segunda oportunidade constará de tres partes:

  • Proba escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
  • Proba escrita práctica (30% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
  • Dous traballos prácticos (20% da nota final) para recuperar a nota dos traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira oportunidade.

OBSERVACIÓNS:

  • Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Aqueles alumnos que se presentan ao examen extraordinario (ou adiantado) de decembro, examinaranse segundo o especificado na segunda oportunidade.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade demostrar o seu desenvolvemento no manexo das ferramentas informáticas usadas nos grupos medianos mediante un exame práctico que valerá o 30% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade examinaranse como o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías