Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Código 613G01009
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Velasco Souto, Carlos Francisco
Correo electrónico
carlos.velasco@udc.es
Profesorado
Alonso Troncoso, Victor
Velasco Souto, Carlos Francisco
Correo electrónico
v.alonso.troncoso@udc.es
carlos.velasco@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Analise do discurso histórico como marco de referencia para os estudos linguisticos e literarios. Comentario dalguns dos conceptos básicos no uso e a escritura da historia como a temporalidade, o espazo, suxeito, obxecto e evolución do discurso histórico.
Plan de continxencia MODIFICACIÓNS DA GUÍA DIDÁCTICA
Addenda á Guía Docente por mor do COVID19


Modificacións nos contidos:
Non Hai cambios.

Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen:
Proba obxectiva, Recensión, Lecturas.

• Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral; Discusión dirixida/Obradoiro.

-A Sesión Maxistral fornecedora dos contidos a examinar será substituída polo material fotocopiado e auto-explicativo facilitado no principio do curso, onde se desenvolve por extenso o programa da materia; acompañado de material digitalizado facilitado ao longo do curso se as circunstancias o requeriren. Así mesmo, para a preparación do ponto 4.4 do apartado de Contidos, deberán descarregar da rede o artigo electrónico da autoría do profesor Carlos Velasco Souto (2011), “Discurso histórico e construçom da identidade nacional. O caso da Galiza” e estudar o seu apartado introductorio (unhas 10 páxinas). A referencia do mesmo áchase indexada no apartado Fontes de Informaçión deste Guía Docente.

-Discusión dirigida/Obradoiro: Os debates na aula serán substituídos por comentarios escritos sobre os mesmos materiais, previamente digitalizados e remetidos ao alumnado.


.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramenta: Correo electrónico
Temporalización: Sen frecuencia definida

Modificacións na avaliación:

Metodoloxías:

-Proba obxectiva.
Peso na cualificación: 40%
A proba obxetiva non presencial será realizada en modalidade síncrona a través de Moodle e correo electrónico e sen vixilancia. Durará arredor de 90 minutos e consistirá en cuestións que os alumnos deberán responder previa reflexión e utilización de material impreso e digital no seu poder. Transcorrido ese tempo, deberán remeter os seus exercicios a través de Moodle e correo electrónico ao profesor. Caso de problemas de conectividade, a alternativa será formular aos alumnos un ou dous temas para reflexión, que deberán entregar nun par de dias por correo electrónico.

-Recensión bibliográfica.
Peso na avaliación 50%
Este exercicio será entregado telematicamente no mes de marzo polo alumnado.

-Discusión dirixida/Obradoiro.
Peso na avaliación: 10%
A avaliaçión conxunta destas metodoloxías será feita conforme ás intervençións do alunado realizadas antes da suspensión da presencialidade ou, no seu caso, substituído por comentarios de materiais digitalizados.

Observacións de avaliación:
1.Na segunda oportunidade o alumnado só terá que presentarse ás metodoloxías que non teña aprobado na primeira. Gárdanse portanto as cualificacións de aprobado cando as houber.
2. No caso concreto das metodoloxías Discusión Dirixida/Obradoiro, na segunda oportunidade os alumnos/as entregarán un número de comentarios referidos ao material obxeto de discusión nas aulas presenciais (textos e capítulos de novela histórica) en cantidade equivalente ao número de sesión realizadas ou, no seu caso, dos materiais digitalizados facilitados.

. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai.





Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar e comentar textos e discursos históricos utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Ter e saber aplicar os coñecementos básicos que permitan reflexionar sobre a disciplina histórica A2
B3
C4
Coñecer o uso que dos conceptos fundamentais tratados se ten feito polos propios historiadores A23
B3
C4
Coñecer a aportación da historia, a literatura e a memoria para a representación do pasado A2
B1
C1
Saber que os conceptos, as escrituras e a investigación histórica están en permanente construcción. A2
A23
B1
B3
C1
C6
Utilizar os coñecementos e técnicas propias da historia no ámbito doutras disciplinas, nomeadamente as relacionadas coa linguaxe como a lingüística e a literatura. A1
A2
A3
A23
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C7
C8
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar críticamente información especializada. A11

Contidos
Temas Subtemas
1. Consideracións xerais acerca da Historia 1.1. Conceito de Historia
1.2. Obxecto e suxeito da Historia
1.3. Método e Teoría
1.4. O espazo e o tempo na Historia
2. O discurso histórico na Antiguidade 2.1. Os precedentes de Egipto, Mesopotamia e outras altas culturas urbanas
2.2. Da historiografía grega ás interpretacións proféticas do cristianismo
3. Da teocracia medieval ao racionalismo da Ilustración 3.1. A teoría das "tres ordes" do feudalismo
3.2. As crónicas medievais
3.3 A singularidade das historiografias non cristiás. Ibn Jaldun; a historiografía chinesa.
3.4. A crítica renacentista
3.4. A racionalidade ilustrada
4. Revolución francesa e liberalismo: o salto cara a construción da Historia como ciencia 4.1. O nacimento da historiografía moderna.
4.2. Discurso histórico e nacionalización do pasado
4.3. As variantes do discurso histórico: liberalismo, romantismo, positivismo e historicismo alemán
4.4 A literatura histórica: literaturas nacionais e sistemas literarios
4.5 Alguns estudos de caso
5. As multitudes na Historia 5.1. A renovación dos "Annales" e a Historia Económica
5.2. O materialismo histórico
6. A crise do discurso histórico nos finais do século XX. 6.1. A destrución da Historia como ciencia
6.2 A volta á narración e outras alternativas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 2 30 32
Recensión bilbiográfica A2 A10 B1 B3 B5 B6 B7 C1 0 25 25
Obradoiro A1 A2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 7 4 11
Lecturas A3 A11 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 0 38 38
Sesión maxistral B1 B5 B6 B7 B8 C7 C8 21 0 21
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 14 7 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos estudados no curso e recolhidos no temario da materia.
Recensión bilbiográfica Reseña dun libro indicado polo profesor. A recensión non supón un simple resumo da obra senon unha lectura profunda, unha analise do seu contido e unha valoración crítica se proceder. A extensión non excederá das seis follas mecanografadas, por una só cara, a tamaño 12 (descontada a capa).
No presente curso, o libro a recensar será o seguinte: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Pasado y Presente.
Obradoiro Análise, comentario e debate dunha novela historica en grupos reducidos. Deberán participar no debate todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán substituir a intervención na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a a un cronograma previamente combinado.
Lecturas Lectura por conta do aluno do material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. As tais lecturas estarán relacionadas coa materia do temario.
Sesión maxistral Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da asignatura
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán substituir a intervención nas aulas pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a un cronograma previamente combinado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Recensión bilbiográfica
Descrición
Na proba obxectiva o profesor deberá resolver as dúbidas que poda levantar a formulación das perguntas ou calquera cuestión relacionada coa materia obxecto de exame. Tamén deberá esclarecer a modalidade de exame a realizar e a correspondente valorización de cada pergunta.

No caso da recensión, o profesor clarificará igualmente todas as dúbidas colocadas polo aluno a respeito da elaboración da mesma.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 Será avaliada a exposición realizada polo aluno consoante a criterios de articulación e coerencia expositiva e adecuación ás cuestións formuladas. 40
Recensión bilbiográfica A2 A10 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Será obxecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade expositiva do discurso. 40
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propia coa dos compañeiros e compañeiras da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 10
Obradoiro A1 A2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar e debater en grupo e a receptividade para coas argumentacións dos demáis.
10
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia é obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades  encargadas durante o curso. 

 2. Serán avaliados os alumnos que asistiren à proba obxectiva e entregaren a recensión bibliográfica. Onde non, serán considerados como non presentados. 

 3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán unha diminución da nota. 
 4.Os alumnos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías. 
 5. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro), serán avaliadas unicamente aquelas metodoloxías que nom tiverem sido superadas na primeira oportunidade, conservándose para as restantes metodoloxías as cualificacións obtidas en xuño. 
6. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro), a avaliación das actividades interactivas correspondentes ás metodoloxías "Obradoiro" e "Discusión dirixida" será realizada sobre a base da presentación, por parte do alumno/a, de resumos ou comentarios das leituras obxecto de debate nas ditas actividades ao longo do curso. 
 7. Recoméndase á todos os alumnos/as matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriores) que entreguen unha ficha con foto actualizada a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades por parte do profesor.

Fontes de información
Bibliografía básica Burrow, John (2007). Historia de las historias. Barcelona, Crítica
Fontana, Josep (1982). Historia. Análisis del pasado y proyecto social. Barcelona, Crítica
Pagés, Pelai (1983). Introducción a la Historia. Barcelona, Barcanova
Fontana, Josep (1999). Introducción al estudio de la Historia. Barcelona, Crítica

Bibliografía complementaria Fernández Pérez-Sanjulián, C. (2003). A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. Concello de Pontevedra e Fundación Caixa Galicia
Ferreira da Cunha, C. M. (2002). A construçäo do discurso da história literária na literatura portuguesa do século XIX.. Universidade do Minho. Centro de Estudos Humanísticos
Hobsbawm, E. e Ranger, T. (1984). A invençäo de tradiçöes. Rio de Janeiro, Paz e Terra
Thompson, J. (2009). As novelas da memoria: trauma e representación da historia na Galicia contemporánea.. Vigo, Galaxia
Velasco Souto, C. F. (2011). Discurso histórico e construçom da identidade nacional. O caso da Galiza. http://illa.udc.es/novelahistoricagalega/estudos/estudos.html
Salinas Portugal, F. (2003). Emerxencia literaria e construción nacional: o romance fundacional. A Tavares (0rg.):Estudos Galego Brasileiros. Rio de Janeiro
González -Stephan, B. (2002). Fundaciones: canon, historia y cultura nacional. La historiografía literaria del liberalismo hispanoamericano del siglo XIX.. París/Frankfort, Iberoamericana-Vervuert.
Vega, Mª J. (2003). Imperios de papel. Introducción a la crítica postcolonial. Barcelona, Crítica
Ainsa, F. (1997). Intervención literaria y "reconstrucción" histórica en la nueva narrativa latinoamericana.. K. Kohut (ed.): La invención del pasado. La novela histórica en el marco de la posmodernidad. Frankf
Thiesse, A. M. (2010). La creación de las identidades nacionales. Madrid, Ezaro
Casanova, P. (2001). La República mundial de las letras.. Barcelona, Anagrama
Moradiellos, E. (2002). Las caras de Clío. Introducción a la historia. Madrid, Siglo XXI editores
Velasco Souto, C. F. (2011). Memoria histórica, identidade nacional e discurso literário na Galiza. Helena Rebelo (org.): Lusofonia. Tempo de reciprocidades. Porto, Ed. Afrontamento
LLorens, I. (1998). Nacionalismo y literatura. Constitución e institucionalización de la "república de las letras cubanas". Universitat de LLeida
Bermejo Barrera, J. C. (2000). Pensa-la Historia. Ensaios de Historia teórica. Vigo, Ir Indo
Hernández Sandioca, E. (2004). Tendencias historiográficas actuales. Madrid, Akal
Carr, E. H. (2003). ¿Qué es la historia?. Barcelona, Ariel


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O profesor recomenda para un desenvolvemento satisfactorio da materia: - Seguemento puntual das clases - Realización das lecturas obrigatorias - Mantimento dunha actitude autocrítica co traballo realizado, sempre na procura dunha mellora constante - Recorrer ao profesor no momento en que ao aluno se lle apresentaren dúbidas e problemas



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías