Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Literatura Española Código 613G01011
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Fernández Berrocal, María Encina
Martín Molares, Mónica
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
encina.fberrocal@udc.es
monica.martin.molares@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución á Historia da Literatura Española a través dos seus principais autores e obras.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principais autores e obras da Literatura española e valorar criticamente as súas producións. A1
A2
A5
A11
A15
A17
B1
B5
B6
B7
B10
Adquirir capacidades e sentido crítico para o estudo e a análise literaria de textos españois. A1
A2
A5
A11
A15
A17
B1
B5
B6
B7
B10

Contidos
Temas Subtemas
1. Idade Media 1.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura medievais
1.2. Análise e comentarios de las Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique.
1.3. Análise e comentarios de La Celestina.
2. Século XVI 2.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Renacemento.
2.2. Análise e comentarios de Garcilaso de la Vega e frei Juan de la Cruz.
3. Século XVII

3.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Barroco
3.2. Análise e comentarios de El Quijote.
3.3. Análise e comentarios de lírica do XVII.
3.4. A comedia áurea en El caballero de Olmedo, de Lope de Vega.
4. Da Ilustración ao Naturalismo
4.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura nos séculos XVIII e XIX.
4.2. Movementos, autores e xéneros.
4.3. Análise e comentario de El sí de las niñas.
4.4. Análise e comentario de Espronceda e de Bécquer.
4.5. Analise e comentario de obras do Realismo. Cuentos de Pardo Bazán.
5. Do Modernismo á actualidade 5. 1. Introdución: sociedade, cultura e literatura contemporáneas e actuais.
5. 2. Movementos, autores e xéneros.
5.3. Análise e comentario de prosa e lírica modernista. Azorín e Rubén Darío.
5.4. Análise e comentario de poesía das vanguardas e 27. Lorca, Alberti, Cernuda.
5.5. Análise e comentario de Don Julián (Reivindicación del Conde don Julián).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 42 10 52
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 22 22 44
Lecturas A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 0 80 80
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 4 40 44
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns e terán carácter teórico e expositivo. No formato de grupo reducido tense como obxectivo favorecer a participación activa do alumnado, que computa igualmente para a cualificación final.
Obradoiro Nas aulas en grupo reducido desenvolveranse comentarios guiados sobre textos das lecturas. Á final de cuadrimestre avaliaranse, mediante proba escrita e controis, a destreza adquirida nestes comentarios e as lecturas realizadas.
Lecturas En todas as aulas traballarase sobre textos de lectura obrigatoria, indicados na presente guía docente ou en Moodle. Cómpre facer as lecturas antes da explicación do tema, para o seu correcto aproveitamento.
Proba obxectiva Unha proba escrita (exame) na data oficial asignada no mes de xuño, con nova convocatoria de segunda oportunidade en xullo. Nestas probas, o alumnado deberá amosar o seu dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Lecturas
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada de carácter presencial darase durante o horario oficial de titorías ou, no seu caso, a través da plataforma Moodle ou por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. 20
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
Lecturas A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. 20
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 A sesión maxistral vai ligada á aprendizaxe colaborativa, que aparece debaixo. Computarase en relación con ela: asistencia, participacións, etc. 10
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación final obterase polas probas escritas (exames) en convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia.

2. Con independencia do anterior, haberá un exame opcional en xaneiro que permitirá liberar materia da primeira parte da asignatura.

3. O 40% obterase pola realización de actividades durante o curso. Un 20% corresponde a dous comentarios de texto e outro 20% para dous controis de lectura. En ambos casos, as probas serán por escrito, en horario de curso, á final de cada período, en decembro e maio.

4. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención á aprendizaxe colaborativa.

5. Para obter cualificación é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

6. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 4, que se manterá na segunda oportunidade.

7. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: “Dispensa de asistencia", en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. A dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia. Esa porcentaxe trasládase ás actividades, que pasarán a contar cada unha o 25% da cualificación final.

8. O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas ten a opción de acollerse ao sistema anterior, mediante aceptación expresa, comunicada a través dun correo electrónico a luis.caparros@udc.es, co mesmo asunto e sempre antes do día 15 de setembro.

9. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira, será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

10. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames.

11. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle.

12. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional:
http://www.udc.es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado.html O resto de normativa pode consultarse en: http://www.udc.es/normativa/academica/


Fontes de información
Bibliografía básica

Lecturas obrigatorias

.

PRIMEIRA PARTE

Idade Media

1. Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique (pdf en Moodle).

2. Fernando de Rojas, La Celestina, ed. de F. J. Lobera, G. Serés e outros. Madrid: Real Academia Española, 2011.

––Edición alternativa: P. E. Russell, ed. Madrid: Castalia, 1991.

––Edición alternativa: D. S. Severin, ed. Madrid: Cátedra, 1992.

Século XVI

3. Selección de textos de Garcilaso de la Vega e frei Juan de la Cruz (pdf en Moodle).

Século XVII

4. Miguel de Cervantes, capítulos 23 a 27 da Primeira parte de Don Quijote de la Mancha, edición en liña do Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes), dirixida por Francisco Rico: < http://cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/ > (consultado a 23/06/2015).

––Edición alternativa, en papel. Barcelona: Instituto Cervantes, Galaxia Gutenberg (Círculo de Lectores) e Centro para la Edición de los Clásicos Españoles, 2004 (2 vols.).

5. Selección de textos líricos do XVII (pdf en Moodle).

6. Lope de Vega, El caballero de Olmedo, ed. Francisco Rico, 12ª ed. Madrid: Cátedra, 2004.

––Edición alternativa, electrónica, por Ignacio Arellano, Universidad de Navarra: < http://www.unav.edu/centro/griso/files/file/materiales_docentes/Caballero_Olmedo_Lope.pdf > (consultado o 25/06/2015).

.

SEGUNDA PARTE

Século XVIII

7. Fernández de Moratín, Leandro, El sí de las niñas. Barcelona, Crítica, 1994.

Século XIX

8. Pardo Bazán, Emilia, Cuentos, selección facilitada pola profesora.

9. Selección de poemas de Espronceda e Bécquer, facilitada pola profesora.

Século XX

10. Selección de poemas Vanguardia e 27, facilitada pola profesora. 

11. Goytisolo, Juan, Don Julián, ed. L. Gould Levine, Madrid, 2004.

Século XXI

12. Selección de textos, facilitada pola profesora.

Bibliografía complementaria

Lecturas recomendadas

Manuais

Alberich, J. et al., dir., Historia de la Literatura Española, Madrid: Cátedra, 1990.

Alvar, C., J. C. Mainer y R. Navarro Durán, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza Editorial, 1997.

Mainer, J. C. dir., Historia de la literatura española, Barcelona: Crítica, 2010. 9 vols.

Rico, F. dir., Historia y crítica de la literatura española, Barcelona: Crítica, 1983-.

Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de la literatura española, Madrid: Castalia, 2009.

Estudos

Aguilar Piñal, F., Introducción al siglo XVIII, Madrid: Júcar, 1991.

Bataillon, Marcel, Erasmo y España: estudios sobre la historia espiritual del siglo XVI, trad. de Antonio Alatorre, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1995. [2ª ed., 5ª reimp.]

Curtius, Ernst, Literatura europea y Edad Media Latina, México: FCE, varias eds.

García de la Concha, V., ed., El Surrealismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1982.

Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989.

Guillén, Claudio, El primer Siglo de Oro: estudios sobre géneros y métodos, Barcelona: Crítica,1988.

Lewis, C.S., La imagen del mundo: introducción a la literatura medieval y renacentista, Barcelona: Península, 1997.

Lissorgues, Y., M. Palenque Francisca Soria, “Del Realismo al Fin de Siglo. Sociedad y arte literario”, en V. García de la Concha, dir., y F. Romero Tobar, coord., Historia de la literatura española. Siglo XIX, Madrid: Espasa-Calpe, 1998, pp. 1-90.

Litvak, L., ed., El Modernismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1975.

López Bueno, B., coord., La Renovación Poética del Renacimiento al Barroco, Madrid: Síntesis, 2006.

Mainer, J. C., La Edad de Plata (1902-1939), Madrid: Cátedra, 1983.

Mainer, J. C., De posguerra (1951-1990), Barcelona: Crítica, 1994.

Riley, Edward C., Cervantes’ Theory of the Novel, Oxford: Clarendon Press, 1962, traducido como Teoría de la novela en Cervantes, Madrid: Taurus, 1966.

Romero Tobar, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.

Ruiz Pérez, P., Manual de literatura española de los siglos de oro, Madrid: Castalia, 2000.

Strosetzki, Christoph, ed., Teatro español del Siglo de Oro: teoría y práctica, Frankfurt am Main: Vervuert, 1998.

Yndurain, Domingo, Humanismo y Renacimiento en España, Madrid: Cátedra, 1994.

________________

Para a primeira parte da asignatura, unha fonte complementaria de información será a páxina de Facebook "Lata de Lite": https://www.facebook.com/latadelite/

________________

Lecturas bibliográficas de HCLE: volumes 6, 6/1, 7, 7/1, 8, 8/1, 9 y 9/1, relacionadas cos movementos, autores e obras tratados na asignatura. (Reservado na biblioteca da Facultade de Filoloxía).

Como lecturas de ampliación bibliográfica para a segunda parte da asignatura, segundo as necesidades do alumnado, recoméndanse:

  1. Prats i Cuevas, España: Siglo XX (1898-1931). Madrid: Anaya, 1988.
  2. Paniagua,Javier. Espana: Siglo XX (1931-39). Madrid: Anaya, 1988.
  3. Castelló,J.E. Espana: Siglo XX (1939-78). Madrid: Anaya, 1988.
  4. La novela en el siglo XX (Desde 1939).
  5. Ferreras, J. La novela española de nuestrra época. Madrid: Taurus, 1988.
  6. Tusón,V. Poesía Española actual. Madrid: Anaya, 1985.
  7. Huerta Calvo, Joaquín. Historia del teatro español. Siglo XX (Hasta 1939). Madrid: Gredos, 1988.
  8. Ferreras, J.i. El teatro en el siglo XX: Desde 1939. Madrid: Taurus, 1988.
  9. Díez Huélamo, Begoña. Obras clave de la lírica española en lengua castellana. Barcelona: Ciclo, 1990.
  10. Ferreres, Rafael. Los límites del modernismo y el 98. Madrid: Taurus, 1981.
  11. Jackson, G. Aproximación a la España Contemporánea, 1898-1975. Barcelona: Grijalbo, 1980.
  12. Mainer, José Carlos. Modernismo y 98, VI. Historia y crítica de la literatura española. Barcelona: Crítica, 1980.
  13. Orozco, Emilio. Modernismo y barroco. Madrid: Cátedra, 1990.
  14. Shaw, Donald. La generación del 98. Madrid: Cátedra, 1977.
  15. Zavala, Iris M. Fin de siglo: modernismo, 98 y bohemia. Madrid: Cuadernos para el Diálogo, 1974.
  16. Fernández Santander, Carlos. Bibliografía de la novela (1936-1986). A Coruña: Librería Arenas, 1986.
  17. Garrido Gallardo, Miguel Angel. "La teoría de la literatura española en el último lustro: Ensayo bibliográfico", en Varia Bibliográfica: Homenaje a José Simón Díaz. Kassel: Reichenberger, 1988.
  18. González de Mendoza, Pilar. Catálogo bibliográfico de la novela española, 1960-1980; 3 vols. Madrid: Universidad Complutense de Madrid, 1988.
  19. Martínez Cachero, J. M. "Bibliografía crítica sobre la novela española entre 1936 y 1980", en La novela española entre 1936 y 1980. Madrid: Castalia, 1985, 481-589.
  20. Bousoño, Carlos. Poesía poscontemporánea (Cuatro Estudios y una introducción). Madrid: Júcar, 1985. Paulino Ayuso, José.
  21. Garcia Lorenzo, Luciano, y María Francisca Vilches de Frutos."El teatro español del siglo XX: Estado de lainvestigación y últimas tendencias". Siglo, 2 (1984-85), 1-14.
  22. García Posada, Miguel. La nueva poesía: 1975-1992. Barcelona: Crítica, 2009.
  23. Podol, Peter, et al. "El drama español del siglo XX: Estado de la cuestión bibliográfica". Estreno: 13 (1987), 32-36; 14 (1988), 59-63;15 (1989), 29-39.
  24. Romera Castillo, José."Bibliografía", en "Texto y representación desde la perspectiva semiótica: un estado de la cuestión", en Simposio "O Teatro e o seu Ensino". A Coruña: Universidade da Coruña, 1993.
  25. García de la Concha, Victor. La poesía española de 1935 a 1975. Madrid: Cátedra, 1987.
  26. Lechner, J. El compromiso en la poesía española del siglo XX (II: 1939-1974). Leiden: Universitaire Press, 1975.
  27. Paulino Ayuso, José. La poesía en el siglo XX; desde 1939. Madrid: Playor, 1983.
  28. Prat, Ignacio. Estudios sobre poesía contemporánea. Madrid: Taurus, 1983.
  29. Provencio, Pedro. Poéticas españolas contemporáneas: La generación del 70. Madrid: Hiperión, 1988.
  30. Sanz Villanueva, Santos. Literatura actual. Historia de la literatura española. Siglo XX, Tomo 6/2. Barcelona: Ariel, 1984.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Española 1/613G01001
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua e Cultura Clásica/613G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia regular ás aulas é indispensable. Calquera circunstancia que a dificulte deberá ser comunicada e consultada co profesorado ao inicio do curso.

Salvo indicación en contra, non se admitirán traballos por correo electrónico. O único soporte para a entrega será o papel.

As lecturas obrigatorias faranse nas edicións críticas recomendadas arriba ou, no seu caso, nas consultadas co profesorado.

A guía docente é o documento público onde se visualiza a proposta académica da UDC e o marco regulamentario oficial destes estudos. Como tal, é o documento de referencia que obriga a docentes e a estudantes.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías