Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Literatura Galega Código 613G01012
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Rivadulla Costa, Diego
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
t.lopez@udc.es
diego.rivadulla@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo da literatura galega a través dos seus textos máis representativos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar as técnicas de análise literaria. A1
A2
A15
B7
C1
Realizar por escrito documentos científicos (recensións, comentarios, etc.) A2
A9
A11
A15
B1
B6
B7
C6
Coñecer as principais etapas da literatura galega, da Idade Media á contemporaneidade. A7
A11
A14
B3
B8
C6
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á literatura galega. A11
A14
B1
B3
B7
C6
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. A7
A11
A14
A15
B9
B10
C1
C6
Coñecer e manexar os principais recursos web e bibliográficos sobre a literatura galega nas súas diferentes etapas. A11
B1
B3
C6
Ser capaz de pór en relación os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras de características similares. A11
A14
A15
B3
B5
C6
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. A4
A9
A15
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura galega 1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas.
2. Literatura medieval galego-portuguesa. 2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval.
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. 3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega?
4. O século XIX. O Rexurdimento. 4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A poesía. Eduardo Pondal. Manuel Curros Enríquez.
4.4 A prosa e o teatro. Período Intersecular.
5. O século XX. 5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 Grupo Nós. Vicente Risco. Ramón Otero Pedrayo. Afonso Daniel R. Castelao.
5.1.2 As Vangardas. Manuel Antonio.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio
5.2.1 Luís Seoane.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa. Eduardo Blanco-Amor.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores. Álvaro Cunqueiro.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa. Xosé Luís Méndez Ferrín.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 C6 1 0 1
Análise de fontes documentais A1 A9 A11 A15 11 11 22
Lecturas A4 A7 B3 B6 B7 0 40 40
Prácticas a través de TIC B1 B3 B4 1 1 2
Sesión maxistral B8 B9 30 21 51
Presentación oral A2 A4 A9 C1 10 10 20
Seminario A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 12 10 22
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 2 2 4
Traballos tutelados A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 2 20 22
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 4 35 39
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...).
Lecturas Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado.
Prácticas a través de TIC Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado.
Presentación oral Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Seminario Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado.
Proba mixta Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Análise de fontes documentais
Descrición
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 O traballo titorizado consistirá na redacción de unha entrada para a Galipedia ou na revisión doutra xa existente. O traballo será exposto oralmente na aula e a redacción definitiva será entregada unha semana despois da presentación oral.
Con carácter xeral o traballo realizarase en grupos de tres estudantes.
Instrucións específicas serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma moodle.
20
Seminario A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 Nas sesións en forma de seminario, cada estudante deberá realizar a presentación oral dun artigo académico de acordo coas instrucións do profesorado.
Valorarase tamén a participación efectiva de cada estudante na discusión das presentacións no conxunto das sesións.
20
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
50
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada a ficha de valoración que estará disponíbel na plataforma moodle.
10
 
Observacións avaliación














1. Requisitos para
superar a materia

Para superar a materia, tanto na
primeira como na segunda oportunidade, a
cualificación mínima da proba escrita
deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación
final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades
avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen
obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final
4,9.

 2. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se
presente a ningunha das partes da proba escrita. 

Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a
consideración de PRESENTADO/A.

3. Segunda oportunidade

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha
segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser
presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas
anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

O alumnado que acadase a
cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4
sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

4. Dispensa académica

O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións
especiais de avaliación:

1. Proba mixta (60%).

2. Traballo titorizado (25 %).

3. Seminario (15 %).

Para fixar as condicións
específicas do traballo titorizado e do seminario e, no seu caso, as datas de
entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa
profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes
do día 10 de outubro
.

5. Alumnado de segunda
matrícula e posteriores
ou con incompatibilidade
horaria por razóns laborais

O alumnado con estas características
que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito
a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 30 de setembro.

6. Convocatoria adiantada de
decembro

Consistirá na
realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50%
da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Obras de lectura:

Selección de textos medievais.

Rosalía de Castro, Cantares gallegos.

Afonso Daniel R. Castelao, Cousas.

Ramón Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa.

Rafael Dieste, A fiestra valdeira.

Luís Seoane, A soldadeira.

Eduardo Blanco-Amor, A esmorga.

Álvaro Cunqueiro, Herba aquí e acolá.

Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe.

Teresa Moure, Herba moura.

Cando for preciso, o profesorado indicará cales son as edicións recomendadas para a lectura.

Bibliografía complementaria

O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma virtual moodle. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes:

Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.
Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997.
Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña.
Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999.
Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000.
Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999.
VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols.

E os recursos en liña:

Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura: http://www.poesiagalega.org/

Asociación de escritores en lingua galega, cun centro de recursos virtuais: http://www.aelg.org

Biblioteca virtual de prensa histórica: http://prensahistorica.mcu.es/es/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion

Biblioteca virtual galega da Universidade da Coruña: http://bvg.udc.es/index.jsp

Centro Ramón Piñeiro: dicionario de termos literarios, base de datos da lírica profana galego-portuguesa, informes de literatura: http://www.cirp.es

Fundación Curros Enríquez: http://www.currosenriquez.es/

Fundación Rosalía: http://www.rosaliadecastro.org

Galiciana. Biblioteca de Galicia: http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion

http://www.culturagalega.org/lg3 (portal da lingua do Consello da Cultura Galega)

Mediateca do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.org/mediateca/index.php

Plataforma open access de revistas científicas electrónicas españolas e latinoamericanas: http://www.erevistas.csic.es/directorio.php?idClas=6

Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, Projeto Littera da Universidade de Lisboa: http://cantigas.fcsh.unl.pt

Real Academia Galega, hemeroteca e biblioteca virtual: http://academia.gal

Repositorio institucional da Universidade da Coruña: http://ruc.udc.es/dspace/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía.

Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, a plataforma moodle e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías