Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Lingua Española 2 Código 613G01013
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Mascato Rey, Rosario
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
Profesorado
Mascato Rey, Rosario
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo normativo da lingua española. Introdución ao problema da corrección idiomática. Aplicación á lingua española a teor do establecido pola RAE.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Obter un coñecemento detallado sobre a corrección idiomática e os principais aspectos normativos da lingua española. A5
A11
A14
A21
A23
B3
B4
B5
B6
B8
C6
Coñecer e aprender a manexar diversos recursos para resolver dúbidas sobre a norma do español. A5
A11
A14
A23
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B10
C6
Saber localizar en textos reais errores idiomáticos e corrixilos razoadamente. A5
A10
A11
A15
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. A corrección idiomática. A lingua estándar. A gramática normativa 1.1. A lingua estándar ou lingua exemplar
1.2. A norma do español
2. Ortografía e ortoloxía do español 2.1. Ortografía
2.2. Ortoloxía
3. Aspectos léxico-semánticos 3.1. Uso do léxico
3.2. Préstamos e estranxeirismos
4. Cuestións normativas e clases de palabras 4.1. Substantivo e adxectivo
4.2. Determinantes e numerais
4.3. Verbo
4.4. Pronome
4.5. Preposición
4.6. Conxunción
4.7. Adverbio
5. Cuestións normativas na construción sintáctica 5.1. Concordancia ad sensum
5.2. Anacoluto
5.3. Outros

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C6 30 8 38
Lecturas A5 A10 A11 A14 A21 A23 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 0 15 15
Obradoiro A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 15 15 30
Traballos tutelados A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 15 25 40
Análise de fontes documentais A5 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B7 C6 0 25 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica, por parte do profesorado, dos contidos da materia.
Lecturas Lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario.
Obradoiro Realización de prácticas nas que se inclúen procuras de solución a determinados problemas, probas de discriminación, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise crítica de determinadas lecturas, traballo en grupo.
Traballos tutelados Traballo en grupo no que se aplicarán os coñecementos adquiridos á detección de erros e corrección de textos de forma xustificada. A preparación do traballo farase baixo a tutela do profesorado. As indicacións para a realización do mesmo serán distribuidas entre o alumnado a través da plataforma Moodle.
Análise de fontes documentais O alumnado realizará actividades para a súa familiarización coas fontes documentais esenciais da materia, a fin de facilitar o seu desempeño e autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Para todas as probas avaliábeis, o profesorado estará disponíbel en horario de titorías para resolver as dúbidas que poidan xurdir. No caso concreto dos traballos tutelados, ademais, para ter un seguimento do proceso de elaboración, dedicaranse unhas horas de traballo na aula a que os grupos expoñan as dificultades coas que se van atopando e daránselles as indicacións oportunas para superalas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 Ao longo do cuadrimestre, realizaranse diversas actividades escritas no marco da aula (exercicios, comentarios...). O profesorado seleccionará até un máximo de catro para a súa entrega e avaliación a través da plataforma Moodle. 50
Traballos tutelados A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 Un traballo en grupo (dous ou tres estudantes) no que se poñerán en práctica os coñecementos e competencias adquiridos. As instruccións, materiais e datas de entrega serán oportunamente disponibilizados a través da plataforma Moodle. Este traballo contará coa supervisión do profesorado e un seguimento específico no marco das aulas. 50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Non será admitida a entrega de traballos fora de prazo. 

3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate.

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.

5. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. Porén, o traballo tutelado terá carácter individual (coa conseguinte adaptación de materiais, procedimentos e prazos de entrega). O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instruccións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle. 

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación. 




Fontes de información
Bibliografía básica Coseriu, Eugenio ((1992)). Competencia lingüística. Gredos, Madrid
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2014)). Diccionario de la lengua española. Espasa, Barcelona, 23.ª ed.
Martínez de Sousa, José ((2008)). Diccionario de usos y dudas del español actual DUDEA. Trea, Gijón, 4.ª ed.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2005)). Diccionario panhispánico de dudas. Santillana, Madrid. En línea en http://www.rae.es.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2013)). El buen uso del español. Espasa, Barcelona
Casado Velarde, Manuel ((2008)). El castellano actual. Usos y normas. EUNSA, Pamplona, 9.ª ed.
Paredes García, Florentino (coord.) ((2012)). El libro del español correcto. Claves para hablar y escribir bien en español. Instituto Cervantes- Espasa, Madrid
Gómez Torrego, Leonardo ((2011a)). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Arco Libros, Madrid, 2 vols., 4.ª ed. (act.)
Gómez Torrego, Leonardo ((2011b)). Las normas académicas: últimos cambios. SM, Madrid.
Real Academia Española ((2018)). Libro de estilo de la lengua española. Espasa, Barcelona
Montolío, Estrella (dir.) ((2014)). Manual de escritura: académica y profesional. Ariel, Barcelona
Montolío, Estrella (coord.) ((2008)). Manual práctico de escritura académica. Ariel, Barcelona, 3 vols., reimpr.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2011)). Nueva gramática básica de la lengua española. Espasa, Barcelona.
Real Academia Española- Asociación de Academias de la lengua española ((2009)). Nueva gramática de la lengua española. Espasa, Madrid
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2010b)). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Espasa, Madrid
Seco, Manuel ((2011)). Nuevo diccionario de dudas y dificultades de la lengua española. Espasa, Barcelona
Real Academia Española- Asociación de Academias de la lengua española ((2012)). Ortografía básica de la lengua española. Espasa, Barcelona.
Real Academia Española-Asociación de Academias de la Lengua Española ((2010a)). Ortografía de la lengua española. Espasa, Madrid
Martínez de Sousa, José ((2014)). Ortografía y ortotipografía del español actual. Trea, Gijón, 3.ª ed.

A bibliografía complementaria darase en cada tema. Documentación na plataforma Moodle da UDC.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías