Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua Galega 2 Código 613G01014
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo normativo da lingua galega.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán mudanzas nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías. Unicamente será modificada a modalidade de impartición nas metodoloxías que impliquen presencialidade, a cal será substituída pola modalidade de impartición telemática, realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams ou ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, Moodle e Teams.
4. Modificacións na avaliación
Manteranse todas as metodoloxías presentes na avaliación con normalidade presencial adaptada. No caso da avaliación da “Proba mixta” e da “Presentación oral”, estas realizaranse telematicamente, podendo ofrecerse tanto de maneira síncrona como asíncrona, cuxas características e datas serán comunicadas ao alumnado a través de Moodle con suficiente antelación.
*Observacións de avaliación:
Non haberá modificacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán mudanzas. Se for necesario, o alumnado disporá de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Atinxir un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Ser capaz de elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega A9
Demostrar capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións A10
Conseguir avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica A15
Demostrar coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega A20
Ser capaz de explicar a variación lingüística da lingua galega A21
Coñecer a historia e a cultura da comunidade galega A18
B5
Ser capaz de utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información B1
Adquirir capacidade de autoformación B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Demostrar que é capaz de se expresar correctamente, tanto de forma oral coma escrita, en galego. A19
C1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse B9
C6
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Saber analizar e comentar textos literarios e non literarios utilizando técnicas de análise textual A2
Ser consciente da utilidade e necesidade da diversidade, atuando eticamente perante ela, con parámetros de xustiza e igualdade B8
B10
Coñecer resultados de investigación e colocalos en relación co desenvolvemento tecnolóxico e avance socioeconómico e cultural da sociedade B9

Contidos
Temas Subtemas
1. Norma e calidade lingüística: caracterización do modelo culto da lingua no século XXI 1.1. A norma, a variación lingüística e a calidade lingüística
1.2. Aspectos ortográficos, ortolóxicos e fónicos
1.3. Aspectos morfosintácticos
1.4. Aspectos léxico-semánticos
1.5. Aspectos pragmáticos
2. A variación lingüística: usos e norma 2.1. Variación dependente do/a usuario/a: idade e xénero
2.2. Variación dependente do uso: estilo, contexto e rexistro
2.3. Lingua oral e lingua escrita. A lingua literaria como modelo
3. A planificación do status da lingua galega 3.1. A planificación lingüística e a planificación da lingua galega
3.2. O encadramento legal do galego: evolución histórica e situación actual
3.3. Ámbitos e usos lingüísticos
4. A planificación do corpus da lingua galega 4.1. O proceso de estandarización do galego. Grupos, institucións e critérios normativos
5. As modalidades do galego 5.1. A lingua da Galiza e outros modelos do sistema lingüístico galego-portugués
5.2. Galego, portugués, brasileiro. Análise contrastiva
5.3. A variación linguística na Galiza e na Lusofonía/Galeguía

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A4 A9 A10 A11 A15 B4 B6 B7 C1 0 10 10
Traballos tutelados A2 A4 A9 A10 A11 A15 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 2 30 32
Sesión maxistral A4 A11 A14 A18 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C6 21 10 31
Lecturas A2 A10 A11 A14 B1 B3 B5 B7 C6 0 12 12
Obradoiro A2 A4 A9 A10 A11 A14 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 15 15 30
Presentación oral A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B10 C1 2 6 8
Solución de problemas A2 A4 A9 A10 A11 A15 A19 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 2 24 26
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter teórico-práctico en que se demostrarán os contidos e as competencias adquiridas na materia.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a tutela do profesorado da materia para consolidar os coñecementos teórico-prácticos e para fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa. As indicacións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas en Moodle.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Lecturas Realización da lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario.
Obradoiro Nas sesións de docencia interactiva (grupo intermedio) e nas titorías de grupo reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas, en que se inclúen exercicios escritos, solucións de problemas, probas de discriminación, discusións dirixidas, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise de fontes documentais, prácticas a través de TIC, traballo en grupo e aprendizaxe colaborativa. Alén destas actividades prácticas, destinadas á consolidación dos contidos presentados na "Sesión maxistral", no "Obradoiro" daranse as pautas para poder elaborar as prácticas de entrega englobadas nas metodoloxías denominadas "Solucións de problemas", "Traballo tutelado" e "Presentación oral".
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que realizar unha proba oral a partir das instruccións facilitadas previamente polo profesorado da materia.
Solución de problemas Como complemento á "Sesión maxistral" e ao "Obradoiro", o alumnado deberá realizar unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais de aplicación dos contidos teóricos á práctica. As instrucións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas en Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Obradoiro
Solución de problemas
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente -que non unicamente- para o apoio na realización do "Traballo tutelado". De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.
Así mesmo, para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do traballo, ben no horario de atendemento ben a través do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A4 A9 A10 A11 A15 B4 B6 B7 C1 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os contidos presentados e estudados nas sesións maxistrais e no obradoiro. 40
Traballos tutelados A2 A4 A9 A10 A11 A15 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, os contidos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". 25
Presentación oral A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B10 C1 Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipo e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. 10
Solución de problemas A2 A4 A9 A10 A11 A15 A19 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 Será avaliada a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica e mais a corrección na análise e na expresión escrita, a capacidade analítica e crítica, así como a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 25
 
Observacións avaliación
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.
1.2. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará en Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado ou que non cumpran coas pautas indicadas non serán obxecto de avaliación.
1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o día 06/07/2018 e pendurado en Moodle).
1.4. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente dispoñibilizados polo profesor responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas e/ou a través de Moodle. O/a docente proporcionará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados a unha ferramenta informática para a detección do plaxio e de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario" da Universidade da Coruña (artigo 14).

2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)
2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.
2.2. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á 2.ª oportunidade (xullo). Para superaren a mateira nesta oportunidade, os/as alumnos/as deberán aprobar (con 5 puntos sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, poderán ser recuperadas todas aquelas tarefas non superadas ou non presentadas na oportunidade anterior.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
3.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co profesorado da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos), unha "Presentación oral" (2 puntos) e un "Traballo tutelado" (3 puntos).

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)
4.1. Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non se presentar á "Proba mixta" e que non presentar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
5.1. O estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

6. ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA
6.1. O alumnado de segunda matrícula que non poida asistir ás aulas deberá contactar co profesorado da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica Álvarez de la Granja, M. / González Seoane, E. X. (eds.) (2003) (2003). A estandarización do léxico. Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega
Sánchez Rei, X. M. / Marques, A. (2016). As ciências da linguagem no espaço galego-português: diversidade e convergência. A Coruña, Área de Filoloxías Galega e Portuguesa
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua . A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
Koch, I. G. V. (2005). Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez, 4ª ed.
Regueira, X. L. (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega
Hernández Guerrero, J. A. / M. C. García Tejera (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona. Ariel
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirada, M. (2010). Gramátia práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Bahía
Feixó Cid, Xosé (2004). Gramática da lingua galega. Vigo. Xerais
Vilela, M. / I. Villaça Koch (2001). Gramática da Língua Portuguesa . Coimbra: Livraria Almedina
Hermida Gulías, Carme (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe) . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Estrela, E. / J. D. Pinto-Correia (2001). Guia Essencial da Língua Portuguesa para a Comunicação Social. Lisboa. Editorial Notícia
Monteagudo Romero, H. (2017). Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Cassany, D. (2008). La cocina de la escritura. Barcelona. Anagrama
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo. Xerais
Ríos Noia, M. / M. L. Pita Rubido / R. J. Noguerol Gómez / B. Brozos Mera (2007). Manual de documentos administrativos. A Coruña. Servizo de Normalización Lingüística / Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo. A Nosa Terra
García Cancela, X. / C. L. Díaz Abraira (1994). Manual de linguaxe administrativa. Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública / Xunta de Galicia
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
RAG / ILG (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG
Sanmartín Rei, G. (2008). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo. Xerais
Rodrigues Fagim, V. (2001). O galego (im)possível. Santiago de Compostela. Laiovento
Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (2012). O modelo lexical galego. Santiago de Compostela: Através Editora
González Rei, B. (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova
Estrela, E. / M. A. Soares / M. J. Leitão (2004). Saber Escrever Saber Falar. Lisboa. Dom Quixote
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. SNL da Universidade, 2ª ed.
García Negro, M. P. (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela. Laiovento

Bibliografía complementaria Sánchez Rei, X. M. (2006). A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros. Santiago de Compostela: Liovento
Marcuschi, L. A. (2001 [1986]). Análise da conversação. São Paulo: Ática
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Vallejo-Nágera, J. A. (1990). Aprender a hablar en público hoy. Barcelona: Planeta
Garrido, C. (2001). Aspectos Teóricos e Práticos da Traduçom Científico-Técnica (Inglês>Galego). Ourense: Associaçom Galega da Língua
Reyes, G. (1998). Cómo escribir bien en español. Manual de redacción. Madrid: Arco Libros
Marcuschi, L. A. (2000). Da fala para a escrita. São Paulo: Cortez
Serrano Serrano, J. (2002). Guía práctica de redacción. Madrid: Anaya
Plantin, Ch. (1998). La argumentación. Barcelona: Ariel
Weston, Anthony (2004). Las claves de la argumentación. Barcelona: Ariel, 9ª ed
Calsamiglia Blancafort, H. / A. Tusón Valls (1999). Las cosas del decir: manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel
Zinsser, W. (2005). On Writing Well. The Classic Guide to Writing Non-fiction. New York: Collins
Studer, Jürg (2000 [1996]). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, E. / X. L. Regueira (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Flesch, R. / A. H. Lass (1996). The Classic Guide to Better Writing. New York: Harper Resource

Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Galega 1/613G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías