Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Técnicas de Tradución Código 613G01018
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Cordoba Rodriguez, Felix
Doolittle Kratofil, Timothy Brian
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
felix.cordoba@udc.es
t.doolittle@udc.es
leticia.eirin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Estudo e práctica da tradución de textos diversos (español-inglés, inglés-español, galego-inglés, inglés-galego).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer as características particulares de textos de tipo diverso e resolver as dificultades de traducción que son pertinentes en cada caso. A4
A5
A6
A12
Ser capaz de situar a traducción (entendida como disciplina e tamén como práctica) dentro dun contexto cultural. A12
B1
B6
C3
Ser capaz de realizar traduccións directas e inversas en español, galego e inglés. A4
A5
A6
A12
B2
B6
Coñecer as peculiaridades traductolóxicas das linguas inglesa, galega e española A4
A5
A6
B5
C1
Realizar as tarefas de maneira eficiente e nos prazos esixidos A1
B3
C1
Participar activamente na clase A4
A5
A6
B4
C1
C2
Ser capaz de apreciar, respetar e disfrutar da diversidades lingüística e cultural manifestas na nosa titulación B10

Contidos
Temas Subtemas
I. Tradución no ámbito dos Estudos Ingleses II.1. A tradución especializada
II.1.1. Introdución. As linguas de especialidade. Terminoloxía
II.1.2. Dicionarios e repertorios. Bases de datos terminolóxicas

II.2. Tradución con apoio informático
II.2.1. A tradución automática e a tradución asistida por ordenador
II.2.2. Ferramentas informáticas. Memorias de tradución. Corpus paralelos

II.3. A tradución ao español
II.3.1. Documentación para a tradución ao español
II.3.2. Métodos de tradución do inglés ao español
III. A tradución no ámbito do galego III.1. A tradución literaria
III.1.1 Cuestións preliminares e conceptos básicos
III.1.2. Trazos constitutivos dunha tradución literaria
III.1.3. A autotradución literaria
III.1.4. Tradución, versión, apropiación creativa

III.2. A tradución de textos poéticos
III.2.1. Cuestións xerais e metodolóxicas
III.2.2. Aspectos formais: ritmo e rima, o simbolismo fónico etc.

III.3. A tradución ao galego

III.4. Valoración e crítica da tradución literaria
II. A tradución no ámbito do español II.1. A tradución especializada
II.1.1. Introdución. As linguas de especialidade. Terminoloxía
II.1.2. Dicionarios e repertorios. Bases de datos terminolóxicas

II.2. Tradución con apoio informático
II.2.1. A tradución automática e a tradución asistida por ordenador
II.2.2. Ferramentas informáticas. Memorias de tradución. Corpus paralelos

II.3. A tradución ao español
II.3.1. Documentación para a tradución ao español
II.3.2. Métodos de tradución do inglés ao español
III. A tradución no ámbito do galego III.1. A tradución literaria
III.1.1. Cuestións preliminares e conceptos básicos
III.1.2. Trazos constitutivos dunha tradución literaria
III.1.3. A autotradución literaria
III.1.4. Tradución, versión, apropiación creativa

III.2. A tradución de textos poéticos
III.2.1. Cuestións xerais e metodolóxicas
III.2.2. Aspectos formais: ritmo e rima, o simbolismo fónico etc.

III.3. A tradución ao galego

III.4. Valoración e crítica da tradución literaria

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B4 C1 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A12 B5 20.5 30 50.5
Obradoiro B2 B6 C3 19.5 30 49.5
Traballos tutelados B1 B2 B3 1 8 9
Presentación oral A12 B2 B4 B10 C2 0.5 2 2.5
Lecturas B6 C1 C2 0 15 15
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 3 15 18
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na primeira sesión realizaranse varias actividades relacionadas coas linguas e a tradución. Estas probas axudarán ao profesorado a determinar a competencia e os intereses dos estudantes en relación coa materia.
Sesión maxistral Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos máis relevantes e as súas posibilidades de aplicación á práctica.
Obradoiro Nos grupos medianos e pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de tradución, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas etc.) baixo a supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Exercicios relacionados coa tradución, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, realizados nas aulas e/ou fóra delas.
Presentación oral Proba oral na que o alumnado amose as súas habilidades comunicativas.
Lecturas Lecturas relacionadas coa tradución.
Proba mixta Haberá unha proba final na data oficial en xuño. Nela avaliarase a competencia de cada estudante na tradución.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Ademais da supervisión directa do traballo do alumnado nas aulas nos grupos medianos e pequenos, o profesorado conta con titorías semanais e animan ao alumnado a facer uso delas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B6 C3 O 25% correspondente a inglés consistirá en:
1. Unha tradución individual do inglés ao español (15%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
________________________________

O 12,5% correspondente a español consistirá en exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula, supervisados polo profesorado, que indicará en cada caso o peso que teñen dentro desta porcentaxe da nota.
________________________________

O 12,5% correspondente a galego consistirá nunha actividade de tradución que será indicada e supervisada polo profesorado.
________________________________
50
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 O exame terá CATRO partes: unha tradución ao inglés (20%), unha tradución ao galego (10%), unha tradución ao español (10%) e unhas preguntas sobre contidos teóricos ou teoría aplicada (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas catro partes para aprobar o exame. 50
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado. 

-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades  equivalentes aos obradoiros.

-Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo mediante actividades equivalentes que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes da data do exame oficial.

-Na oportunidade de xullo recuperarase a tradución da parte de galego mediante unha actividade equivalente que será dispoñibilizada na plataforma Moodle.

-Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta acadarán a cualificación de NP.

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. 

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións na avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Mott, Brian & Marta Mateo (2009). Diccionario-guía de traducción español-inglés, inglés-español. Barcelona: Universitat de Barcelona
Berman, Antoine (2003). La prueba de lo ajeno. Cultura y traducción en la Alemania romántica. Las Palmas: Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Servicio de Publicaciones
Boonefoy, Yves (2002). La traducción de Poesía. Valencia: Pre-Textos
Valesio, Paolo & Rafael-Jose Díaz (eds.) (1996). Literatura y traducción. Santa Cruz de Tenerife: U.I.M.P.
Gonzalo García, Consuelo & Valentín García Yebra (eds.) (2004). Manual de documentación y terminología para la traducción especializada. Madrid: Arco Libros
Gómez-Montero, Javier (ed.) (2008). Nuevas pautas de traducción literaria. Madrid: Visor Libros
Doce, Jordi (ed.) (2007). Poesía en Traducción. Madrid. Círculo de Bellas Artes
Ricoeur, Paul (2005). Sobre la traducción. Barcelona: Paidós
García Palacios, Joaquín & M.ª Teresa Fuentes Morán (eds.) (2002). Texto, terminología y traducción. Salamanca: Almar
Vidal Claramonte, María del Carmen África (1995). Traducción, manipulación, descontrucción. Salamanca: Colegio de España
Bassnet, Susan & André Lefevere (eds.) (1995). Translation, History and Culture. London: Cassell

Outras fontes de información:

Ávila, Alejandro. La censura del doblaje cinematográfico en España. Barcelona: CIMS, 1998.

Bernal Merino, Miguel Ángel. La traducción audiovisual: análisis práctico de la traducción para los medios audiovisuales e introducción a la teoría de la traducción filológica. Alicante: Universidad de Alicante, 2002.

Marset Mabel, Richard. La alegría de transformar: teorías de la traducción y teoría del doblaje audiovisual. Valencia: Tirant Lo Blanch, 2009.

Martí Ferriol, José Luis y Ana Muñoz Miguel. Estudios de traducción e interpretación. Entornos de especialidad. Vol II. Valencia: Universidad Jaume I, 2012.

Merino, Raquel et al, eds. Trasvases culturales: literatura, cine, traducción. Pajares: Universidad del País Vasco, 2005.

VV.AA. Traducción para el doblaje y la subtitulación. Madrid: Cátedra, 2001.

Ao longo do curso utilizarase a plataforma Moodle para distribuír materiais diversos. 
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías