Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Fonética e Fonoloxía do Español Código 613G01020
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral Descrición e estudo fonético-fonolóxico da lingua española.
Perséguese, por unha banda, obter un coñecemento detallado do nivel fónico do español e, por outra, poder aplicar os métodos e as técnicas de análise fonética e fonolóxica.
Estúdase o son, a articulación e, sobre todo, a configuración fonolóxica e fonética do español.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principais conceptos lingüísticos relacionados co nivel fónico das linguas. A1
A3
B5
Familiarizarse cos principais traballos sobre Fonética e Fonoloxía e sabelos enmarcar no seu contexto. A3
A11
A14
A15
B1
B5
B7
B8
C8
Adquirir a capacidade para valorar con espírito crítico a bibliografía sobre esta materia. A3
A14
A15
B1
B7
Analizar e describir o sistema fonolóxico do español e as variantes de realización dos fonemas. A1
A10
A14
B7
Coñecer os mecanismos de produción da voz humana. A5
A15
B3
C1
Adquirir competencia na transcrición fonética e fonolóxica de textos. A1
A2
Coñecer os aspectos do son como fenómeno físico que sexan de interese para os estudos lingüísticos. A1
A15
B1
B2
B3
C3
Coñecer as distintas formas de abordar o estudo do son desde as diferentes perspectivas da Lingüística. A3
A11
A14
A15
B7
B8
B9
Adquirir competencia no estudo instrumental do son e familiarizarse co uso das tecnoloxías aplicadas á lingüística. A1
A2
A3
A15
B1
B2
B9
C3
C6
Contribuír a adquirir un pleno dominio da lingua española que permita producir textos orais e adecuados á situación. A5
A9
B4
B6
C1
Desenvolvemento da capacidade para recoñecer, xustificar e corrixir as principais incorreccións do español nos niveis de análise relacionadas coa materia: ortoloxía, pronunciación, entoación, etc. A1
A2
A5
A10
A15
B2
B5
B7
B8
C1
Coñecemento e valoración tanto da norma culta como da diversidade lingüística do español. A21
B7
B8
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Fonética e Fonoloxía 1. Fundamentación teórica da distinción.
2. Perspectiva histórica.
2. Fonética acústica, articulatoria, perceptiva 1. Os distintos enfoques da Fonética
2. O sistema articulatorio. A produción do son articulado
3. O son como fenómeno físico
4. O estudo experimental do son. Ferramentas para o estudo instrumental do son
5. Audición e percepción do son
3. Transcrición 1. A transcrición fonética
2. O Alfabeto Fonético Internacional
3. O alfabeto fonético da RFE
4. Transcrición fonética estreita
5. Transcrición fonolóxica
6. Transcrición mediante ordenadores
4. Unidades fonéticas e fonolóxicas 1. Sons, fonemas, trazos e outras unidades fonéticas e fonolóxicas
2. A sílaba
5. Sistema fonético e fonolóxico do español (1). O subsistema vocálico. 1. Os fonemas vocálicos do español
2. Realización fonética
3. Combinacións de vocais
6. Sistema fonético e fonolóxico do español (2). O subsistema consonántico 1. Fonemas consonánticos do español
2. Realizacións dos fonemas consonánticos
7. Unidades suprasegmentais 1. A entoación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 1 0 1
Obradoiro A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 12 12 24
Sesión maxistral A1 A3 A5 A11 A14 A21 B1 B7 B8 C3 C8 20 40 60
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 9 13.5 22.5
Lecturas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B3 B4 B6 B9 C1 0 13.5 13.5
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A3 A11 A14 B5 B7 B9 0 2 2
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 0 25 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Obradoiro Diversas metodoloxías e probas (debates, solución de problemas, prácticas guiadas, especialmente practicas de transcrición, etc.) a través das que se desenvolven tarefas principalmente prácticas co apoio e supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Valorarase a participación do alumnado.
Prácticas de laboratorio Uso do ordenador para traballar con gravacións, realizar espectrogramas, etc. Análise de espectrogramas e outros medios de estudo do son. Transcrición mediante ordenadores.
Lecturas Lectura de artigos sobre aspectos concretos do temario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, relatorios de congresos ou eventos relacionados coa materia.
Proba mixta Exame final, tanto dos aspectos teóricos como prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Proba mixta
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Descrición
Tanto as prácticas dos talleres como de laboratorio realizaranse cun seguimiento personalizado por parte do profesor.
Tamén se espera que se faga uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas coas lecturas ou coas clases maxistrais.
Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, xa que logo, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios, o traballo e o exame final.
As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 Exame de contidos teóricos e de aspectos prácticos 50
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 Análise de espectrogramas e outras prácticas relacionadas co uso de aplicacións informáticas creadas para a análise do son (especialmente Praat). Realizaranse dous exercicios. Ámbolos dous prepararanse no laboratorio habilitado para as TGR e completaranse autonomamente fóra da aula. O primeiro (10 % da cualificación) consistirá na análise dos formantes vocálicos nunhas gravacións realizadas por cada alumno. Recollerase a mediados do cuadrimestre. O segundo (20 %), consistirá na análise dun espectrograma realizado tamén a partir dunha gravación do alumno. Recollerase a finais do cuadrimestre. 30
Obradoiro A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 Prácticas de transcrición fonética e fonolóxica. Esta práctica prepararase nas sesións interactivas ao longo do curso. O exercicio entregarase ao comezo do cuadrimestre e recollerase ao final do mesmo. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba
mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será cualificado como “non presentado” quen non realice o
exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse
recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas
porcentaxes que na primeira edición. Só se cualificará como non presentado quen
xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se
presente ao exame oficial de xullo.  Para
a segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día
fixado oficialmente para o exame.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as
esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía,
puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado
etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

As actividades que o permitan poderán ser enviadas por
correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O
estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de
problemas na recepción. Só se aceptarán traballos y actividades etc., que se
entreguen dentro do prazo establecido.

No referente a plaxio ou outra falta de honradez académica
aplicarase o estipulado nas Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario.

Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles o
mesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas de entrega (agás o exame
oficial), que se acordarán entre profesor e alumno.

Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel
equivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia.  Ao final de curso, esixirase un nivel
equivalente a B2.

Alumnado con necesidades especiais. Intentarase, na medida
do posible, adaptar a materia ao alumnado con necesidades educativas especiais.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alarcos Llorach, Emilio: Fonología española, 4.ª ed. Madrid: Gredos, 1964 (hay reimpresión de 2012).

Fernández Planas, Ana Mª: Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Barcelona: Horsori, 2005.

Gil Fernández, Juana: Los sonidos del lenguaje. Madrid: Síntesis, 1995.

Gil Fernández, Juana, ed.: Panorama de la fonología española actual. Madrid: Arco Libros, 2000.

Hidalgo Navarro, Antonio: Aspectos de la entonación del español: viejos y nuevos enfoques. Madrid: Arco Libros, 2006.

Hidalgo Navarro, Antonio y Mercedes Quilis Merín: La voz del lenguaje: Fonética y fonología del español. Valencia: Tirant, 2012.

Martínez Celdrán, Eugenio: Fonología general y española. Barcelona: Teide, 1989.

Martínez Celdrán, Eugenio: Análisis espectrográfico de los sonidos del habla, 2.ª ed. Barcelona: Ariel, 2007.

Martínez Celdrán, Eugenio: El sonido en la comunicación humana. Introducción a la fonética, 2.ª ed. rev.. Barcelona: Octaedro, 2003.

Martínez Celdrán, Eugenio y Ana M. Fernández Planas: Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel, 2007.

Navarro Tomás, Tomás: Manual de pronunciación española, 28.ª ed. Madrid: CSIC, 2004.

Penas Ibáñez, Mª Azucena (ed.): Panorama de la fonética española actual. Madrid: Arco Libros.

Quilis, Antonio: Tratado de Fonología y Fonética españolas. Madrid: Gredos, 1993.

Real Academia Española: Nueva gramática de la lengua española. Fonética y fonología, Madrid: Espasa, 2011.

Recursos web:

Boersma, Paul y David Weenink: Praat: doing phonetics by computer. Amsterdam: University of Amsterdam, 2013 (http://www.praat.org).

Fonética: Los sonidos del español. Iowa, University of Iowa, 2005 (http://www.uiowa.edu/~acadtech/phonetics/spanish/frameset.html).

Summer Institute of Linguistics: IPA Transcription with SIL Fonts. Dallas: SIL International, 2013  (http://scripts.sil.org/IPAhome).

Summer Institute of Linguistics: Speech Tools, Dallas: SIL International, 2013 (http://www.sil.org/computing/speechtools).

Bibliografía complementaria

Incluirase documentación na plataforma Moodle da UDC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase o traballo diario e a asistencia ás sesións tanto expositivas como prácticas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías