Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Morfoloxía do Español Código 613G01021
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Web
Descrición xeral Descrición e estudo do nivel morfolóxico da lingua española.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os métodos e conceptos básicos na análise morfolóxica do castelán. A1
A3
A11
A19
A23
C6
Coñecer as correntes teóricas e metodolóxicas da lingüística e das súas técnicas e métodos de traballo. A1
A3
A11
A14
A23
B1
B5
B8
Adquirir e organizar novos coñecementos (que completen os xa adquiridos) sobre o funcionamento da lingua española (especialmente no nivel morfolóxico). A1
A3
A11
A15
A19
A21
C6
Analizar a lingua castelá no seu nivel morfolóxico. A1
A3
A11
A14
A19
A21
A23
B1
B3
Saber utilizar métodos de análise lingüística na resolución de problemas formulados no nivel morfolóxico do español mediante o traballo individual e cooperativo. A1
A9
A11
A19
A23
B1
B3
B5
B6
B7
C1
Achegarse sen prexuízos aos novos coñecementos sobre a análise lingüística (no nivel morfolóxico) e a diversidade lingüística do español. A11
A19
A21
B1
B8
Coñecer os principais procedementos para a formación de palabras novas e o enriquecemento do léxico (en español). A1
A3
A5
A9
A19
A21
A23
B1
B2
B4
B8
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A morfoloxía como disciplina lingüística. 1.1. A morfoloxía léxica e a morfoloxía flexiva.
1.2. Relación entre a morfoloxía e outras disciplinas lingüísticas.
2. As unidades morfolóxicas (1). O morfema. 2.1. Definición de morfema.
2.2. Clasificación.
2.3. Fenómenos morfolóxicos e de identificación: morfema, morfo e alomorfo. Morfo cero, morfo baleiro, amalgama, sincretismo, morfo discontinuo.
3. As unidades morfolóxicas (2). A palabra. 3.1. Definición de palabra.
3.2. Estrutura morfolóxica da palabra.
3.3. Clases de palabras.
4. Morfología flexiva (1). Categorías gramaticais do español: as categorías nominais. 4.1. Xénero.
4.2. Número.
4.3. Caso.
5. Morfoloxía flexiva (2). Categorías gramaticais do español: as categorías verbais. 5.1. Persoa e número.
5.2. Tempo, aspecto e modo.
6. Morfoloxía léxica ou derivativa. A formación de palabras en español. 6.1. Procedementos de formación de palabras. Propostas.
6.2. A derivación: sufixación, prefixación e parasíntese
6.3. A composición
6.4. Outros procedementos: acurtamento, acronimia e siglas.
7. O análise morfolóxico de textos 7.1. Análise e comentario dos aspectos morfolóxicos en textos actuais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A21 B1 B3 B5 B7 B8 21 15 36
Solución de problemas A1 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B7 C1 C6 30 19 49
Proba mixta A3 A5 A15 A19 A21 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 0 22 22
Traballos tutelados A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 B1 B3 B5 B6 B7 C1 1 20 21
Lecturas A3 A11 B1 B3 B6 C6 0 18 18
Eventos científicos e/ou divulgativos A3 B5 B7 B8 C6 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvolveranse os contidos teóricos ou teórico-prácticos indicados na programación. Procurarase que sexa interactiva, en constante diálogo co alumnado, e acompañarase de material de diverso tipo (informático, fotocopias, etc.).
Solución de problemas Nas sesións interactivas e en grupo reducido presentaranse diferentes tipos de exercicios que poñan en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Proba mixta Realizarase na data aprobada pola Xunta de Facultade. Terá carácter teórico-práctico.
Traballos tutelados Dirixido polo profesor, consistirá na elaboración dun traballo de tipo teórico, teórico-práctico ou práctico sobre cuestións relacionadas co temario da materia.
Lecturas As lecturas son necesarias para completar e fundamentar os contidos da materia. A profesora indicará as que son obligatorias ou soamente recomendadas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Los alumnos asistirán a los eventos científicos organizados en la facultad –conferencias, seminarios– cuyos temas estén relacionados con la materia y la profesora considere convenientes como complemento a su formación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
Realizarase nas horas de titoría. Centrarase na preparación e desenvolvemento do traballo tutelado ou en todo aquilo para o que o alumno solicite información.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A5 A15 A19 A21 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Na data e hora indicadas no calendario oficial de exames da Facultade os alumnos realizarán o exame. Terá carácter teórico-práctico en consonancia coa materia do curso. Ademais dos coñecementos e competencias adquiridas valorarase a corrección lingüística, como se sinala nas observacións. 40
Solución de problemas A1 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B7 C1 C6 Avaliaranse tres exercicios dos realizados na aula ou fora dela. A data de corrección na aula ou de recolhida figura no "Cronograma" da materia, publicado no Campus Virtual nos primeiros días do cuadrimestre. Do 30% correspondente a esta metodoloxía, 20% obtense polas actividades e 10% pola asistencia e participación nas aulas. 30
Traballos tutelados A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Se detallará en clase o tema e as características e se mostrarán no Campus Virtual. A través das titorías a profesora supervisará a realización do traballo: cada alumno presentará o esquema e manterá ao menos unha entrevista. Entregarase a través do Campus Virtual en formato word (ou similar) e en PDF antes do 13 de decembro.
Valorarase a habilidade no manexo de diferentes fontes documentais, a capacidade de síntese, os resultados obtidos, a adecuación e o estilo, e a corrección lingüística.
30
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas, exame, traballos, exercicios, comentarios, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Se penalizarán as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha descontarase da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor para os alumnos  Erasmus ou doutros programas de intercambio.

2. A cualificación obtida na proba mixta ou exame será como mínimo de un 4 (sobre 10) para aprobar a asignatura, tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo. Si na primeira oportunidade a asignatura está suspensa e a nota do examen é inferior a 5, na segunda oportunidade hai que facer tamen o exame.

3. Os traballos e restantes actividades entregadas fora da data establecida se penalizarán con un 50% da nota.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

5. Obterán a cualificación de NP (Non presentado) os alumnos que no se presenten ao exame, aínda que realizasen o resto das actividades.

6. Os alumnos que teñan que superar a asignatura na segunda oportunidade recuperarán todas as actividades de avaliación (exercicios en conxunto, exame e traballo)  suspensas (con nota inferior a 5) ou non realizadas, cos mesmos porcentaxes. Non se gardarán as notas suspensas. O exame realizarase na data e hora sinaladas no calendario oficial de exames. O traballo tutelado e máis os exercicios entregáranse no Campus Virtual antes do 27 de xuño. No caso da convocatoria adiantada de decembro (finalización dos estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.

7. É necesario un nivel B2 de español para cursar esta materia.

8. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Comunicarán a súa situación á profesora nas primeiras semanas do curso.
Os procedimentos e porcentaxes de evaluación serán os mesmos que para o resto dos alumnos, nas duas oportunidades.
Os do apartado "Solución de problemas" serán específicos para eles e se formularán e entregarán no Campus Virtual, nun apartado especial para estes alumnos. O total 30% correspondente a esta metodoloxía obtense polos exercicios ou actividades.
Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.

Fontes de información
Bibliografía básica

Ao inicio de cada tema proporcionarase unha bibliografía específica, indicarase a que é de lectura obrigatoria ou de lectura recomendada e concretarase se está dispoñible na plataforma Moodle, en Reprografía ou se ha de ser localizada e obtida polos alumnos.

BOSQUE, I (1983): "La morfología" en F. Abad y A. García Be­rrio (eds.): Introducción a la lingüística, Madrid, Alhambra, 115-153.

BOSQUE, I. (2015 [1991]): Las categorías gramaticales, Madrid, Síntesis.

BOSQUE, I. y V. Demonte (dirs.) (1999): Gramática descriptiva de la lengua española. vol. 3. Madrid, Espasa (2.ª parte: Morfología)

CASADO, M. (2015): La innovación léxica en español, Madrid, Síntesis.

FÁBREGAS, A. (2013): La morfología. El análisis de la palabra compleja, Madrid, Síntesis.

LANG, M. F. (1992): Formación de palabras en español. Madrid, Cátedra.

LIEBER, R. (2010): Introducing Morphology. Cambridge University Press.

MATTHEWS, P. H. (1974): Morphology: an introduction to the theory of word-structure, Cambridge, CUP. Traducción de R. Monroy: Morfología: Introducción a la teoría de la estructura de la palabra, Madrid, Paraninfo.

PENA, J. (1991): “La palabra : estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.

PENA, J. (1999): “Partes de la morfología. Las unidades del análisis morfológico”, en I. Bosque y V. Demonte (dirs.), Gramática descriptiva de la lengua española. vol. 3. Madrid, Espasa, 4305-4366.

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA Y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2009): Nueva gramática de la lengua española. Madrid, Espasa.

VARELA, S. (2009): Morfología léxica: la formación de palabras, Madrid, Gredos.

Bibliografía complementaria

Almela Pérez, R. (1999): Procedimientos de formación de palabras en español, Barcelona, Ariel.

Ambadiang, T. (1994): La morfología flexiva. Madrid. Taurus.

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Española 1/613G01001
Lingua Española 2/613G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia asidua a clase, a lectura da bibliografía indicada ou recomendada e a realización dos exercicios propostos, aínda que non sexan puntuables na avaliación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías