Identifying Data 2020/21
Subject (*) Medieval Spanish Literature Code 613G01022
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
cleofe.tato@udc.es
Lecturers
Novoa Blanco, Francisco Javier
Tato Garcia, Cleofe
E-mail
francisco.novoa@udc.es
cleofe.tato@udc.es
Web
General description Estudo da literatura medieval española nos seus principais autores e obras.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos:
Non hai

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
As Actividades inicias e Lecturas non sofren cambio ningún (para as outras actividades véxanse os dous apartados seguintes)

*Metodoloxías docentes que se modifican:
O Obradoiro e a Sesión maxistral desenvolveranse ben a través de Moodle (mediante presentacións, lecturas e/ou exercicios), ben a través de Teams. Proba mixta: no caso de ser imposible a súa realización de maneira presencial, levarase a cabo unha proba síncrona, que o alumnado fará a man en papel e da que subirá unha foto a Moodle para a súa avaliación. Do mesmo xeito procederase coas dúas probas de ensaio.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico; videochamada, previa solicitude de cita, a través de Teams (terá lugar no horario de titorías).

4. Modificacións na avaliación: mantéñense as actividades e as porcentaxes, , únicamente cambian, de ser preciso, o modo en que se desenvolven a proba mixta e as probas de ensaio, así como a maneira en que se entregan, aspecto este que afecta tamén á entrega do(s) exercicio(s) do obradoiro, que se subirán á plataforma Moodle.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que cómpre proporcionarlles aos estudantes os elementos básicos de consulta a través de Moodle se non puidesen acceder á Biblioteca


Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ser quen de comprender e explicar alguns dos textos significativos do período A1
A3
A5
A10
A11
A15
A16
A17
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B10
C3
Coñecer alguns dos principais autores e obras da literatura medieval española, percibindo as súas características e os elementos que permiten integralos nun mesmo período. A1
A3
A5
A10
A18
B1
B2
B4
B5
C6
C7
Producir textos escritos de distinta extensión e alcance, debidamente redactados e organizados, nos que o estudante demostre a súa capacidade de reflexión crítica e sexa quen de aplicar os coñecementos sobre literatura e cultura á análise de textos, recurrindo de xeito selectivo, cando é posible (e convén), ao emprego doutra bibliografía e a recursos accesibles a través de internet. A1
A3
A5
A10
A11
A15
A17
A18
B1
B3
B5
B6
B7
B10
C7

Contents
Topic Sub-topic
1. Introdución. 1. Cuestións previas
2. Idade Media: concepto e termo
3. Características xerais da Idade Media
4. A literatura medieval española
5. Periodización
2. A épica 2.1. Introdución
2.2. A épica española e as súas características
2.3. Ciclos épicos
2.4. Estudo do "Cantar de Mio Cid"
3. O Romanceiro 3.1. Introdución
3.2. Os romances vellos: o problema da súa orixe
3.3. A súa difusión
3.4. Clasificación
3.5. Temas, estilo, métrica
4. O mester de clerecía 4.1. Introdución
4.2. O mester de clerecía: características e problemas, textos e autores.
4.3. Gonzalo de Berceo: vida e obra
4.4. Estudo dos "Milagros de Nuestra Señora"
5. Juan Ruiz y el "Libro de Buen Amor" 5.1. Introdución
5.2. Problemática da obra
5.3. Juan Ruiz
5.4. Estudo do "Libro de Buen Amor"
6. A prosa na Idade Media: das orixes ao século XIV 6.1. Introdución
6.2. A prosa antes de don Juan Manuel
6.3. Don Juan Manuel: figura e personalidade literaria
6.4. Estudo do "Libro del Conde Lucanor"
7. A lírica medieval (I): os textos tradicionais
7.1. Introdución
7.2. Lírica culta e lírica tradicional
7.3. Jarchas e lírica tradicional castelá
7.4. Unha aproximación ás jarchas
7.5. Estudo dos "villancicos" tradicionais
8. A lírica medieval (II): lírica e cancioneiros
8.1. Introducción
8.2. A poesía cancioneril: tipos, evolución...
8.3. Íñigo López de Mendoza, marqués de Santillana: vida e obra. Estudo dunha seleción dos seus poemas
8.4. Jorge Manrique: figura e obra. Estudo da súa produción (agás as Coplas, vistas en 2º curso)
9. A prosa e o teatro medieval no século XV 9.1. Introdución á prosa
9.2. Principais tipos prosísticos
9.3. Aproximación á prosa de ficción sentimental: Diego de San Pedro e "Cárcel de amor"
9.4. Introdución ao teatro
9.5. Aproximación ao "Auto de los Reyes Magos"

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A5 0.5 0 0.5
Guest lecture / keynote speech A5 A11 A16 A17 A18 B1 B4 B5 B7 17 9 26
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 3 20 23
Workshop A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 19 10 29
Long answer / essay questions A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 2 16 18
Workbook A1 A5 A10 A15 A16 A17 A18 B1 B2 B3 B5 B6 C7 0.5 52 52.5
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Guest lecture / keynote speech Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente nos docentes, que tentarán ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios. Alén diso, para evitar que os estudantes lean e estuden as obras de lectura obrigatoria de forma illada, ofrecerán unha visión xeral sobre a tradición na que se inscriben, un achegamento ao autor se o houber...; nestes casos, a exposición apoiarase nos textos, que os alumnos deben ter lido previamente, pois resultará imprescindible a súa intervención (si é pertinente) e a súa colaboración.
Mixed objective/subjective test Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a distintas preguntas. Valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos de lectura. Mais tamén terá que demostrar que dispón de coñecementos básicos en relación coa literatura española medieval.
Workshop Coa finalidade de afondar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, solución de problemas, exercicios de pregunta-respostas, pequenos debates, exercicios de comentario...).
Long answer / essay questions Realizaranse dúas probas de ensaio ao longo do curso. O alumno deberá preparar previamente as lecturas das obras que se lle indiquen e os contidos relacionados con elas. Terá que desenvolver algún aspecto o tema aplicando os seus coñecementos e ofrecendo unha análise reflexiva e crítica, na que terá que demostrar, ademais, que levou a cabo unha lectura atenta, comprensiva e completa das obras.
Workbook As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia, mais, ademais, os docentes poderán solicitar a lectura de textos críticos e bibliografía complementaria.

Personalized attention
Methodologies
Mixed objective/subjective test
Workshop
Workbook
Long answer / essay questions
Description
O alumno poderá sempre, se for preciso, requerir a atención personalizada dos docentes, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta ou das dúas probas de ensaio como nas sesións adicadas a obradoiro ou nas lecturas, mais nunca para suplir as explicacións que non teña seguido por se ausentar inxustificamente da aula.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán distintas preguntas. En varias delas o alumno centrarase na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura: ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos e que é quen de ofrecer a súa propia reflexión e interpretación, que ten que estar, ademáis, debidamente razoada e, de non ser orixinal, debidamente fundamentada (sempre atendendo ao tema que se lle propón). Alén diso, importa que saiba situar os principais autores e textos (precisando xénero) do período de maneira correta.
50
Workshop A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 Baixo a guía do docente, búscase que os estudantes apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) a propósito das lecturas; algunha vez deberán elaborar individualmente textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Algunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación.

10
Long answer / essay questions A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 Nas datas que se establezan (en razón do avance dos contidos), os estudantes deben realizar, baixo a súa supervisión dos docentes, dúas probas de ensaio. Nelas desenvolverán un tema ou aspecto referido a algunha das obras de lectura obrigatoria; han ser quen de aplicar os coñecementos teóricos á análise dos textos e tamén de demostrar que teñen feita unha lectura detida e crítica. Valorarase a achega personal o enfoque e a profundidade da análise, así como a claridade expositiva e a organización das ideas. 40
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4 na proba mixta en nas probas de ensaio.


Só se aceptarán as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (50%) e as probas de ensaio (50%); debe poñerse en contacto cos docentes ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da realización das probas).

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 50% das "probas de ensaio" e o 50% da "Proba mixta". 

Considerarase como “non presentado” o alumno que non entregue as probas de ensaio ou non realice a proba mixta.

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (non só se tomará en conta, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Sources of information
Basic MONTANER FRUTOS, Alberto (ed.) (2011). Cantar de Mio Cid. Madrid, Real Academia Española
BAÑOS, Fernando (ed.) (2011). Gonzalo de Berceo, Milagros de Nuestra Señora. Madrid, Real Academia española
BELTRAN, Vicenç (2013). Jorge Manrique, Poesía. Madrid, RAE
SERÉS, Guillermo (1994). Juan Manuel, El Conde Lucanor. Barcelona, Crítica
BLECUA, Alberto (1992). Juan Ruiz, "Libro de buen amor". Madrid, Cátedra
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (1999). Marqués de Santillana, Poesía lírica. Madrid, Castalia
Di STEFANO, Giuseppe (ed.) (2010). Romancero. Madrid, Castalia
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (2009). Teatro medieval. Madrid, Cátedra

Son estas as obras extensas de lectura obligatoria, as que haberá que engadir a selección de textos que, para algúns dos temas, facilite o profesorado.

Complementary DÍEZ BORQUE, José María (dir.) (1980). Historia de la literatura española. Madrid: Taurus
CANAVAGGIO, Jean (1994). Historia de la literatura española. Madrid: Gredos
DEYERMOND, Alan (1995). Historia de la literatura española I. La Edad Media. Barcelona: Ariel
MEREGALLI, Franco (coord.) (1990). Historia de la literatura española. 1. Desde los orígenes al siglo XVII. Madrid: Cátedra
LACARRA, Mª Jesús y Juan Manuel CACHO BLECUA (2012). Historia de la literatura española. I. Entre oralidad y escritura: la Edad Media. Crítica: Barcelona
MENÉNDEZ PELÁEZ, Jesús (1993). Historia de la litertura española. Edad Media. León: Everest
GÓMEZ REDONDO, Fernando (2012). Historia de la prosa de los Reyes Católicos: el umbral del Renacimiento. Madrid: Cátedra
GÓMEZ REDONDO, Fernando (1998-2002). Historia de la prosa medieval castellana. Madrid: Cátedra
RICO, Francisco (coord) (1991). Historia y crítica de la literatura española. Edad Media. Primer suplemento. Barcelona: Crítica
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1987). Introducción a la literatura medieval española. Madrid: Gredos
ALVAR, Carlos y Ángel GOMEZ MORENO (1987). La poesía lírica medieval. Madrid: Taurus
RODRÍGUEZ CACHO, Lina (2009). Manual de Historia de la literatura española. 1. Siglos XIII al XVII. Madrid: Castalia
PEDRAZA JIMÉNEZ, Felipe B. y Milagros RODRÍGUEZ CÁCERES (1981). Manual de literatura española. Edad Media. Pamplona: Cénlit

Ofrécese aquí só a referencia de distintas historias da literatura; con cada tema ofreceráse información complementaria.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Introduction to Literary Studies /613G01005
Spanish Literature/613G01011

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario de 3º de Grado é requisito; recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou de outro tipo) que os subsanen, prestando especial atención aos erros cometidos ao longo do curso para no repetilos na proba mista.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.