Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Literatura Española Medieval Código 613G01022
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rico Alonso, Sonia
Correo electrónico
sonia.rico.alonso@udc.es
Profesorado
Novoa Blanco, Francisco Javier
Rico Alonso, Sonia
Correo electrónico
francisco.novoa@udc.es
sonia.rico.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura medieval española nos seus principais autores e obras.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser quen de comprender e explicar alguns dos textos significativos do período A1
A3
A5
A10
A11
A15
A16
A17
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B10
C3
Coñecer alguns dos principais autores e obras da literatura medieval española, percibindo as súas características e os elementos que permiten integralos nun mesmo período. A1
A3
A5
A10
A18
B1
B2
B4
B5
C6
C7
Producir textos escritos de distinta extensión e alcance, debidamente redactados e organizados, nos que o estudante demostre a súa capacidade de reflexión crítica e sexa quen de aplicar os coñecementos sobre literatura e cultura á análise de textos, recurrindo de xeito selectivo, cando é posible (e convén), ao emprego doutra bibliografía e a recursos accesibles a través de internet. A1
A3
A5
A10
A11
A15
A17
A18
B1
B3
B5
B6
B7
B10
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución. 1. Cuestións previas
2. Idade Media: revisión dos conceptos vistos no curso anterior
3. Periodización e sistematización (xéneros) no estudo da literatura medieval
2. A épica e o romanceiro 2.1. Introdución
2.2. A épica española e as súas características
2.3. Ciclos épicos
2.4. Estudo do "Cantar de Mio Cid"
2.3. Dos cantares de xesta aos romances: o problema da súa orixe
2.4. A difusión dos romances
2.5. Clasificación
2.6. Temas, estilo e métrica
3. O mester de clerecía 3.1. Introdución
3.2. O mester de clerecía: características e problemas, textos e autores.
3.3. Gonzalo de Berceo: vida e obra
3.4. Estudo dos "Milagros de Nuestra Señora"
4. Juan Ruiz y el "Libro de Buen Amor" 4.1. Introdución
4.2. Problemática da obra
4.3. Juan Ruiz
4.4. Estudo do "Libro de Buen Amor"
5. A prosa medieval (I): das orixes ao século XIV 5.1. Introdución
5.2. Dos inicios ata don Juan Manuel, con especial atención á achega de Alfonso X
5.3. Don Juan Manuel: figura e personalidade literaria
5.4. Estudo do "Libro del Conde Lucanor"
6. Lírica e cancioneiros
6.1. Introdución
6.2. Lírica culta e lírica tradicional
6.3. A lírica tradicional castelá no marco románico
6.4. Unha aproximación ás "jarchas"
6.5. Estudo dos "villancicos" tradicionais
6.6. A poesía trovadoresca ou cancioneril: tipos, evolución...
6.7. Íñigo López de Mendoza, marqués de Santillana: vida e obra. Estudo dunha selección dos seus poemas
8.4. Jorge Manrique: vida e obra. Estudo da súa produción (excepto as Coplas, vistas en 2º curso)
8. A prosa medieval (II) e o teatro 7.1. Introdución á prosa no s. XV
7.2. Principais tipos prosísticos
7.3. Aproximación á prosa de ficción sentimental: Diego de San Pedro e "Cárcere de amor"
7.4. Introdución ao teatro
7.5. Aproximación ao "Auto dos Reis Meigos" (revisión do visto sobre o problema da representación de "A Celestina" en 2º curso)


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 1 0 1
Sesión maxistral A5 A11 A16 A17 A18 B1 B4 B5 B7 21 9 30
Proba mixta A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 3 20 23
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 19 10 29
Proba de ensaio A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 2 18 20
Lecturas A1 A5 A10 A15 A16 A17 A18 B1 B2 B3 B5 B6 C7 1 45 46
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente nos docentes, que tentarán ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios, escolas ou movementos.
Proba mixta Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a distintas preguntas. Valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos sobre os que se apoia o programa (e deberá demostrar telos lido e comprendido). Tamén deberá demostrar que dispón de coñecementos básicos en relación coa literatura española medieval (situar cronolóxicamente unha oubra ou autor, diferenciar xéneros...).
Obradoiro Coa finalidade de afondar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, solución de problemas, exercicios de pregunta-respostas, pequenos debates, exercicios de comentario...). Non obstante, para evitar que lean e estuden as obras de lectura obrigatoria de forma illada, no caso de ser necesario (por descoñecemento de nocións básicas), o profesorado ofrecerá unha visión xeral sobre a tradición na que aquelas se inscriben, un achegamento ao autor (se houber) e ás formas literarias; nestes supostos, a exposición apoiarase nos textos, que os alumnos deben xa coñecer, pois nas sesións interactivas resulta imprescindible a súa intervención e colaboración.
Proba de ensaio Realizaranse dúas probas de ensaio ao longo do curso. O alumno deberá preparar previamente as lecturas das obras que se lle indiquen e os contidos relacionados con elas. Terá que desenvolver algún aspecto o tema aplicando os seus coñecementos e ofrecendo unha análise reflexiva e crítica, na que terá que demostrar, ademais, que levou a cabo unha lectura atenta, comprensiva e completa das obras (non se trata, xa que logo, de reproducir os contidos teóricos: debe aplicalos ao aspecto que teña que desenvolver, sen esquecerse de incorporar referencias precisas ás lecturas que evidencien o seu traballo autónomo cos textos).
Lecturas As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia (o que explica o elevado número de horas adicado a esta actividad), mais, ademais, os docentes poderán solicitar a lectura de textos críticos e bibliografía complementaria.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Obradoiro
Lecturas
Proba de ensaio
Descrición
O alumnado poderá sempre, se for preciso, requerir a atención personalizada dos docentes, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta ou das dúas probas de ensaio como nas sesións adicadas a obradoiro ou mesmo no tempo adicado ás lecturas, mais nunca a titoría suplirá ás explicacións que o estudante non teña seguido por se ausentar inxustificamente da aula ni equilvadrá a unha sesión adicional de repaso, a modo de clase particular.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán distintas preguntas. En varias delas o alumno centrarase na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura: ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos e que é quen de ofrecer a súa propia reflexión e interpretación, que ten que estar, ademáis, debidamente razoada e, de non ser orixinal, debidamente fundamentada (sempre atendendo ao tema que se lle propón). Alén diso, importa que saiba situar os principais autores e textos (precisando xénero) do período de maneira correta.
50
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 Baixo a guía do docente, búscase que os estudantes apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) a propósito das lecturas; algunha vez deberán elaborar individualmente textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Algunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación.

10
Proba de ensaio A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 Nas datas que se establezan (en razón do avance dos contidos), os estudantes deben realizar, baixo supervisión dos docentes, dúas probas de ensaio. Nelas desenvolverán un tema ou aspecto referido a algunha das obras de lectura obrigatoria; han ser quen de aplicar os coñecementos teóricos á análise dos textos e tamén de demostrar que teñen feita unha lectura detida e crítica. Valorarase a achega personal o enfoque e a profundidade da análise, así como a claridade expositiva e a organización das ideas. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4 na proba mixta e nas probas de ensaio.


Só serán aceptadas as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas nas datas previstas, seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (50%) e as probas de ensaio (50%); debe poñerse en contacto cos docentes ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimento da súa actividade.

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 50% das "probas de ensaio" e o 50% da "Proba mixta". Asemade, a realización das probas de ensaio terá lugar o mesmo día da proba mixta, unha vez entregada esta (de ser preciso, farase un receso de media hora).

Considerarase como “non presentado” o alumno que non participe nas probas de ensaio durante o curso ou que non realice a proba mixta Se considerará como “no presentado” al alumno que no participe en las pruebas de ensayo durante el curso o que no realice la prueba mixta o día fixado oficialmente (só en casos debidamente xustificados poderá realizar estes exercicios en datas distintas ás establecidas).

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (tomarase en conta, polo tanto, a corrección ortográfica e gramatical, mais tamén a capacidade de estruturar as ideas e elaborar a exposición). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión servirán como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).


Fontes de información
Bibliografía básica MONTANER FRUTOS, Alberto (ed.) (2011). Cantar de Mio Cid. Madrid, Real Academia Española
PARRILLA GARCÍA, Carmen (ed.) (1995). Diego de San Pedro, "Cárcel de amor". Barceloan, Crítica
BAÑOS, Fernando (ed.) (2011). Gonzalo de Berceo, Milagros de Nuestra Señora. Madrid, Real Academia española
BELTRAN, Vicenç (2013). Jorge Manrique, Poesía. Madrid, RAE
SERÉS, Guillermo (1994). Juan Manuel, El Conde Lucanor. Barcelona, Crítica
BLECUA, Alberto (1992). Juan Ruiz, "Libro de buen amor". Madrid, Cátedra
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (1999). Marqués de Santillana, Poesía lírica. Madrid, Castalia
Di STEFANO, Giuseppe (ed.) (2010). Romancero. Madrid, Castalia
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (2009). Teatro medieval. Madrid, Cátedra

Son estas as obras extensas de lectura obrigatoria, que nalgúns casos non será completa; a eses títulos haberá que engadir a selección de textos que, para algúns dos temas, facilite o profesorado a través do Campus Virtual.

Bibliografía complementaria DÍEZ BORQUE, José María (dir.) (1980). Historia de la literatura española. Madrid: Taurus
CANAVAGGIO, Jean (1994). Historia de la literatura española. Madrid: Gredos
DEYERMOND, Alan (1995). Historia de la literatura española I. La Edad Media. Barcelona: Ariel
MEREGALLI, Franco (coord.) (1990). Historia de la literatura española. 1. Desde los orígenes al siglo XVII. Madrid: Cátedra
LACARRA, Mª Jesús y Juan Manuel CACHO BLECUA (2012). Historia de la literatura española. I. Entre oralidad y escritura: la Edad Media. Crítica: Barcelona
MENÉNDEZ PELÁEZ, Jesús (1993). Historia de la litertura española. Edad Media. León: Everest
GÓMEZ REDONDO, Fernando (2012). Historia de la prosa de los Reyes Católicos: el umbral del Renacimiento. Madrid: Cátedra
GÓMEZ REDONDO, Fernando (1998-2002). Historia de la prosa medieval castellana. Madrid: Cátedra
RICO, Francisco (coord) (1991). Historia y crítica de la literatura española. Edad Media. Primer suplemento. Barcelona: Crítica
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1987). Introducción a la literatura medieval española. Madrid: Gredos
ALVAR, Carlos y Ángel GOMEZ MORENO (1987). La poesía lírica medieval. Madrid: Taurus
RODRÍGUEZ CACHO, Lina (2009). Manual de Historia de la literatura española. 1. Siglos XIII al XVII. Madrid: Castalia
PEDRAZA JIMÉNEZ, Felipe B. y Milagros RODRÍGUEZ CÁCERES (1981). Manual de literatura española. Edad Media. Pamplona: Cénlit

Figura aquí só a referencia de distintas historias da literatura; con cada tema ofreceráse información complementaria e, nalgúns casos, o profesorado elaborará, ademais, materiais de apoio para seguir as sesións maxistrais e interactivas. Estes complementos facilitaranse a través do Campus Virtual.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Literatura Española/613G01011

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario de 3º de Grado é requisito; recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou de outro tipo) que os subsanen, prestando especial atención aos erros cometidos ao longo do curso para no repetilos na proba mista.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías