Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Sintaxe do Español Código 613G01024
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Lopez Palma, Helena
Correo electrónico
helena.palma@udc.es
Profesorado
Lopez Palma, Helena
Correo electrónico
helena.palma@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo descritivo e teórico das unidades e operacións de composición sintáctica usadas na lingua española.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os métodos e conceptos máis importantes na análise sintáctica da lingua española A1
A3
B7
Coñecer as correntes teóricas e metodolóxicas da sintaxe e saber aplicalas á análise sintáctica do español A1
A3
A11
A15
A19
B1
Identificar as estruturas sintácticas da lingua española e ser capaz de explicar o seu funcionamento A2
A5
A15
A21
Aplicar os coñecementos sintácticos adquiridos á solución de problemas relacionados co uso da lingua A10
A14
B2
B3
B6

Contidos
Temas Subtemas
1. Algúns modelos de análises sintáctico 1. Métodos de recollida e tratamiento dos datos.
2. Modelos descritivos
3. Modelos explicativos hipotético-dedutivos
2. O sintagma nominal
1. Determinantes.
2. Complementos.
3. As unidais sintáticas
1. O sintagma.
2. A oración
4. O sintagma verbal predicativo
1. Categorías funcionais.
2. Complementos léxicos.
5. O pronome 1. Pronombres baleiros.
2. Pronombres ligados.
3. Anáfora
6. A oración composta por coordinación 1. Copulativas
2. Disxuntivas
3. Adversativas
7. A oración comppsta por subordinación 1. Oracions sustantivas
2. Oracions adxetivas
3. Oracions que expresan relación causal

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A1 A2 A3 A11 A15 A19 B1 B2 B7 14 12 26
Lecturas A3 A10 A11 A21 B3 10 25 35
Traballos tutelados A1 A3 A5 A11 A14 A19 B2 B6 B7 0 25 25
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A15 A19 B3 B6 B7 0 20 20
Sesión maxistral A1 A3 A21 21 20 41
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Formulación de problemas.
Exercicios de análise direto e inverso
Lecturas Control de lecturas ao final de cada un dos temas.
Traballos tutelados Redacción escrita dun traballo sobre algún dos problemas propostos en clase. O traballo será posteriormente presentado oralmente.
Proba mixta Proba teórica e práctica escrita realizada ao final da materia
Sesión maxistral O profesor presentará cada un dos temas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumno e o profesor discutirán as posibles solucións alternativas a un dos problemas que o alumno elixise para o seu traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A15 A19 B3 B6 B7 A proba mixta consistirá nun exame global da materia que se realizará ao finalizar o curso. 40
Lecturas A3 A10 A11 A21 B3 Ao finalizar cada un dos bloques de contido farase unha proba de control de lecturas. 30
Traballos tutelados A1 A3 A5 A11 A14 A19 B2 B6 B7 O traballo, que sería redactado por escrito, será tamén presentado oralmente en clase. 20
Solución de problemas A1 A2 A3 A11 A15 A19 B1 B2 B7 Para a avaliación dos problemas terase en conta a participación oral do alumno en clase. 10
 
Observacións avaliación

Nas dúas oportunidades de avaliación (primeira avaliación en xuño e segunda avaliación en xullo), a proba mixta consistirá na avaliación global de todos os contidos.

De acordo coas normas da
facultade, na proba mixta hase de obter unha cualificación mínima de 4
puntos (sobre 10) para aprobar a materia.

Cualificarase como non
presentado a quen non se presente ao exame final oficial,
independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda
edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os
instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que
na primeira edición. Só cualificarase como non presentado a quen xa
tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non
se presente ao exame oficial de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica Escandell, V. Leonetti, M. y Sánchez, C. (eds.) (2011). 60 Problemas de Gramática. Akal
González, Luis (1997). El adverbio. UDC
Bosque, Ignacio y Javier Gutiérrez Rexach (2009). Fundamentos de sintaxis formal. Akal
López Palma, Helena (2012). guías de los temas.
Eguren, Luis y Olga Fernández Soriano (2004). Introducción a una sintaxis minimista. Gredos
López Palma, Helena (1999). La interpretación de los cuantificadores. Visor
Real Academia Española (2009). Nueva gramática de la lengua española. Espasa-Calpe
RAE (2010). Nueva gramática de la lengua española. Espasa-Caple

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías