Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Española do Século de Ouro 2 Código 613G01026
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é ampliar o estudo de autores e obras dos séculos XVI e XVII, completando o panorama básico ao que alumno accedeu na materia «Literatura Española» de 2º de Grao. A materia ocúpase das produccións prosísticas do Século de Ouro, con un enfoque histórico-filolóxico. Preténdese desenvolver a capacidade de lectura comprensiva e crítica e a capacidade de relacionar os aspectos históricos, culturais e estéticos. Do mesmo xeito, preténdese que o estudante acade dominio técnico na análise de textos literarios desta época.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: a través da aplicación Teams os alumnos poderán contactar coa profesora, previa cita. Tamén se pode contactar a través do correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
A proba mixta deixará de ser síncrona e realizaráse a través de Moodle durante un tempo máximo de 12 h.

*Observacións de avaliación: Son as mesmas que aparecen na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter un coñecemento das produccións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura) A2
A7
A15
A17
A18
B3
B6
B8
Coñecer os principais autores do Século de Ouro español,e valorar críticamente as súas produccións (particularmente os textos en prosa). A17
A18
Coñecer as técnicas e método de traballo e análise da ciencias humanas e sociais A1
A10
A11
A16
B1
B2
B7
C6
Valorar críticamente a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse e ser capaz de aproveitala para aprender e desenvolver o coñecemento B1
B2
B7
C3
Ter capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos A5
B4
B10
C1
Traballar de forma autónoma e con iniciativa C5
Utilizar as TIC'S para o exercicio como ferramenta de aprendizaxe C3
Capacidade para interrelacionar os distintos ámbitos da Filoloxía e da Cultura A9
B5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Introdución
1. Contexto histórico-filolóxico.
2. Modelos e xéneros prosísticos.
Prosa do século XVI 1. Prosa humanística: (diálogo, epístola, misceláneas, outras).
2. Prosa de ficción 1: pervivencia de xéneros medievais.
3. Prosa de ficción 2: os xéneros novos. Literatura pastoril e picaresca, etc.
Prosa do século XVII 1. Prosa cervantina: El Quijote. Novelas ejemplares
2. Prosa intelectual e moral: Quevedo, Los sueños; Gracián, El discreto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A7 A16 A17 B3 B1 0 60 60
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 A10 B2 B4 B5 B8 C1 C3 C5 15 8 23
Traballos tutelados A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 0 20 20
Sesión maxistral A17 B5 21 0 21
Proba mixta A1 A9 A11 A17 C1 C6 3 20 23
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relativas ás fontes primarias e secundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a sía explicación nas aulas de aprendizaxe colaborativo. As lecturas deberán facerse seguindo a selección realizada polos profesores que o estudante atopará na reprografía da Facultade. No caso de obras máis extensas, haberá que seguir as edicións que se mencionan na bibliografía desta guía. É importante que todos os estudantes conten coas mesmas edicións, alén da calidade filolóxica dos textos recomendados, para facilitar o seguimento das explicacións na aula e as correccións posteriores de traballos e exames. Na introducción a cada unha das seccións, proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía secundaria para a contextualización dos temas.
Aprendizaxe colaborativa Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo.
Traballos tutelados Partindo das obras dos autores obxecto da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diversos tipos. O traballo será individual e os profesores supervisarán o desenvolvemento do mesmo en hora de titorías.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre os profesores. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados
Proba mixta Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Ao longo do cuadrimestre fixaranse as sesións de titorías con cada un dos estudantes para supervisar o traballos tutelados e dar as orientacións relativas á aprendizaxe colaborativa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 O traballo tratará dun tema á proposta do estudante e previamente acordado en titoría cos profesores. Terá unha extensión de 10 de páxinas a 1.5 espazo internliñal. Os criterios de avaliación serán: correcta estruturación do discurso (demostración e razoamiento); corrección léxica, ortográfica e gramatical, así como a correcta presentación. 60
Proba mixta A1 A9 A11 A17 C1 C6 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
40
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán
traballos entragados na data marcada e con antelación suficiente respecto da
proba mixta. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero (0).

Non se poderá
aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba
mixta.

Na segunda oportunidade (xullo) os alumnos que suspenderen a proba mixta
(40%) deberán repetila na data fixada polo Centro; os alumnos que suspenderen o
traballo tutelado (60%), deberán corrixir as deficencias e incorpor as
mellloras indicadas pola profesora. A data de entrega do trabajo tutelado será
o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.  

Moi importante:
o alumno será avaliado e calificado sempre que se presente á proba mixta.
Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO" cando non se presente ao
exame.

Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa
realizarán as mesmas probas que os demáis: proba mixta (40%) e traballo tutelado
(60%) por non se considerar na avaliación a asistencia e a participación na
aula. Arbitraranse de acordo co alumno todas as medidas de atención necesarias.
 

Lecturas obrigatorias. S. XVI

  • Lazarillo de Tormes, ed., F. Rico, Madrid, Cátedra, 1987.
  • Montemayor, Jorge de Los siete libros de la Diana, ed., J. Montero, Barcelona, Crítica, 1996; ed. A. Rallo Gruss, Madrid, Cátedra, 1991 (selección).

Lecturas obrigatorias. S. XVII

  • Cervantes, Miguel de (1998) El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ed., F. Rico; ed., Luis Murillo, Madrid, Castalia, 1978.
  • Cervantes, Miguel de (2001), Novelas ejemplares, ed., J. García, Barcelona, Crítica, 2001.
  • Quevedo, Francisco de, Los sueños, ed. J. O Crosby, Madrid, Castalia, 1993 (selección de la profesora).
Bibliografía complementaria

ALBERICH, J. et al., dir (1990) Historia de la Literatura Española, Madrid, Cátedra, 2 vols.

CARRASCO URGOITI, S., F. LÓPEZ ESTRADA y F. CARRASCO, (2001) La novela española en el siglo XVI, Madrid, Iberoamericana- Vervuert.

MAINER, J. C., dir. (2009) Historia de la literatura española, vol. 3 (de 1598 a 1691), Pedro Ruiz (coord.), Crítica.

PEDRAZA, F. B. y M. Rodríguez (1990) Las épocas de la literatura española, Madrid, Ariel.

PRIETO, A., (1986) La prosa española del siglo XVI, Madrid, Cátedra.

RALLO GRUS, A. (1987) La prosa didáctica en el siglo XVI, Madrid, Taurus.

RALLO GRUS, A. (1988) La prosa didáctica en el siglo XVII, Madrid, Taurus.

RICO, F. dir. (1994) Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica, vols. II, III y suplementos.

RODRÍGUEZ CACHO, L. (2009) Manual de historia de la literatura española, Castalia,vol 1. 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua e Cultura Clásica/613G01006
Literatura Española/613G01011
Literatura Española Medieval/613G01022
Literatura Española do Século de Ouro 1/613G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías