Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Español Actual Código 613G01028
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Mascato Rey, Rosario
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
Profesorado
Mascato Rey, Rosario
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
Web
Descrición xeral Ampliación do estudo sincrónico da lingua española

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Profundar nalgúns aspectos que completan a visión da lingua española actual. A1
A3
A19
A20
A21
A22
B5
B8
C1
C2
2. Estudar as características da lingua oral, especialmente na súa manifestación máis xenuína que é a conversación coloquial. A1
A19
A20
A21
B1
B3
B5
B7
3. Achegarse a algúns feitos pragmáticos observados no uso da lingua española, principalmente na súa modalidade oral conversacional. A2
A3
A11
A15
A20
A21
B6
4. Introducirse no estudo da lingua española empregada en internet, analizando as súas características lingüísticas, pragmáticas e textuais. A2
A5
A11
A15
A19
A21
A22
A23
B1
B2
B4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción: a lingua española. Situación actual 1.1. O español no mundo

1.2. A unidade do idioma

1.3. O español como lingua internacional
2. Español oral e español escrito 2.1. Oral / escrito: oposición binaria e oposición gradual

2.2. A oralidade no texto escrito
3. O español na internet 3.1. Características ortográficas, sintácticas e léxicas

3.2. A escritura ideofonemática

3.3. Características textuais
4. O español conversacional 4.1. A conversa coloquial

4.2. As unidades conversacionais

4.3. Características fónicas, morfosintácticas e léxico-semánticas

4.4. Estratexias pragmáticas
4.4.1. A cortesía verbal
4.4.2. A intensificación
4.4.3. A atenuación
4.4.4. A conexión: os marcadores do discurso


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A11 A21 A22 A23 B1 B3 2 16 18
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B6 B7 2 12 14
Sesión maxistral A1 A3 A11 A20 A21 B5 B7 B8 11 15 26
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 1 14 15
Presentación oral A5 A15 B2 B4 B6 2 4 6
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A3 A11 B3 B5 B7 4 0 4
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B6 B7 B8 C1 C2 9.5 18 27.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado estará ao día das lecturas recomendadas polo profesorado ao inicio de cada tema. Estas lecturas son fundamentais para o seguimento da materia.
Proba mixta O día sinalado no calendario de exames da Facultade, o alumnado realizará o correspondente exame que terá carácter teórico e práctico.
Sesión maxistral O profesorado exporá na aula os contidos principais de cada tema.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado, ben de xeito individual, ben en grupo. O profesorado proporcionará os temas e lecturas para o mesmo, ao igual que as indicacións precisas para a súa elaboración a través da plataforma Moodle. O seguimento dos traballos realizarase en horario de titorías.
Presentación oral Os traballos serán expostos oralmente na aula. As características coas que deberán contar estas exposicións, así como os criterios de avaliación das mesmas, serán distribuidos entre o alumnado a través da plataforma Moodle.
Eventos científicos e/ou divulgativos Os alumnado asistirá aos eventos científicos –sesións de congresos, coloquios, conferencias– relacionados cos contidos da materia.
Estudo de casos Unha parte da materia consistirá na realización de exercicios, comentarios e debates nos que o alumnado aplicará os coñecementos adquiridos ao longo das sesións teóricas da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición
O alumnado consultará co profesorado, ben de xeito presencial no horario de titorías, ben por correo electrónico, aqueles problemas surxidos no seu estudio, na elaboración do traballo ou na realización de exercicios ou comentarios.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 O asunto, características, proceso de realización, condicións de avaliación, procedimento e data de entrega do traballo tutelado serán detallados nun documento exposto en Moodle. 20
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B6 B7 B8 C1 C2 Dous dos exercicios propostos ao longo do cuatrimestre serán entregados á docente para a súa avaliación. As datas de realización e recollida destes exercicios serán determinadas na aula, con tempo de antelación suficiente para que o alumnado os poida preparar. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B6 B7 Realizarase no día indicado no calendario oficial de exames fixado pola Administración da Facultade.
Trátase dunha proba teórico-práctica na que o alumnado deberá demostrar ter asimilado os contidos estudiados ao longo do cuatrimestre.
50
Presentación oral A5 A15 B2 B4 B6 O traballo académico realizado por escrito será exposto de maneira oral.
Valorarase a soltura na exposición, a adecuación ao estilo académico e a utilización de axudas técnicas.
10
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. A calificación obtida na proba mixta ou exame deberá ser, como mínimo, un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

3. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota. 

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exames ou outras variábeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate.

5. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non se presente ao exame, aínda que teña realizado as restantes actividades.

6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo, presentación oral ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudiantado con necesidades especiais, así como ao estudantado procedente de convenios e programas internacionais que non teña un nivel de competencia lingüística en español semellante ao nativo. Nestes casos, as persoas afectadas deberán contactar de maneira inmediata á docente no inicio do cuatrimestre, tras a súa incorporación á materia. 

8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B1 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:

-Proba mixta, na mesma data e coas mesmas características que todo o restante alumnado: 50 %

-Traballo tutelado: 50 %

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para a docente.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización de un exame que suporá o 100% da calificación. 




Fontes de información
Bibliografía básica

Ao inicio de cada tema proporcionarase unha bibliografía específica, indicarase a que é de lectura obrigatoria ou de lectura recomendada e concretarase se está disponíbel na plataforma Moodle ou se debe ser localizada e obtida polo alumnado.

BRIZ, A. (1998): El español coloquial en la conversación, Barcelona, Ariel.

BRIZ, A. (coord.) (2008): Saber hablar, Madrid, Aguilar.

CALSAMIGLIA, H. y A. TUSÓN (2007 [1999]): Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso, Barcelona, Ariel.

KOTSCHI, T., W. OESTERREICHER y K. ZIMMERMANN (eds.) (1996): El español hablado y la cultura oral en España e Hispanoamérica, Madrid-Fráncfort, Iberoamericana-Vervuert.

LÓPEZ ALONSO, C. (2014): Análisis del discurso, Madrid, Síntesis.

PORTOLÉS, J. (2004): Pragmática para hispanistas, Madrid, Síntesis.

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA Y ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE LA LENGUA ESPAÑOLA (2009): Nueva gramática de la lengua española, Madrid, Espasa.


Bibliografía complementaria
ALBELDA, M. (2007): La intensificación como categoría pragmática: revisión y propuesta, Fráncfort, Peter Lang.

BRIZ, A. y GRUPO Val.Es.Co. (2000): ¿Cómo se comenta un texto coloquial?, Barcelona, Ariel.

BUSTOS TOVAR, J. J. de y otros (coords.) (2011): Sintaxis y análisis del discurso hablado en español. Homenaje a Antonio Narbona, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Sevilla. 

FUNDÉU (2012): Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales, Barcelona, Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores.

HAVERKATE, H. (1994): La cortesía verbal, Madrid, Gredos.

LOUREDA, Ó. y E. ACÍN (eds.) (2010): Los estudios sobre marcadores del discurso, hoy, Madrid, Arco Libros.

ROMERO, M.ª V. (coord.ª) (2006 [2002]): Lengua española y comunicación, Barcelona, Ariel.

VILÀ I SANTASUSANA, M. (coord.ª) (2005): El discurso oral formal, Barcelona, Graó.




Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Española 1/613G01001
Lingua Española 2/613G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Variedades do Español/613G01032

Observacións

Esta materia compleméntase con "Variedades del español", asignatura optativa que se imparte no segundo cuatrimestre.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías