Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Variedades do Español Código 613G01032
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral Estudiaranse as variedades diatópicas, diafásicas e diastráticas do español actual. O eixe da materia serán as variedades xeográficas, que se abordarán tamén nos seus aspectos diafásicos e diastráticos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais.
- Traballos tutelados
- Obradoiro
- Sesión maxistral.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado.
-Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades de obradoiro ou sobre o contido das sesións expositivas.
-Teams. Semanalmente. A docencia expositiva e de titorías en grupos reducidos realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade.
Para a titorización do traballo tutelado utilizaranse os anteriores medios (correo electrónico e Teams para consultas individuais ou de grupo reducido. Os foros de Moodle para consultas de tipo xeral).

4. Modificacións na avaliación
Non se realizan modificacións.
*Observacións de avaliación:
Tanto o traballo tutelado coma as actividades do obradoiro deberán ser realizados telematicamente. O material coa gravación e transcrición dos textos será depositado en Moodle.
O traballo tutelado será titorizado por vía telemática (correo electrónico, Moodle, Teams).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e aplicación das metodoloxías da Dialectoloxía. A1
A2
A3
B7
Coñecemento da variación lingüística do español A10
A14
A15
A20
A21
B1
B3
B5
C4
Coñecemento da formación e desenrolo das distintas variedades diatópicas do español. A15
A18
A20
A21
A22
B5
B8
C4
Coñecemento das variedades de uso do español. A1
A2
A3
A5
A10
A20
A21
B5
B7
B8
B10
C1
Análise, comentario e identificación de textos orais o escritos das diferentes variedades do español. A1
A2
A3
A9
A10
A20
A21
B2
B8
C1
Coñecemento e recoñecemento das características das principais variedades diatópicas do español. A1
A2
A11
A19
A21
B1
B5
B6
B8

Contidos
Temas Subtemas
1. A variación na lingua 1.1. Lingua histórica e lingua funcional. Lingua e dialecto.
1.2. Variación difásica.
1.3. Variación diastrática.
1.4. Variación diacrónica.
1.5. Variación diatópica.
2. Variedades diatópicas do español. A variación dialectal en España 2.1. Introducción: a formación das linguas en España
2.2. Variedades históricas romances que perviven actualmente:
2.2.1 Asturiano-leonés. Límites e variedades. Situación actual. Características
2.2.2. Aragonés. Límites. Situación actual. Características
2.3. Variedades sintópicas meridionais do español:
2.3.1. Características xerais
2.3.2. O andaluz. Modalidad oriental e occidental

3. Variedades diatópicas do español. O español de América 1. Orixe. Español de América, andaluz e canario. O español atlántico.
2. División dialectal do español de América.
3. Principais rasgos do español de América.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A22 A21 A20 A18 A15 A14 A11 A9 A5 A3 A1 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C1 1 29 30
Obradoiro A2 A3 A9 A10 A11 A15 B5 B8 12 30 42
Actividades iniciais B1 B6 1.5 0 1.5
Sesión maxistral A1 A3 A18 A19 A20 A21 C4 15 22.5 37.5
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo no que aplicaránse os coñecementos adquiridos e os métodos propostos nas clases teóricas e nos talleres. O seguimento por parte do profesor, que será obrigatorio, poderá facerse en tutorías presenciais ou a través do correo electrónico.
Obradoiro Análise e comentario de textos breves, orais ou escritos, de diversas variedades do español. Pode levar prácticas a través de TIC.
Actividades iniciais Realizarase unha presentación do curso.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Valorarase a participación do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
As actividades dos talleres e especialmente o traballo tutelado realizaranse baixo un seguimento continuado do profesor, que se poderá facer en titorías presenciais ou a través do correo electrónico.

Alumnos con dispensa académica: Nas titorías poderase proceder ao seguimento da súa actividade de xeito individualizado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A22 A21 A20 A18 A15 A14 A11 A9 A5 A3 A1 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C1 Traballo no que se aplicarán os coñecementos adquiridos e os métodos propostos nas clases teóricas e nos talleres. Valorarase tamén o progreso do traballo a través das titorías (presenciais ou a través do correo electrónico) e a presentación na aula. 20
Obradoiro A2 A3 A9 A10 A11 A15 B5 B8 Análise e comentario de textos breves de diversas variedades do español. 80
 
Observacións avaliación

Cualificarase como non presentado quen non entregue ningunha actividade.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación na edición de actas da primeira oportunidade e ademáis non recupere ningunha actividade das pendentes.

Os traballos ou actividades enviaranse a través de Moodle ou correo electrónico, salvo que o profesor indique outra cousa. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.


Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles o mesmo
sistema de avaliación (con maior flexibilidade nas datas, que se
acordarán entre profesor e alumno).


Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel equivalente a B1
como mínimo para matricularse na materia. Ao final de curso, esixirase
para superar a materia un nivel equivalente a B2.


Fontes de información
Bibliografía básica Aleza Izquierdo, Milagros y Enguita Utrilla, José M.ª (coords.) (2010). La lengua española en América: normas y usos actuales. València: Universitat de València
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2011). Nueva gramática de la lengua española. Fonética y fonología. Madrid: Espasa
Sánchez Méndez, Juan (2003). Historia de la lengua española en América. Valencia: Tirant Lo Blanch
Alvar, Manuel (dir.) (1996). Manual de dialectología hispánica. El español de América. Barcelona: Ariel
Alvar, Manuel (dir.) (1996). Manual de dialectología hispánica. El español de España. Barcelona: Ariel
Lipski, John M. (1996). El español de América. Madrid: Cátedra
Frago Gracia, Juan Antonio y Franco Figueroa, M. (2001). El español de América. Cádiz: Universidad de Cádiz
Narbona, Antonio; Rafael Cano, y Ramón Morillo-Velarde (1998). El español hablado en Andalucía. Barcelona: Ariel
García Mouton, Pilar (2007). Lenguas y dialectos de España. Madrid: Arco/Libros, 5.ª ed.
Coseriu, Eugenio (1981). “Los conceptos de `dialecto', ‘nivel’ y ‘estilo de lengua’ y el sentido propio de la dialectología”. Lingüística Española Actual, III, pp. 1-32.

Bibliografía complementaria Abad Nebot, Francisco (1982). "Variedades dialectales y literarias de la lengua". en VV. AA.: Introducción a la lingüística. Madrid: Alhambra, pp. 285-313
Frago Gracia, Juan Antonio (1996). Andaluz y español de América: historia de un parentesco lingüístico. Sevilla: Junta de Andalucía
Ariza, Manuel (1994). Comentario de textos dialectales. Madrid: Arco/Libros
Piñeros, Carlos-Eduardo (2006-11). Dialectoteca del español. Iowa: University of Iowa (http://www.uiowa.edu/~acadtech/dialects/).
Saralegui, Carmen (1997). El español americano: teoría y textos. Pamplona: EUNSA
Fontanella de Weinberg, Beatriz (1992). El español de América. Madrid: MAPFRE
Vaquero, María (1998). El español de América I. Pronunciación. Madrid: Arco/Libros
Vaquero, María (1998). El español de América II. Morfosintaxis y léxico. Madrid: Arco/Libros
Frago Gracia, Juan Antonio (1993). Historia de las hablas andaluzas. Madrid: Arco/Libros
Narbona Jiménez, Antonio (coord.) (2009). La identidad lingüística de Andalucía. Sevilla: Centro de Estudios andaluces, Junta de Andalucía
Sánchez Rei, Xosé Manuel (2011). Lingua galega e variación dialectal. Ames: Edicións Laiovento

En cada tema poderanse indicarar máis referencias bibliográficas.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Español Actual/613G01028

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías