Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea Código 613G01033
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XX á actualidade.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á producción literaria e cultural galega dos séculos XX e XXI. A1
A11
A12
A22
B8
B11
B25
C1
C3
C6
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. A1
A2
A3
A4
A7
A9
A10
A11
A14
A15
B1
B2
B7
B9
C1
C4
C6
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma A3
A4
A7
A11
A14
A15
B1
B3
B5
B7
B8
C1
C4
C6
Aplicar as técnicas de análise cultural considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos A1
A2
A3
A4
A7
A9
A11
A14
A15
B1
B3
B7
B8
C1
C4
C6
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos da creación literaria. A2
A4
A10
A11
A15
B1
B2
B3
B4
B6
C4
C6
C8
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. A7
A11
A14
A15
B3
B5
B7
B8
B10
C1
C4
C6
C8
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais. . A4
A7
A10
A11
A14
A15
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura galega no século XX 1.1. Caracterización, periodización.
1.2. Cuestións metodolóxicas.
2. O tempo das Irmandades da Fala. 2.1. Contexto histórico e ideolóxico. Caracterización xeral.
2.2. As liñas de actuación cultural das Irmandades: ampliación e consolidación do sistema literario.
2.3. Grupo Nós
2.4. Xeración das Vangardas.
3. A literatura de posguerra e o exilio nas dúas beiras do Atlántico: continuidade e ruptura 3.1. A Guerra Civil e a posguerra en Galiza.
3.2. A literatura e a cultura galegas na emigración e no exilio.
4. A recuperación literaria no interior a partir de 1950. 4.1. A reconstrución do sistema literario: axentes editoriais e actividade cultural.
4.2. Principais autores e autoras. Grupos e movementos.

5. Da década de oitenta á actualidade. 5.1. A irrupción das autoras e a renovación dos discursos.
5.2. Diversificación xenérica e últimas tendencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B5 B8 B9 B10 C4 C6 11 11 22
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 2 26 28
Traballos tutelados A1 A12 A1 A3 A4 A22 B8 B11 B4 6 1.5 7.5
Lecturas A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C4 C8 1 25 26
Análise de fontes documentais A11 A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B25 C1 C3 C6 C1 C6 9 12 21
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación por parte da profesora das liñas xerais de cada un dos temas contemplados no programa da materia co enfoque previsto no descritor.
Será avaliábel a asistencia activa ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Traballos tutelados Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigada. As súas dimensións e temática serán acordados coa profesora.
Lecturas Lectura obrigada dos textos literarios indicados no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Análise de fontes documentais A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación, así como de textos críticos, historiográficos ou xornalísticos, e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. Previamente, o/a estudante deberá ler e preparar os textos de forma individual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A profesora orientará os e as estudantes na preparación da presentación oral, da proba mixta e en calquera outra cuestión sobre a que o/a estudante solicite orientación.
A atención persoal poderá ser presencial, no horario previsto a estes efectos, ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C4 C8 As lecturas obrigatorias representan unha das actividades principais do curso polo que deben ser realizadas en tempo para poder participar de forma efectiva nas sesións e, tamén, para levar a cabo a presentación oral.
O control das lecturas poderá realizarse mediante preguntas ou comentarios nas sesións presenciais ou cunha parte específica dentro da proba mixta.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tantos nas sesión maxistrais como nas de análise documental, e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
40
Análise de fontes documentais A11 A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B25 C1 C3 C6 C1 C6 A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 20
Traballos tutelados A1 A12 A1 A3 A4 A22 B8 B11 B4 Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigada. As súas dimensións e temática serán acordados coa profesora. Nel se valorarán o contido, a presentación, así como o uso correcto da bibliografía. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ademais, todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). 

Na segunda oportunidade, deberanse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, e e aprobar a
proba mixta.

Terá a calificación de "non presentado" quen non realice o 50% das
actividades. 

O/a estudante con dispensa académica deberá porse en contacto coa profesora enviando un correo electrónico a laura.tato@udc.gal.



Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle)

-------------------------

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Fontes de información
Bibliografía básica Vilavedra, D. (coord.) (1995-2000 ). Diccionario da Literatura Galega. Vigo, Galaxia
Lourenzo, M. / Pillado Mayor, F. (1987). Dicionario do teatro galego. Sotelo Blanco, Barcelona
Tarrío, A. (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV). A Coruña, Hércules de edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo, Galaxia
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo, Galaxia
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura galega III. Vigo, Xerias
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.) (1996 ). Historia da Literatura Galega, 5 vols.. Vigo, A Nosa Terra
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936 . A Nosa Terra, Vigo
Bernárdez, C. L. et alii (2001). Literatura galega S. XX. Vigo, A Nosa Terra
Tarrío, A. (1997). Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo, Xerais

OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIA: - 

A. R. CASTELAO (1922): Retrincos
R. OTERO PEDRAYO (1929): A lagarada
Á. CUNQUEIRO (1958): O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca
M. REIMÓNDEZ (2006): O club da calceta

 



Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: laura.tato@udc.gal



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías