Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lexicoloxía e Semántica do Español Código 613G01035
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Lopez Palma, Helena
Correo electrónico
helena.palma@udc.es
Profesorado
Lopez Palma, Helena
Correo electrónico
helena.palma@udc.es
Web
Descrición xeral Estudio teórico y descriptivo del significado en expresiones del español. Análisis de la estructuración y composición del significado de la lengua española.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais correntes de estudio dos ámbitos relacionados co léxico e a súa aplicación ao español. A1
A2
A3
A11
A12
A15
A20
A21
A23
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B10
C1
C6
C8
Coñecer os niveis léxico e semántico do español e telos en conta na análise e explicación de textos. A1
A2
A19
A22
B3
B5
B6
B7
C6
Coñecer e saber identificar razoadamente as unidades léxicas do español e as relacións entre elas. A1
A2
A3
A5
A10
A15
B1
B3
B5
B6
B7
C1
Coñecer e saber utilizar co máximo aproveitamento e de forma crítica os dicionarios do español. A5
B1
B2
B3
B4
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. O estudo do significado Disciplinas que estudan o significado.
Tipos de significado: significado *eritativo-funcional, significado emocional.
Denotación, mostración.
Sentido, referencia.
2. As unidades semánticas Predicados, cuantificadores, trazos semánticos.
Variables, constantes.
3. Semántica léxica: a estruturación do léxico Campos léxicos.
Relacions léxicas.
4. Lexicoloxía sincrónica Formación de palabras.
Tendencias do léxico do español.
5. Lexicoloxía diacrónica Procedencia do léxico español.
Préstamos.
Cambios semánticos.
Etimoloxía.
6. Lexicografía do español Introducción a Lexicografía.
Os diccionarios do español.
7. Semántica composicional A función interpretativa.
8. Actitudes proposicionais Crenzas, afirmacións, preguntas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 B4 B5 C1 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A3 A21 A22 B5 21 30 51
Obradoiro A1 A2 A10 A12 A15 A19 A20 B1 B2 B8 C6 21 30 51
Lecturas A3 A11 A23 B3 B6 B7 0 10 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C8 0 14 14
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 A22 A23 B4 B5 B10 C1 2 20 22
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obteer información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Agárdase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesor.
Lecturas Lectura reflexiva e asimilación de diversos artígos ou capítulos de libros.
Traballos tutelados Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia. Será imprescindible o seguimento da súa preparación por parte do profesor.
Proba mixta Exame final no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Obradoiro
Lecturas
Descrición
As actividades dos obradoiros levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica un uso intensivo das titorías.
A atención personalizada faise especialmente necesaria nas actividades cuxa formulación ou desenvolvemento sexan diferentes para cada estudante.
Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios, o traballo tutelado e o exame final.
As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico ou a plataforma Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C8 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia.
Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística, a calidade e profundidade da análise e a relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia.
20
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 A22 A23 B4 B5 B10 C1 Exame final na data oficial establecida pola Facultade no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. Poderá consistir no desenvolvemento de contidos, aplicación de coñecementos á análise de elementos léxicos ou textos, preguntas cortas, etc. Poderá incluír contidos das sesións maxistrais, os obradoiros e as lecturas. 50
Obradoiro A1 A2 A10 A12 A15 A19 A20 B1 B2 B8 C6 Exercicios que se desenvolverán tanto nas aulas como fóra delas. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Cualificarase como non presentado a quen non se presente ao exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar tódolos instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só cualificarase como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame
oficial de xullo.

Para a segunda edición de actas a data límite de entrega do traballo e as actividades será a data fixada oficialmente para o exame.

Os traballos ou actividades enviaranse por correo electrónico dende a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Só se aceptarán traballos, actividades etc., que se entreguen no plazo establecido.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.). Penalizarase a cualificación dos escritos que non se axusten a esta norma.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.

Estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida. Realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acordo co profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica Escandell Vidal, M. Victoria (2007). Apuntes de semántica léxica. Madrid: UNED
Lara, Luis Fernando (2006). Curso de lexicología. México: El Colegio de México
Otaola Olano, Concepción (2003). Introducción a la lexicología de la lengua española. Madrid: UNED
Casas Gómez, Miguel (1999). Las relaciones léxicas. Tubinga: Max Niemeyer
Otaola Olano, Concepción (2001). Lengua Española III. Semántica. Lexicología. Lexicografía. Madrid: UNED
Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003). Lexicografía española. Barcelona: Ariel
Porto Dapena, José-Álvaro (2009). Lexicografía y metalexicografía: Estudios, propuestas y comentarios. A Coruña: Universidade da Coruña
Otaola Olano, Concepción (2004). Lexicología y semántica léxica teoría y aplicación a la lengua española. Madrid: Ediciones Académicas
Lopez Palma, Helena (2013). Notes. UDC
Miguel, Elena de (ed.) (2009). Panorama de la lexicología. Barcelona: Ariel
Lyons, John (1997). Semántica lingüística: Una introducción. Barcelona: Paidos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Adaptación

A materia poderá ser adaptada a estudantes con discapacidades, que non teñan un nivel de español similar ao do nativo ou que por calquera motivo precisen algunha modificación en calquera dos aspectos reflectidos nesta guía docente. Prégase aos interesados que se poñan en contacto co profesor ou co seu titor.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías