Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Lexicoloxía e Semántica do Español Código 613G01035
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Profesorado
Cordoba Rodriguez, Felix
Correo electrónico
felix.cordoba@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo teórico e descritivo do léxico español. Análisis da estruturación do significado na lingua española.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais correntes de estudio dos ámbitos relacionados co léxico e a súa aplicación ao español. A1
A2
A3
A11
A12
A15
A20
A21
A23
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B10
C1
C6
C8
Coñecer os niveis léxico e semántico do español e telos en conta na análise e explicación de textos. A1
A2
A19
A22
B3
B5
B6
B7
C6
Coñecer e saber identificar razoadamente as unidades léxicas do español e as relacións entre elas. A1
A2
A3
A5
A10
A15
B1
B3
B5
B6
B7
C1
Coñecer e saber utilizar co máximo aproveitamento e de forma crítica os dicionarios do español. A5
B1
B2
B3
B4
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. O estudo do léxico Disciplinas que estudan o léxico.
2. Semántica do español: unidades léxicas A palabra
3. Semántica do español: estruturación do léxico Campos léxicos
Relacións léxicas
4. Lexicoloxía Lexicoloxía sincrónica
Lexicoloxía diacrónica
5. Lexicografía do español Introdución á lexicografía
Os dicionarios: construción e análise

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 B4 B5 C1 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A3 A21 A22 B5 21 21 42
Obradoiro A1 A2 A10 A12 A15 A19 A20 B1 B2 B8 C6 30 30 60
Lecturas A3 A11 A23 B3 B6 B7 0 10 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C8 0 20 20
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 A22 A23 B4 B5 B10 C1 2 14 16
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Agárdase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesor.
Lecturas Lectura reflexiva e asimilación de diversos artígos ou capítulos de libros.
Traballos tutelados Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia. Será imprescindible o seguimento da súa preparación por parte do profesor.
Proba mixta Exame final no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Obradoiro
Lecturas
Descrición
A atención personalizada é obrigatoria durante a elaboración do traballo tutelado, cuxa formulación e desenvolvemento son diferentes para cada estudante.

Algunhas actividades dos obradoiros levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica o uso das titorías.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios, o traballo tutelado e o exame final despois da súa avaliación.

As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico, os foros do Campus Virtual ou Teams.

O alumnado con dispensa académica ou con medidas de apoio á diversidade está especialmente invitado a empregar as titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C8 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia que se realizará co seguimento do profesor.
Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística e a profundidade da análise, ademais da relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia.
30
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 A22 A23 B4 B5 B10 C1 Exame final na data oficial establecida pola Facultade no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. Poderá consistir no desenvolvemento de contidos, aplicación de coñecementos á análise de elementos léxicos ou textos, preguntas cortas, etc. Poderá incluír contidos das sesións maxistrais, os obradoiros e as lecturas. Avaliarase o rigor, a exactitude, a axeitada estruturación, a corrección lingüística e a calidade e profundidade da análise. 40
Obradoiro A1 A2 A10 A12 A15 A19 A20 B1 B2 B8 C6 Actividades diversas que se desenvolverán nas clases. 30
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

- Os traballos ou actividades entregaranse a través do Campus Virtual da UDC nos prazos fixados.

- O traballo tutelado entregarase antes do 2 de decembro. É obrigatoria a titorización e seguimento por parte do docente das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non se admitirá un traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

- As actividades, o traballo e o exame deben cumprir coas esixencias de corrección lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica, rexistro formal etc.).

- O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados polo/a estudante noutras materias.

- Deberase gardar unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na recepción.

- Cualificarase como non presentado quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira nin na segunda oportunidade, independientemente do número de actividades entregadas.

- Na segunda edición de actas (segunda oportunidade) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no Campus Virtual da UDC. As tarefas e o traballo tutelado entregaranse a data establecida para o exame oficial.

- Na convocatoria adiantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no Campus Virtual. O alumnado que se acolla a esta convocatoria debe contactar co profesorado responsable da materia con antelación suficiente.

- Alumnado con dispensa académica de asistencia a clases recoñecida: as tarefas do obradoiro serán substituídas por actividades. O alumnado afectado debe contactar co profesorado responsable da materia.

- Estudantes que precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade do centro (pat.filoloxia@udc.gal).

- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B2 ou superior para cursar esta materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Escandell Vidal, M. Victoria (2012). Apuntes de semántica léxica. Madrid: UNED <https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/48522>
Lara, Luis Fernando (2006). Curso de lexicología. México: El Colegio de México
Casado Velarde, Manuel (2021). Curso de semántica léxica del español . Pamplona: EUNSA
Otaola Olano, Concepción (2003). Introducción a la lexicología de la lengua española. Madrid: UNED
Otaola Olano, Concepción (2001). Lengua Española III. Semántica. Lexicología. Lexicografía. Madrid: UNED
Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003). Lexicografía española. Barcelona: Ariel <https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/48327>
Porto Dapena, José-Álvaro (2009). Lexicografía y metalexicografía: Estudios, propuestas y comentarios. A Coruña: Universidade da Coruña
Caballero Rodríguez, M.ª del Rosario (2016). Lexicographic Tools: a coursebook . Cuenca: Univ. de Castilla-La Mancha <https://elibro.net/es/lc/bibliotecaudc/titulos/57332>
Otaola Olano, Concepción (2004). Lexicología y semántica léxica. Teoría y aplicación a la lengua española. Madrid: Ediciones Académicas
Miguel, Elena de (ed.) (2009). Panorama de la lexicología. Barcelona: Ariel

Materiais incluidos no Campus Virtual.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías