Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX Código 613G01036
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo de autores, obras, períodos e movementos literarios máis significativos ou representativos da literatura española dos séculos XVIII e XIX.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A15
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A5
A10
A11
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A11
A14
B5
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. A16
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española. A17
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de procura de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B5
B6
B7
B10
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3

Contidos
Temas Subtemas
1. A paisaxe literaria, entre Ilustración e Romanticismo.


1.1. Introdución e conceptos.
1.2. Análises de paisaxes líricas.
1.3. A paisaxe na arte da época.
2. O amor romántico e as lecturas de xénero.
2.1. Olladas femininas, olladas masculinas.
2.2. De Teresa a Julia: as musas líricas.
2.3. O amour fou no drama romántico.
2.4. Representacións do amor e da muller na arte da época.
3. A invención da realidade. 3.1. A teoría da novela en Galdós, Clarín e Pardo Bazán.
3.2. Insolación, de Pardo Bazán, como síntoma.
3.3. A representación gráfica e artística do Realismo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 B1 B3 10 10 20
Obradoiro A1 A2 A10 A14 A15 A16 B5 B6 B7 B10 C3 10 5 15
Discusión dirixida A2 A10 A11 B3 B6 B7 17 18 35
Traballos tutelados A1 A2 A10 A14 A16 B1 B3 B6 B7 C3 0 30 30
Proba obxectiva A1 A2 A5 A10 A14 A16 A17 B1 B3 B6 B7 C3 1 45 46
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico e expositivo.
Obradoiro Sesións de traballo en que o conxunto do alumnado realiza diferentes actividades, derivadas dos contidos das sesións maxistrais, e desenvolve destrezas relacionadas cos obxectivos e contidos da materia: análise de documentos, exposicións, textos comentados, prácticas mediante TIC, probas varias… O obradoiro ten un carácter eminentemente metodolóxico e práctico.
Discusión dirixida Discusión aberta, activa e participativa dos temas desenvolvidos nas aulas. Enténdese como complementaria da asistencia activa durante o curso. Require lectura previa das obras.
Traballos tutelados Traballo escrito, avaliable, tutelado polo profesor, que no seu caso poderá ser defendido e comentado na aula.
Proba obxectiva Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais marcadas, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos obradoiros e discusións dirixidas. Pode incluír un control das lecturas obrigatorias.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a estudante recibirá a guía e axuda que precisar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A5 A10 A14 A16 A17 B1 B3 B6 B7 C3 Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais de xuño e de xullo, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos obradoiros e discusións dirixidas. Pode incluír un control das lecturas obrigatorias. 50
Sesión maxistral A17 B1 B3 A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será controlada e avaliable de maneira continuada. 10
Traballos tutelados A1 A2 A10 A14 A16 B1 B3 B6 B7 C3 Traballo puntuable, escrito, escollido coa tutela do profesor, que no seu caso poderá ser defendido e discutido na aula. 40
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola
proba obxectva escrita (exame) que cada estudante realizará ao finalizar a materia. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 no exame
non se compensaría cunha suma de 7 por traballos tutelados e por asistencia e
participación.) Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
horarios oficiais do centro.

2. O 40% obterase pola realización dun traballo escrito, tutelado polo profesor, que no seu caso sería exposto e debatido nas aulas.

3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. A tal fin, estableceranse controis periódicos de asistencia. Observaranse
asemade o aproveitamento e evolución, a dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas
oportunidades (xuño e xullo) será froito dunha avaliación semellante, mediante
un exame e probas obxectivas para as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.

5. A convocatoria oficial de exame, tanto en
xuño como en xullo, significa a necesidade ineludible da súa realización para
obter cualificación e, por tanto, no caso de xullo, será independente de
calquera exame anterior. No caso dos traballos tutelados, polo contrario, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda convocatoria,
a de xullo. En caso de estar suspensos ou non realizados, deberán ser feitos e entregados antes das
probas pertinentes.

6. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen.

7. As probas escritas e as actividades deben
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección linguística (acentuación,
ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
con medio punto por falta.

8. No caso de estudantes de lingua estranxeira,
será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2.

9. O alumnado será
avaliado e cualificado sempre que acuda ao exame. Por tanto, recibirán
cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas a
ningunha proba oficial escrita.


Fontes de información
Bibliografía básica

Fontes de información 1

Lecturas obrigatorias

1. Textos sobre paisaxe dos séculos XVIII e XIX (pdf en Moodle ou proporcionados na aula).

2. José Zorrilla, Don Juan Tenorio. Ed. Luis Fernández Cifuentes. Madrid: Real Academia Española e Galaxia Gutenberg, 2012.

--Edición alternativa: Don Juan Tenorio: drama religioso-fantástico en dos partes, ed. Joaquín Juan Penalva. Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2002: <http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/don-juan-tenorio-drama-religiosofantastico-en-dos-partes--0/html/>

3. Gustavo Adolfo Bécquer, Rimas, ed. dixital de Luís Caparrós Esperante, Alcalá de Henares: Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes): <http://cvc.cervantes.es/obref/rimas/> (consultada o 25/06/2015).

––Edición alternativa: Russell P. Sebold, ed. Madrid: Espasa Calpe (Clásicos Castellanos, Nueva Serie, 22), 1991.

4. Selección de textos de José de Espronceda a partir das seguintes edicións:

--Poesías líricas y fragmentos épicos, 7ª ed., ed. Robert Marrast. Madrid: Castalia, 1993.

––El estudiante de Salamanca. El diablo mundo, 3ª ed., ed. Robert Marrast. Madrid: Castalia, 1978.

––Diferentes obras dixitalizadas en Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: <http://www.cervantesvirtual.com/FichaAutor.html?Ref=134> (consultada o 25/06/2015).

5. Textos de Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Rosalía Castro (pdf en Moodle ou distribuídos na aula).

6. Emilia Pardo Bazán, Insolación (Historia amorosa), ed. de Ermitas Penas Varela. Madrid: Cátedra, 2001.

––Edición dixital alternativa, en Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2000. Baseada na 1ª ed. de Barcelona: Sucesores de N. Ramírez y Cía, 1889, e Obras completas.Tomo II: novelas, Madrid, Fundación José Antonio de Castro, 1999, pp. 615-764: <http://www.cervantesvirtual.com/obra/insolacion-historia-amorosa--0/> (consultada o 25/06/2015).

Bibliografía complementaria

Fontes de información 2

Bibliografía complementaria

Aguilar Piñal, Francisco, dir., Historia literaria de España en el siglo XVIII, Madrid: Trotta CSIC, 1996.

Albiac Blanco, María-Dolores, Razón y sentimiento 1692-1800. Historia y Crítica de la Literatura Española, VI, dir. José Carlos Mainer, Barcelona: Crítica, 2011.

Alonso, Cecilio, Hacia una literatura nacional 1800-1900. Historia y Crítica de la Literatura Española, VI, dir. José Carlos Mainer, Barcelona: Crítica, 2010.

Argullol, Rafael, La atracción del abismo. Un itinerario por el paisaje romántico, Barcelona: Destino, 1983.

Auerbach, Eric, Mimesis: la representación de la realidad en la literatura occidental (1946), México: Fondo de Cultura Económica, 1993.

Burke, Edmund, Indagación Filosófica sobre el origen de nuestras ideas acerca de lo sublime y de lo bello (1757), estudio preliminar y trad. de Menene Gras Balaguer, Madrid: Tecnos (Colección Metrópolis), 1987.

Caldera, Ermanno, El teatro español en la época romántica, Madrid: Castalia, 2001.

Capel, María Rosa, coord., Mujer y sociedad en España, 1700-1975, Madrid: Ministerio de Cultura, 1982.

Carnero, Guillermo, coord., Historia de la literatura española. 6. El siglo XVIII (I), V, dir. V. García de la Concha, Madrid: Espasa Calpe, 1995.

Carnero, Guillermo, coord., Historia de la literatura española. 8. Siglo XIX (II), V, dir. V. García de la Concha, Madrid: Espasa Calpe, 1997.

Clark, Kenneth, La rebelión romántica. El arte romántico frente al clasico, Madrid: Alianza, 1990.

Curtius, Ernst Robert, Literatura europea y Edad Media latina, México y Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1984.

Díaz-Diocaretz, Myriam, e Iris M. Zavala, coords., Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana), Barcelona: Anthropos, 1993-1998.

Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989.

Gilbert, Sandra M., y Susan Gubar, La loca del desván: la escritora y la imaginación literaria del siglo XIX, Madrid: Cátedra, Instituto de la Mujer y Universidad de Valencia, 2000.

Glendinning, Nigel, El siglo XVIII, vol. 4 de Historia de la literatura española, R. O. Jones, coord., Barcelona: Ariel, 1973.

Guillén, Claudio, “Paisaje y literatura o los fantasmas de la otredad”, en A. Vilanova, ed., Actas del X Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas, I, Barcelona: PPU, 1992, pp. 77-98.

Gullón, Germán, El jardín interior de la burguesía: la novela moderna en España (1885-1902), Madrid: Biblioteca Nueva, 2003,

Mayoral, Marina, ed., Escritoras románticas españolas, Madrid: Fundación Banco Exterior, 1990.

Navas Ruiz, Ricardo, El romanticismo español, Madrid: Cátedra, 1990.

Oleza, Joan, La novela del XIX : del parto a la crisis de una ideología, Valencia: Bello, 1976. En liña o capítulo “Realismo y naturalismo en la novela española” (pp. 19-37): <http://www.cervantesvirtual.com/obra/realismo-y-naturalismo-en-la-novela-espaola-0/>

Polt, John H. R., ed., Poesía del siglo XVIII, Madrid: Castalia, 1982.

Romero Tobar, Leonardo, Panorama del romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.

Rubio Cremades, Enrique, Panorama crítico de la novela realista-naturalista española, Madrid: Castalia, 2001.

Sebold, Russell P., El rapto de la mente. Poética y poesía dieciochesca, Barcelona: Anthropos, 1989.

Silver, Philippe, Ruina y restitución: reinterpretación del romanticismo en España, Madrid: Cátedra, 1995.

Villanueva, Darío, Teoría de la novela en Galdós: < http://mdc.ulpgc.es/cdm/ref/collection/galdosianos/id/1165 >

Villanueva, Darío, y Fernando Cabo Aseguinolaza, eds., Paisaje, juego y multilingüismo: Actas del X Simposio de la Sociedad Española de Literatura General y Comparada (Santiago de Compostela, 18-21 de octubre de 1994), I, Santiago de Compostela: Universidade, 1996.

Villanueva, Darío, Teorías del realismo literario, Madrid: Instituto de España y Espasa-Calpe, 1992.

_____

Durante o curso iranse engadindo referencias secundarias, como parte do propio proceso de aprendizaxe.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías