Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Hispanoamericana Código 613G01038
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Profesorado
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos principais movimentos, autores e obras das literaturas hispanoamericanas, tendo en conta as diferentes etapas históricas dende o Descubrimento até a actualidade, estudadas en conxunto como parte dunha realidade histórica, alén de estética. Estudo contextual e estudo literario práctico elaborado a partires do traballo cos textos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos.
Non se modifican os contidos d amateria, por ser contidos básicos dunha materia troncal que so se imparte neste curso.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, que se impartirá por Teams.
Obradoiro, que se impartirá por Teams, co apoio de Moodle cando sexa preciso facer entregas de prácticas.
Proba mixta, que se realizará de xeito asíncrono ca axuda de Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.Diariamente: e-mail e moddle.
Semanalmente: 1 sesión de teams en grupo grande e 1 en grupo reducido.

4. Modificacións na avaliación.
Non hai modificacións na avaliación que se fará cunha proba mixta e cos resultados dos traballos dirixidos do obradoiro.

*Observacións de avaliación:
A avaliación da segunda oportunidade consistirá nunha proba mixta co mesmo deseño que na primeira oportunidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A19 Dominar a gramática da lingua española.
A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a literatura dos paises americanos e entender a realidade histórica. A17
A18
A20
A21
A22
B5
B8
Coñecer e aplicar as técnicas de análise de texto. A1
A2
A10
A11
A15
A16
A17
A19
A23
B1
B2
B3
B4
Ter capacidade para avaliar un texto dende a crítica e a historia. A1
A2
A10
A11
A15
A16
A17
A18
B5
B7
Entender a idea de América e a riqueza das súas culturas. A15
A18
A20
A21
B5
B8
C4
Comprender a conquista e a colonización, a independencia e a actualidade americana dende a súa producción literaria en diversos xéneros. A1
A2
A10
A14
A18
A20
A21
B7
B8
B9
B10
Desenvolverse para unha cidadanía culta e aberta a revisión continua da realidade e a historia. A11
A15
B7
B8
B9
B10
C4

Contidos
Temas Subtemas
Introducción. Contextos históricos, xeográficos e culturais.
As culturas precolombinas
A invención de América
As crónicas de Indias. Colón, Bernal Díaz del Castillo, Fray Bartolomé de las Casas, Alvar Núñez Cabeza de vaca.
Literatura colonial hispanoamericana. A configuración da sociedade americana. Renacimiento
Barroco
Ilustración
A emancipación.A novela romántica e realista hispanoamericana. Romántica
Antiesclavista
Histórica
Sentimental
Indianista
Realista
Contextos históricos e culturais de fines do século XIX. Decadentismo e Modernismo José Asunción Silva
Rubén Darío
O século XX. A vangarda poética hispanoamericana. Vicente Huidobro
César Vallejo
Pablo Neruda
Octavio Paz.
O conto hispanoamericano do século XX. Teoría e práctica do conto. Juan Emar
Jorge Luis Borges
Augusto Monterroso
Juan Jose Arreola
A novela hispanoamericana no século XX.
O real maravilloso. A nova novela. A internacionalización.
Miguel Ángel Asturias
Alejo Carpentier
Juan Rulfo
Julio Cortázar
Carlos Fuentes
A literatura hispanoamericana actual. Últimas tendencias da creación e a crítica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B8 B9 B10 C4 3 0 3
Sesión maxistral A2 A10 A14 A17 A18 A20 A22 A23 B3 21 30 51
Obradoiro A1 A2 A10 A11 A14 A15 A16 A19 A21 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 18 51 69
Proba mixta A2 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B7 3 21 24
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte á materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral A sesión maxistral contempla a exposición razoada de metodoloxías e contidos, alén da exposición do contexto estético e histórico en que se insire a proposta de cada un dos temas do programa. A sesión maxistral ten carácter teórico e posúe o valor imprescindible de conter os fundamentos das sesións prácticas, que axudan ao alumnado co dominio das competencias da materia. Prepara para a autoformación, para as sesións de traballo no obradoiro e posteriormente para a proba mixta.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de traballos prácticos cos que se procura o dominio da disciplina mediante a aplicación de formulacións metodolóxicas diversas. O alumnado realizará comentarios, simulacións, discusións dirixidas, análises de documentos e, tamén, propostas razoadas de investigacións futuras nun tema, e analizarán a súa viabilidade.
Proba mixta A proba mixta consistirá na realización dun cuestionario sobre diferentes contidos da materia e tamén un ensaio orixinal en que se poderá solicitar a explicación dun tema contextual ou estético-literario, que se aplique e se exemplifique mediante a análise dun fragmento facilitado ao alumno ou alumna e que este deberá recoñecer e explicar. A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
A realización das diferentes actividades do obradoiro teñen carácter de prácticas nas que se elaboran modelos críticos, ca utilización de fontes bibliográficas adecuadas. A boa utilización dos recursos do obradoiro require correccións individualizadas, indicacións expresas, facilitación do material necesario a cada alumno na sua diversidade.

A sesión maxistral esixe persoalizar a atención, dada a diversidade do alumnado que require de explicacións e preparación para a afrontala.

A proba mixta require a atención a diversidade do alumnado e a explicación das tarefas complexas que se solicitarán na mesma.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A10 A11 A14 A15 A16 A19 A21 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 O obradoiro está conformado por un conxunto de actividades que propón o profesor ou profesora e que leva a cabo o alumnado baixo a súa tutela. Os traballos exporanse e entregaranse ou debatiranse na aula. Cada un deles terá unha cualificación e, no conxunto, unha avaliación global. 50
Proba mixta A2 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B7 A proba mixta recoñecerá o aproveitamento das sesións maxistrais e a súa aplicación nos obradoiros. Complementa de maneira significativa a cualificación obtida no obradoiro e na sesión maxistral. 50
 
Observacións avaliación

Os  alumnos deberán acadar unha calificación mínima de 5 en cada unha
das dúas metodoloxías avaliables para poder aprobar a asignatura.Os alumnos que non sexan
avaliados positivamente na primeira convocatoria deberán facer unha nova
proba mixta, agás dun traballo individualizado se suspenderan o obradoiro, dependendo en cada caso das competencias que debe
incrementar.  

 Terase en conta a situación dos alumnos con dispensa académica que
deberán informar o profesor da sua condición o inicio do curso. O
profesor deseñará  un sistema de avaliación que, agás de outras
actividades evaluables, como prácticas textuais e bibliográficas, incluirá unha proba mixta especialmente
formulada para un alumno que non participara nas sesións de obradoiro. 

 A
avaliación  na segunda oportunidade  consostira nunha  proba mixta na que se incluirá unha práctica de comentario.

A convocatoria de decembro consistirá nunha proba mixta na que se incluirá unha práctica de comentario.

Calificaránse con non presentado os alumnos que non entreguen as prácticas  do obradoiro e /ou non se presenten a proba mixta.


Fontes de información
Bibliografía básica

Obras de referencia:

Trinidad Barrera, Historia de la Literatura Hispanoamericana. Siglo XX, Madrid: Cátedra, 2008. 

Roberto Glez. Echevarría/ E. Pupo Walker; Historia de la Literatura Hispanoamericana, 2 vols. Madrid: Gredos, 2006.

Luis Iñigo Madrigal, Historia de la Literatura hispanoamericana, vols. I y II. Madrid: Cátedra, 2008.

José Miguel Oviedo, Historia de la Literatura Hispanoamericana, 4 vols. Madrid: Alianza, 2001.

Renaud Richard, Diccionario de Hispanoamericanismos. Madrid: Cátedra, 1997.


Obras literarias:

Miguel Ángel Asturias, El Señor Presidente. Madrid: Cátedra, 1997.

Alberto Blest Gana, Martín Rivas. Madrid: Cátedra, 1981.

Roberto Bolaño, Los detectives salvajes. Madrid: Anagrama, 1998.

Jorge Luis Borges, El Aleph. Madrid: Debolsillo, 2011.

Jorge Luis Borges, Narraciones. Madrid: Cátedra, 1980.

Julio Cortázar, Rayuela. Madrid: Cátedra, 1997.

Rubén Darío, Prosas Profanas y otros poemas. Madrid: Castalia, 1983.

Juan Emar, Diez. Santiago de Chile: Ercilla, 1937.

Carlos Fuentes, La muerte de Artemio Cruz. Madrid: Cátedra, 1995.

Gertrudis Gómez de Avellaneda, Sab. Madrid: Cátedra, 2005.

Vicente Huidobro, Altazor. Madrid: Cátedra, 1989. 

Sor Juana Inés de la Cruz, Poesía Lírica. Madrid: Cátedra, 1992.

Pablo Neruda, Residencia en la Tierra. Madrid: Cátedra, 1994.

Juan Rulfo, Pedro Páramo. Madrid: Cátedra, 1983.

Miguel Rivera Dorado, ed., Popol Vuh. Madrid: Trotta, 2008.

Mercedes Serna, ed., Crónicas de Indias. Madrid: Cátedra, 2000.

José Asunción Silva, De Sobremesa. Madrid: Cátedra, 2006.

José Miguel Oviedo, ed., Antología crítica del cuento hispanoamericano del siglo XX, vol. 2. Madrid: Alianza, 2006.

César Vallejo, Trilce. Madrid: Cátedra, 1991.

Toda a bibliografía e básica. A búsqueda e valoración da bibliografía secundaria  é unha das tarefas que se levarán a cabo no obradoiro nun proceso de autoformación dirixido.

As lecturas presentadas son de carácter obrigatorio. Nalgúns casos o profesor ou profesora poderá decidir, á vista dos resultados na aula, se a lectura debe ser completa ou pode ser fragmentaria.

Os libros cítanse por edicións recomendadas. Porén, moitos textos áchanse en bibliotecas virtuais ou noutras edicións que, de non seren desaconselladas expresamente, son válidas para a lectura das obras ou dos fragmentos estudados durante o curso.

 

 

 

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías