Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Española dos Séculos XX e XXI Código 613G01040
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
eva.valcarcel@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das etapas e principales movimentos estéticos, obras e autores da literatura española dos séculos XX e XXI
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

–Sesión maxistral (telemática síncrona ou asíncrona)
–Actividades do Obradoiro (Moodle, Teams ou e-mail)
–Atención personalizada (Moodle, Teams ou e-mail)

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
–Correo electrónico
–Moodle
–Teams (con sesións síncronas ou asíncronas en virtude das necesidades e posibilidades do alumnado e o profesor).

4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- O alumnado que tivese dificultades para o seguimento da materia durante a aplicación deste plano de continxencia por motivos de saúde, de conciliación (coidado de menores ou maiores dependentes) ou de carencia de recursos técnicos, de espazo ou materiais, deberá porse en contacto co profesorado para arbitrar as condicións de flexibilización necesarias a fin de minimizar o impacto destas circunstancias no seu desempeño académico.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo estarán ao dispor do alumnado (na WWW, vía e-mail ou a través de Moodle).

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e valorar críticamente os autores/obras/períodos/movimientos literarios máis significativos/representativos da literatura española dos séculos XX e XXI, atendendo a unha perspectiva crítica histórico-social. A1
A2
A5
A11
A15
A16
A17
B1
B5
B6
B7
B10
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Modernismo. O Modernismo, versión hispánica do Simbolismo transnacional: presentación, comentarios e imaxes.
Tema 2. Vangardas e Grupo del 27. Vangardas e 27: presentación, comentarios e imaxes.
Tema 3. A poesía española nos años 50.
Principais correntes poéticas. Presentación e análisis.
Antoloxía de textos.
1. Poesía social e experimental.
2.Coñecemento e comunicación.
3. Mestres e herdeiros.
Tema 4. A novela dende os anos 90. Do posrealismo a actualidade.
Principais autores. Presentación e análise. Antoloxía de textos.
1-Novela e democracia.
2.A xeración dos anos 90.
3. Do conto o microrrelato.
4. Últimas tendencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A16 20 0 20
Discusión dirixida A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 20 30 50
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 B5 B7 0 30 30
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 2 45 47
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Fundamentos teórico-prácticos obxecto de estudo da materia.
Discusión dirixida Debate desenvolvido na aula sobre os temas, textos e contidos da materia.
Obradoiro Diferentes actividades propostas polo profesor ou profesora e realizadas baixo a súa tutela. Exporanse e debatiranse na aula, cunha cualificación propia que, no conxunto, reflictirase nunha porcentaxe global.
Proba obxectiva Proba escrita final, correspondente aos contidos expostos nas aulas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Obradoiro
Proba obxectiva
Descrición
Titorías presenciais ou telemáticas (Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 B5 B7 Traballos persoais titorizados polo profesor ou profesora da materia. 50
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 Exame final correspondente ás materias expostas no curso. 50
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

    
1. O 50% da cualificación final obterase pola proba obxectiva
(exame), en convocatorias oficiais de primeira e de segunda
oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase
obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é
posible compensalo cun 7 pola suma de traballos.

     2. O 50% restante obterase por un conxunto de actividades propostas polo profesor ou profesora e levadas a cabo baixo a súa tutela, que serán desenvolvidas, expostas e debatidas na aula.

     3. Para obter cualificación é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

     4. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensos ou non realizados, os novos traballos entregaranse antes desta
última proba escrita.

     5. A convocatoria adiantada de decembro consistirá na realización dunha
proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba específica sobre as
lecturas propias da materia (50% da cualificación). Esta última pode ser
oral.

     6. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: "Dispensa de asistencia 2020-2021", en canto comecen as aulas.

     7. O procedemento anterior podería autorizarse
para alumnado con dificultades especiais de asistencia, como é o caso de
quen repiten curso, sempre que se dea aceptación expresa, comunicada a
través dun correo electrónico co mesmo asunto anterior, "Dispensa de asistencia 2019-2020", a luis.caparros@udc.es.

     8. O prazo límite para a entrega dos traballos escritos de curso, en formato electrónico, será o da derradeira sesión de aulas.

     9. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía correcta, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio
punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será
indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

    
10. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a
marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a
proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia
indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de
detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

     11. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Canmpus Virtual.

     12. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional: https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Yurkievich, Saúl (1984). A través de la trama. Sobre vanguardias literarias y otras concomitancias. Barcelona: Muchnik
Forster, Merlin, David Jackson y Harold Wentzlaff Eggebert (1998). Bibliografía y antología crítica de las vanguardias literarias en el mundo hispánico. Frankfurt y Madrid: Iberoamericana
Yurkievich, Saúl (1976). Celebración del modernismo. Barcelona: Tusquets
Bonet, Juan Manuel (1995). Diccionario de las vanguardias en España (1907-1936). Madrid: Alianza Editorial
Gullón, Ricardo (1990). Direcciones del Modernismo (1ª ed.: 1963). Madrid: Alianza Editorial
Litvak, Lily, ed. (1975). El Modernismo. Madrid: Taurus
Gullón, Ricardo (1980). El Modernismo visto por los modernistas. Madrid: Guadarrama
Jiménez, Juan Ramón (1999). El Modernismo. Apuntes de curso (1953). Madrid: Visor
Allegra, Giovanni (1986). El reino interior. Premisas y semblanzas del modernismo en España. Madrid: Encuentros
García de la Concha, Víctor, ed. (1982). El Surrealismo. Madrid: Taurus
Morris, C. Brian (2000). El Surrealismo y España: 1920-1936. Madrid: Espasa-Calpe (Austral 503)
Anderson, Andrew A. (2005). El Veintisiete en tela de juicio : examen de la historiografía generacional y replanteamiento de la vanguardia histórica española. Madrid: Gredos
Litvak, Lily (1979). Erotismo fin de siglo. Barcelona: A. Bosch
Friedrich, Hugo (1974). Estructura de la lírica moderna. Barcelona: Seix.Barral
Alonso, Cecilio (2010). Historia de la literatura española, dir. por José-Carlos Mainer, vol. 5: Hacia una literatura nacional, 1800-1900. Madrid: Crítica
Mainer, José-Carlos (2010). Historia de la literatura española, dir. por José-Carlos Mainer, vol. 6: Modernidad y nacionalismo, 1900-1939. Madrid: Crítica
Debicki, Andrew P. (1997). Historia de la poesía española del siglo XX. Desde la modernidad hasta el presente. Madrid: Gredos
Mainer, José-Carlos (1981). La Edad de Plata (2ª ed.). Madrid: Cátedra
Aullón de Haro, Pedro (2000). La modernidad poética, la vanguardia y el creacionismo. Málaga: Universidad
Blanch, Antonio (1976). La poesía pura española. Madrid: Gredos
Brihuega, Jaime (1981). Las vanguardias artísticas en España (1900-1936). Madrid: Istmo
Serrano Alonso, Javier, et al., eds. (2000). Literatura modernista y tiempo del 98: actas del Congreso Internacional. Santiago de Compostela: Universidad
Paz, Octavio (1974). Los hijos del limo: del romanticismo a la vanguardia. Barcelona: Seix Barral
Brihuega, Jaime (1979). Manifiestos, proclamas, panfletos y textos doctrinarios. Las vanguardias artísticas en España 1910-1931. Madrid: Cátedra
Gutiérrez Girardot, Rafael (1983). Modernismo. Barcelona: Montesinos
Pozuelo Yvancos, José María (2014). Novela española del siglo XXI. Madrid: Cátedra
Schulman, Iván A., ed. (1987). Nuevos asedios al modernismo. Madrid: Taurus
Prieto de Paula, Ángel L., coord. (s/d). Poesía Española Contemporánea. http://www.cervantesvirtual.com/portales/poesia_espanola_contemporanea/
Alonso, Dámaso (1952). Poetas españoles contemporáneos. Madrid: Gredos
Litvak, Lily (1980). Transformación industrial y literatura en España (1985-1907). Madrid: Taurus
Morris, C. Brian (1988). Una generación de poetas españoles 1920-1936. Madrid: Gredos
Costa, René de, ed. (1975). Vicente Huidobro y el creacionismo. Madrid: Taurus
Lecturas obrigatorias.

Como lecturas obrigatorias presentaranse no Campus Virtual diferentes arquivos en pdf correspondentes aos temas apuntados no Paso 3.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías