Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura Española dos Séculos XX e XXI Código 613G01040
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Mascato Rey, Rosario
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
Profesorado
Mascato Rey, Rosario
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/2F2UL
Descrición xeral Estudo dos autores/obras/períodos/movimentos literarios máis significativos/representativos da literatura española dos séculos XX e XXI.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e valorar críticamente os autores/obras/períodos/movimientos literarios máis significativos/representativos da literatura española dos séculos XX e XXI, atendendo a unha perspectiva crítica histórico-social. A1
A2
A5
A11
A15
A16
A17
B1
B3
B5
B6
B7
B10
C6
Coñecer e valorar críticamente os autores/obras/períodos/movimientos literarios máis significativos/representativos da literatura española dos séculos XX e XXI. A1
A2
A11
A15
A16
B1
B3
C6
Ser capaz de realizar un comentario dun texto de literatura contemporánea, inseríndoo no seu marco histórico-literario e cultural. A1
A11
A15
A16
B5
B7
B10
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución. 1. Panorama da historia política e social de España (séculos XX-XXI)
2. Conceptos básicos: da historia da literatura á socioloxía da cultura
2. A literatura da Idade de Prata 1. Procesos de consagración e canonización. Vangarda vs. retagarda
2. A prensa como eixo de produción
3. A ausencia historiográfica das mulleres
3. Literatura, guerra e dictadura 1. Exilio e redes internacionais da cultura
2. A narrativa da memoria en voces de muller
3. Poesía, resistencia e resiliencia
4. A literatura española de 1975 a 2023 1. Literatura e transición democrática
2. Realismo, compromiso e intervención
3. Feminismo e precariedade: novas narrativas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A2 A15 A16 A17 C6 0 40 40
Obradoiro B1 B3 B6 30 10 40
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 0 22 22
Sesión maxistral A1 B7 C6 21 24 45
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas É preceptivo ler as lecturas obrigatorias, polas edicións recomendadas, para as datas marcadas e sempre con antelación á explicación do tema no que se explica a lectura.
Obradoiro Mediante a combinación de diversas metodoloxías (discusión dirixida, debate, exercicios, etc.) o alumnado levará a cabo distintas actividades sobre diferentes aspectos do programa baixo a supervisión da docente. Tres destas actividades erán recollidas ao final da sesón correspondente para a súa corrección e calificación como parte da avaliación da materia.
Traballos tutelados Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesorado. Contará coas instrucións sobre tipoloxía, formato e prazos de entrega a través do Campus Virtual.
Sesión maxistral O profesorado explicará os fundamentos teórico-prácticos obxecto de estudo da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
O alumno acudirá periódicamente a tutorías para aclarar dubidas sobre os temas suscitados nas aulas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesorado. Contará coas instrucións sobre tipoloxía, formato e prazos de entrega a través do Campus Virtual. 50
Obradoiro B1 B3 B6 Valorarase a capacidade crítica do estudantado mediante diversos exercicios prácticos: análise e comentario de textos, elaboración de reseñas, revisións críticas, preparación de materiais de estudo, etc.
Tres destes exercicios serán recollidos ao remate da sesión en que se realicen, a fin de proceder á súa corrección e calificación, que computará para a avaliación do 50% da materia.
50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Non será admitida a entrega de traballos fora de prazo. 

3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo á normativa vixente na UDC.

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña feitas as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.

5. O alumnado que teña que avaliarse da materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e tarefas por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizarse con tempo suficiente.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

8. Con acordo ao recollido nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorporará a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Neste sentido, traballarase para identificar e correxir prexuizos e actitudes sexistas, en pro dos valores de respeto e igualdade.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle. 

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Cobo Bedia, Rosa & RAnea Triviño, Beatriz (Eds.) (2020). Breve diccionario de feminismo. Madrid: Los Libros de la Catarata
Zavala, Iris M. (Ed.) (1995). Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). Madrid: Dirección General de la Mujer
Ruiz Serrano, Cristina (Coord.) (2022). De escrituras y escritoras: otras miradas, otras imágenes en la literatura española en los albores del siglo XXI. Editorial Academia del Hispanismo
Vila-Belda, Reyes (Ed.) (2021). Ellas cuentan la guerra. Las poetas españolas y la guerra civil (Antología 1936-2013). Madrid: Renacimiento
Iravedra, Araceli (2016). Hacia la democracia. La nueva poesía (1968-2000).. Madrid: Visor
Mainer, José Carlos (2010). Historia de la literatura española. 6. Modernidad y nacionalismo (1900-1939). Barcelona: Crítica
Gracia, J. & Ródenas, D. (2011). Historia de la literatura española. 7. Derrota y restitución de la modernidad (1939-2010). Barcelona: Crítica
Pozuelo Yvancos, José María (Dir.) (2011). Historia de la literatura española. 8. Las ideas literarias (1214-2010). Barcelona: Crítica
Alonso, Cecilio (Ed.) (2010). Historia de la literatura española. Vol. 5. Hacia una literatura nacional (1800-1900. Madrid: Crítica
Huerta Calvo, Javier (Dir.) (2003). Historia del Teatro Español. Madrid: Gredos
Vilchez de Frutos, María Francisca & Nieva de la Paz, Pilar (2012). Imágenes femeninas en la literatura española y las artes escénicas (siglos XX y XXI). Philadelphia: Society of Spanish and Spanish-American Studies
Mainer, José Carlos (1993). La Edad de Plata (1902-1939). Ensayo de interpretación de un proceso cultural. Madrid: Cátedra
Romero Tobar, Leonardo (2006). La literatura en su historia. Madrid: Arco Libros
Ciplijauskaité, Biruté (1994). La novela femenina contemporánea (1970-1985): hacia una tipología de la narración en primera persona. Santafé de Bogotá: Anthropos
Balló, Tania (2018). Las Sinsombrero 2. Ocultas e impecables. Madrid: Espasa
Balló, Tania (2022). Las Sinsombrero 3. No quiero olvidar todo lo que sé. Madrid: Espasa
Balló, Tania (2016). Las Sinsombrero. Sin ellas, la historia no está completa. Madrid: Espasa
Celma Valero, Pilar (1991). Literatura y periodismo en las revistas del fin de siglo. Estudios e índices (1888-1907),. Madrid: Júcar
Pozuelo Yvancos, José María (2017). Novela española del siglo XXI. Madrid: Cátedra
Alonso, Cecilio (2015). Travesías de la modernidad: prensa y letras en España (1890-1914),. Valencina de la Concepción: Renacimiento
Bértolo, Constantino (2021). ¿Quiénes somos? 55 Libros de la literatura española del siglo XX. Cáceres: Periférica

A docente proporcionará bibliografía específica e textos de lectura obrigatoria a través da plataforma do Campus Virtual.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías