Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Literaria Código 613G01042
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rico Alonso, Sonia
Correo electrónico
sonia.rico.alonso@udc.es
Profesorado
Rico Alonso, Sonia
Correo electrónico
sonia.rico.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Preparación para a investigación literaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as características e as dificultades do labor de investigación A1
A3
A5
A8
A9
A15
A16
A17
Ser capaz de buscar información sobre un tema literario e avaliar a posibilidade de elaborar desde aí un proxecto de investigación A1
A2
A14
A15
A16
A17
A18
A22
B1
B3
B5
B6
B7
B9
B10
C1
C6
C8
Manexar de forma efectiva as fontes bibliográficas convencionais e tambén coñecer ferramentas e recursos de internet A8
A11
B1
B2
B3
B5
B6
B10
C6
Producir textos escritos de distinta extensión e alcance, debidamente redactados e organizados, nos que o estudante expoña os avances dun traballo de investigación, unha reflexión crítica sobre un determinado tema, presente un estado da cuestión dun tema... A2
A11
A14
A15
A17
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B10
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Bases da investigación literaria Consideracións previas
Especialización
Fundamentos
Finalidade e obxectivos da investigación
Aportación e novidade
Honestidade intelectual
Difusión
2. O estudo literario dos textos Disciplinas literarias e non literarias
Sistema e metodoloxía
Periodización
Corpus
4. A edición e anotación de textos Tipos de edición
A crítica textual: un achegamento
Fases da edición
As fontes primarias: a súa importancia
3. Recursos para a investigación literaria Fontes de información
Bibliotecas e bibliografía
Documentos e arquivos
Bases de dados e recursos en internet
5. A elaboración do traballo de investigación Os dados e o seu almacenamento
A estrutura do traballo e as súas partes
A redacción do texto: a súa importancia
Os suplementos
Os índices

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A16 B1 B2 B5 B7 C1 C6 C8 16 10 26
Obradoiro A1 A2 A3 A8 A11 A15 A22 B1 B2 B6 B7 C1 15 19 34
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A9 A11 A16 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 2 3 5
Traballos tutelados A1 A2 A11 A14 A16 A17 B1 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 0 30 30
Actividades iniciais B10 C1 0.5 0 0.5
Proba mixta A1 A2 A5 A9 A11 A14 A17 A18 B6 B10 C1 C3 2 12.5 14.5
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesorado, que tratará de achegar ao estudante aos principios, á metodoloxía e ás características propias da investigación literaria. Para que o alumnado se implique nestas sesións procurarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías y probas (prácticas guiadas, exposicións, discusións dirixidas, exercicios de comentario, manexo de fontes instrumentais, etc.) a través das que o alumnado se familiariza con distintas técnicas e recursos de investigación, así como con algunhas fontes instrumentais básicas, sempre co apoio e supervisión dos docentes. Nalgún caso, pode solicitarse que revise algunha lectura ou leve a cabo algún exercicio ou tarefa na casa para desenvolvela posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) polo profesorado para a súa avaliación
Eventos científicos e/ou divulgativos Aproveitaránse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos poderán visitar o Arquivo do Reino de Galica e aproximarse, de xeito directo e práctico, á materialidade do libro e ao funcionamento dun arquivo. No caso de que a visita non puidese levarse a cabo, reemplazaráse esta actividade por outra (visionado dalgún documental, audición dalgunha entrevista ou conferencia de interese accesible en internet...).
Traballos tutelados Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que o profesorado lle asignará seguindo as pautas que no seu momento se establezan para a súa presentación. Na primeira fase, o alumno preparará un breve guion que debe discutir cos docentes (despois debe aterse e el para a súa realización).
Actividades iniciais Análise do coñecemento previo que o estudantado ten do labor de investigación no eido literario. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa
Proba mixta Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba adicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo referidos ao programa, fundamentalmente en relación co traballo tutelado e coas tarefas entregadas, a modo de control da autoría deses materiais. Requerirase, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun grao universitario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Obradoiro
Eventos científicos e/ou divulgativos
Descrición
O estudantado poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada dos profesores, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións adicadas ao obradoiro. No obstante, as titorías nunca poden ser instrumento para suplir as explicacións que o alumnasdo non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente. No que atinxe á realización do traballo, deberá presentar na primeira fase o guion; despois é recomendable que consulte as dúbidas ou problemas que se lle plantexen no proceso de elaboración.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A11 A14 A16 A17 B1 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 Os alumnos prepararán un traballo de iniciación á investigación sobre algún tema literario dos que o profesorado propoña. Valorarase a aportación do estudante, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
45
Proba mixta A1 A2 A5 A9 A11 A14 A17 A18 B6 B10 C1 C3 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas, así como que é quen realizous o traballo tutelado (a modo de demostración da autoría). Unha parte do exercicio versará sobre o traballo e servirá para verificar a súa autoría. Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta. 25
Obradoiro A1 A2 A3 A8 A11 A15 A22 B1 B2 B6 B7 C1 Valorarase a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. 15
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A9 A11 A16 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo ou científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lles ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Deberán presentar un resumo completo e cabal da exposición no que demostren non só que asistiron á visita senon que foron quen de seguila de maneira comprensiva. No caso en que non se poda levar a cabo esta actividade, reemplazarase por outra (resumo dun audio sobre algún aspecto da materia, visionado dun viídeo) 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4 no traballo tutelado e na proba mixta.


Só se aceptarán os traballos e actividades realizadas cando se entreguen nas datas previstas e seguindo as normas que se precisarán en cada caso. 

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo (60%); debe poñerse en contacto coa docente ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da entrega do traballo e da realización da proba mixta).  O sistema de avaliación será o mesmo para as persoas que participen na convocatoria adiantada de decembro. 

Considerase como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado ou non realice proba mixta.

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes, xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro) nin o Evento. Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo e o 40% da "Proba mixta".

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (non só se tomará en conta, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).


Fontes de información
Bibliografía básica Alcina Franch, J. (1994). Aprender a investigar: métodos de trabajo para la redacción de tesis doctorales.. Madrid: Compañía Literaria.
Eco, Umberto. (2001 (1977).). Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura.. Barcelona: Gedisa.
Rodríguez Fer, Claudio. (1998). Guía de investigación literaria.. Gijón: Júcar.
Blecua, Alberto. (1983). Manual de crítica textual.. Madrid: Castalia.
Martínez de Sousa, José (2012). Manual de estilo de la lengua española. Gijón: Trea
Jauralde Pou, Pablo. (1981). Manual de investigación literaria (Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española).. Madrid: Gredos.
Paun de García, Susan. (2004). Manual práctico de investigación literaria. Cómo preparar informes, trabajos de investigación, tésis y tesinas.. Madrid: Castalia.
Díez Borque, J. M., coord. (1985). Métodos de estudio de la obra literaria.. Madrid: Taurus.
Gaskell, Philip. (1999). Nueva introducción a la bibliografía material.. Gijón: Ediciones Trea.
Montaner Frutos, A. (1999). Prontuario de bibliografía (Pautas para la realización de descripciones, citas y repertorios).. Gijón: Ediciones Trea.

Durante o curso e a medida que se vaian desenvolvendo os temas, os profesores proporcionarán outras referencias bibliográficas.

Bibliografía complementaria

Será proporcionada nas aulas e/ou a través do Campus Virtual; asemade, o profesorado pode, nalgúns casos, facilitarlles materiais sobre o explicado a través do Campus Virtual.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario de 4ª de Grao é requisito; recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou de outro tipo) que os subsanen, prestando especial atención aos erros cometidos ao longo do curso para no repetilos na proba mista.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías