Identifying Data 2015/16
Subject (*) Literatura Latina Code 613G01045
Study programme
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optativa 4.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Filoloxía Española e Latina
Coordinador
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
E-mail
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Lecturers
Gonzalez Muñoz, Luis Fernando
E-mail
fernando.gonzalez.munoz@udc.es
Web
General description A materia propón un achegamento á literatura latina da Antigüidade (ss. III a.C.-Vd.C.) e á súa influencia na posteridade que teña en conta tanto o seu ciclo temporal como os contextos sociais que a enmarcan, os aspectos ideolóxicos que transmite e en que se sustenta, e os diferentes códigos formais propios de cada xénero. Con obxecto de concentrar unha materia tan vasta no espazo dun cuatrimestre, a exposición dos contidos e as actividades previstas limitaranse a catro grandes temas, suficientemente representativos do conxunto da literatura romana: o teatro, a poesía amorosa, a historiografía e a narrativa de ficción.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A1
A2
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina A13
Coñecer a crítica textual e a edición de textos, aplicados ao campo da literatura latina A16
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía no campo da filoloxía clásica A23
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información no campo da filoloxía clásica A11
B1
Adquirir capacidade de autoinformación no campo da filoloxía clásica B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, especialmente a historia das literaturas inglesa, española e galega B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Tener capacidad de análisis y síntesis, de valorar críticamente el conocimiento y de ejercer el pensamiento crítico B7
Apreciar a diversidade cultural mediante a confrontación do legado da Antigüidade cos trazos da modernidade e contemporaneidade B8

Contents
Topic Sub-topic
1.- O teatro en Roma.
1.1. O ciclo temporal: orixe, desenvolvemento e decadencia
1.2. O contexto social: escritores, actores, público, patronos, marcos pragmáticos
1.3. Os xéneros e subxéneros do teatro literario e dos espectáculos parateatrais
1.4. A influencia na posteridade
2.- O tratamento do amor na poesía latina. 2.1. Ideoloxía sobre o amor na Antigüidade
2.2. O amor na poesía persoal: epigrama, lírica, elexía, bucólica
2.3. O amor na poesía dramática, narrativa e didáctica
2.4. A influencia na posteridade
3.- A historiografía en Roma. 3.1. Os xéneros e subxéneros da historiografía
3.2. Teoría da historia: aspectos sociais, retóricos e filosóficos
3.3. A biografía
3.4. Influencia na posteridade
4. A narrativa de ficción 4.1. Consideracións sobre os cocnceptos de narración e de ficción
4.2. A tipoloxía do relato breve
4.3. A novela: orixes e desenvolvemento
4,4, A influencia na posteridade

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A2 A16 B1 B7 16 12 28
Objective test A1 A13 2.5 6 8.5
Supervised projects A11 A13 B3 B5 B6 0 23 23
Workbook A2 B8 0 35 35
Guest lecture / keynote speech A1 A13 A16 A23 16 0 16
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento dos mesmos.
Objective test Proba escrita individual en forma de test, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar e organizar conceptos, resolver problemas e exercer un xuízo crítico.
Supervised projects O estudante elaborará un traballo de curso individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido publicamente na aula. Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder efectuar a proba obxectiva e superar a materia.
Workbook O estudante fará por contra propia as lecturas obrigatrorias que se lle propoñan e dará conta destas a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Guest lecture / keynote speech Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas publicados a través da plataforma Moddle

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
O estudante asistirá a titorías individuais concertadas a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A2 A16 B1 B7 Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 20
Objective test A1 A13 Proba escrita individual en forma de test, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar conceptos, organizar a argumentación, resolver problemas e exercer un xuízo crítico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba 40
Supervised projects A11 A13 B3 B5 B6 Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para efectuar a proba final obxectiva e superar a materia 40
 
Assessment comments

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen.


O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista.


O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial será dispensado da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 20% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 50% e na avaliación de traballo e actividades, que pasará a contar un 50%.


Sources of information
Basic Leighton D. Reynolds e Nigel G. Wilson (1986). Copistas y filólogos. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (ed.) (1987). Géneros literarios latinos. Salamanca: Universidad de Salamanca
George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Madrid: Atenea
E.J.Kenney-W.V.Clausen (1989/90). Historia de la literatura clásica. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (1997). Historia de la literatura latina. Madrid: Cátedra
Michael Von Albrecht (1992/7). Historia de la literatura romana. Barcelona: Herder

Recursos web

Xerais

Bibliotheca Augustana: bibilotheca latina / bibliotheca graeca

http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html#la

The Latin Library

http://www.thelatinlibrary.com/index.html

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Internet Ancient History Sourcebook: Rome

http://www.fordham.edu/halsall/ancient/asbook09.html

Analecta Malacitana

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

 

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 

 

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.