Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura Latina Código 613G01045
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/AFerracesRodriguez/
Descrición xeral Esta materia propón unha aproximación á literatura latina da Antigüidade (s. III a.C.-V d.C.) e á súa influencia na posteridade, con estudio de aspectos ideolóxicos e códigos formales dos xéneros. Os contidos e actividades previstas centraránse en figuras concretas ou en textos específicos representativos dun xénero.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual A1
A2
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina A13
Coñecer a crítica textual e a edición de textos, aplicados ao campo da literatura latina A16
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía no campo da filoloxía clásica A23
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información no campo da filoloxía clásica A11
B1
Adquirir capacidade de autoinformación no campo da filoloxía clásica B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, especialmente a historia das literaturas inglesa, española e galega B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar críticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Apreciar a diversidade cultural mediante a confrontación do legado da Antigüidade cos trazos da modernidade e contemporaneidade B8

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos xerais 1.1. O sistema literario na Antigüidade: Literatura/Textos/Letras.
1.2. Cuestións de denominación, delimitación e periodización: 'literatura romana'/'literatura latina'.
1.3. Imitación e emulación.
2.- Textos científicos e técnicos en prosa e en verso: visión panorámica. 2.1. Agricultura
2.2. Medicina.
2.3. Arquitectura
2.4. Textos de maxia
3.- Autores e obras en prosa.
2.1. Catón, Varrón, Columela.
2.2. Celso, Escribonio Largo, Gargilio Marcial
2.3. Da 'Historia Natural' de Plinio o Vello aos recetarios médicos tardoantigos.
4.- Autores e obras en verso e textos en prosa rítmica. 4.1. Xeórxicas de Virxilio
4.2. Medicamina faciei feminae, de Ovidio; Liber medicinalis de Quinto Sereno.
4.3. Incantamenta magica, Defixionum tabellae.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A2 A16 B1 B7 14.5 18.5 33
Proba obxectiva A1 A13 2 0 2
Traballos tutelados A11 A13 B3 B5 B6 0 25.5 25.5
Lecturas A2 B8 0 35 35
Sesión maxistral A1 A13 A16 A23 15 0 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal.
Proba obxectiva Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos.
Traballos tutelados O estudante elaborará polo menos un traballo individual coa orientación e a asistencia do profesor. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia.
Lecturas O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Sesión maxistral Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O estudante asistirá a titorías presenciales concertadas previamente a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A16 B1 B7 Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 20
Proba obxectiva A1 A13 Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba 40
Traballos tutelados A11 A13 B3 B5 B6 Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia 40
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.

Os estudantes que non teñan superado a materia na primeira oportunidade poderán someterse na segunda oportunidade á proba obxectiva e preparar un novo traballo tutelado, coas mesmas porcentaxes de calificación ca as establecidas para a primeira oportunidade. Para o 20 % restante, é decir, para a porcentaxe de calificación que corresponde a Análise de fontes documentais poderán preparar un traballo sobre lecturas asignadas específicamente polo profesor. Tanto o traballo tutelado coma o correspondente ás lecturas deberán ser entregados presencialmente na mesma data ca a establecida no calendario académico oficial para a proba obxectiva ou exame.

De non realizar a proba obxectiva, o estudante será cualificado como 'Non Presentado'.

Os estudantes que se matriculen na modalidade de dispensa académica concertarán ao inicio do cuatrimestre, non mais tarde da primeira ou segunda semana  do período de clases, unha titoría presencial co profesor para establecer un calendario de actividades e de titorías que permitan seguir o cumprimento dos obxectivos da aprendizaxe. En modalidade de dispensa académica o estudante será eximido da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais, pero deberá realizar a proba obxectiva e entregar o/s traballo/s tutelado/s, nas datas previstas e coa mesma porcentaxe de cualificación ca os establecidos para a modalidade de non dispensa académica. Na modalidade de dispensa o 20% da cualificación atribuido a Análise de fontes documentais será compensado entregando un traballo sobre lecturas previamente asignadas polo profesor ao efecto nunha sesión de tutoría presencial.


Fontes de información
Bibliografía básica Leighton D. Reynolds e Nigel G. Wilson (1986). Copistas y filólogos. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (ed.) (1987). Géneros literarios latinos. Salamanca: Universidad de Salamanca
George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Madrid: Atenea
E.J.Kenney-W.V.Clausen (1989/90). Historia de la literatura clásica. Madrid: Gredos
Carmen Codoñer Merino (1997). Historia de la literatura latina. Madrid: Cátedra
Michael Von Albrecht (1992/7). Historia de la literatura romana. Barcelona: Herder

Recursos web

Xerais

Bibliotheca Augustana: bibilotheca latina / bibliotheca graeca

http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html#la

The Latin Library

http://www.thelatinlibrary.com/index.html

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

 Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías