Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Análise Lingüística de Textos Españois Código 613G01047
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Molkova , Svetlana
Correo electrónico
svetlana.molkova@udc.es
Profesorado
Molkova , Svetlana
Correo electrónico
svetlana.molkova@udc.es
Web
Descrición xeral Análisis e comentario de textos representativos de diversas variedades lingüísticas do español.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer diferentes métodos de analise e comentario de textos A1
A3
A14
B1
B7
B10
Analizar e comentar diferentes tipos de textos, aplicando diferentes metodoloxías e integrando os coñecementos adquiridos en outros cursos e materias A1
A2
A5
A11
A15
B5
Producir diferentes tipos de textos A10
A16

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ao comentario lingüístico de textos Análise filolóxica e lingüística: obxectivos, metodoloxías, niveis
2. O comentario sincrónico de textos Análise e comentario de textos contemporáneos en español
3. O comentario diacrónico de textos Análise e comentario de textos da historia do español

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A14 B5 14 28 42
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 14 28 42
Proba práctica A5 A15 B7 3 23.5 26.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc). Con esta metodoloxía o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesor durante as aulas.

Proba práctica Proba escrita na que se analizará e comentará un texto en español. Haberá de poñerse en práctica os conceptos e procedimentos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba práctica
Descrición
As prácticas dos obradoiros realizaranse cun seguimento personalizado por parte do profesor.

Espérase que se faga uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas cos materiais empregados ou coas actividades, información ou conceptos desenvolvidos nas aulas.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, por tanto, recoméndase que nas titorías se revisen os exercicios e o exame final.

As titorías poderán ser individuais ou en grupo. Poderanse levar a cabo persoalmente, mediante correo electrónico ou outros medios.

A atención a estudantes con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben na aula. Se é conveniente, adaptaranse as metodoloxías e deseñaranse actividades especiais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 Diversos comentarios e exercicios sobre textos en español. 60
Proba práctica A5 A15 B7 Proba escrita en que se analizarán e comentarán textos en español. Deberán poñerse en práctica os conceptos e procedimentos adquiridos. 40
 
Observacións avaliación

Cualificarase como non presentado ("NP") a quen non se presente ao exame final oficial (proba práctica), independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición de actas. Ofreceranse actividades alternativas ás realizadas nos obradoiros.

As actividades entregaranse no tempo e forma establecidos. No caso de actividades que se remitan a través de Moodle, o estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

Os estudantes con dispensa académica de asistencia a clases realizarán a proba práctica final e actividades alternativas ás
que se desenvolvan nos obradoiros.

Poderánse establecer as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.


Recoméndase un nivel de español equivalente a B2 ou superior para seguir esta materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Marimón Llorca, Carmen (2008). Análisis de textos en español. Teoría y práctica. Alicante: Universidad de Alicante
Vilarnovo, Antonio y Sánchez, José Francisco (1994). Discurso, tipos de texto y comunicación. Pamplona: EUNSA, 2.ª ed. corregida
Ariza, Manuel (2008). El comentario filológico de textos. Madrid: Arco/Libros, 3.ª ed.
De Beaugrande, Robert-Alain y Dressler, Wolfgang Ulrich (1997). Introducción a la lingüística del texto. Barcelona: Ariel
Loureda Lamas, Óscar (2009). Introducción a la tipología textual. Madrid: Arco/Libros, 2.ª ed.
Metzeltin, Miguel (1988). Lingüística textual y análisis de textos hispánicos. Murcia: Universidad de Murcia
Gross, Gaston (2013). Manual de análisis lingüístico. Barcelona: UOC
Bassols, Margarida y Torrent, Anna M. (1997). Modelos textuales. Teoría y práctica. Barcelona: Eumo - Octaedro
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2009). Nueva gramática de la lengua española. Morfología. Sintaxis I. Sintaxis II. Madrid: Espasa
Portolés, José (2004). Pragmática para hispanistas. Madrid: Síntesis
Gutiérrez Ordóñez, Salvador (1996). Presentación de la Pragmática. Lección inaugural del curso académico 1996-1997. León: Universidad de León
González Nieto, Luis (2001). Teoría lingüística y enseñanza de la lengua (Lingüística para profesores). Madrid: Cátedra
Herrero Cecilia, Juan (2006). Teorías de pragmática, de lingüística general y de análisis del discurso. Cuenca:Universidad de Castilla-La Mancha

Bibliografía complementaria Pujante, David (2003). Manual de retórica. Madrid: Editorial Castalia
Segre, Cesare (1985). Principios de análisis del texto literario. Barcelona: Editorial Crítica

Ofrecerase máis bibliografía ao remate de cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Historia do Español/613G01025
Español Actual/613G01028
Variedades do Español/613G01032
Gramática do Texto/613G01039
Cuestións de Historia da Lingua Española/613G01043

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías