Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise Lingüística de Textos Españois Código 613G01047
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
Web
Descrición xeral Análisis e comentario de textos representativos de diversas variedades lingüísticas do español.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
Obradoiro


*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais (clases expositivas) substitúense por materiais de auto aprendizaxe dispoñibles en Moodle
As sesións de obradoiro impártense a través de Teams


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico
Videochamada por Teams en horario de tutorías

4. Modificacións na avaliación
Non hai
Os comentarios de texto que se avalían entréganse por Moodle

*Observacións de avaliación:
As mesmas que se observan no apartado "Avaliación" desta guía
A avaliación e as observacións son válidas tanto para a primeira oportunidade como para a segunda

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer diferentes métodos de analise e comentario de textos A1
A3
A14
B1
B7
B10
Analizar e comentar diferentes tipos de textos, aplicando diferentes metodoloxías e integrando os coñecementos adquiridos en outros cursos e materias A1
A2
A5
A11
A15
B5
Producir diferentes tipos de textos A10
A16

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ao comentario lingüístico de textos Análise filolóxica e lingüística: obxectivos, metodoloxías, niveis
2. O comentario sincrónico de textos Análise e comentario de textos contemporáneos en español
3. O comentario diacrónico de textos Análise e comentario de textos da historia do español

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A14 B5 16 23 39
Lecturas A1 A3 A5 A14 0 15 15
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 16 40.5 56.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases expositivas a profesora explicará os contidos e as metodoloxías de análise e comentario máis importantes.
Lecturas Os alumnos lerán as lecturas recomendadas, que se consideran importantes e necesarias para completar os contidos e as metodoloxías da materia.
Obradoiro Nas sesións de obradoiro realizaranse actividades de análise e comentario de textos a través das cales os alumnos poñerán en práctica os coñecementos e metodoloxías adquiridas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
As prácticas dos obradoiros realizaranse cun seguimento personalizado por parte do profesor.

Espérase que se faga uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas cos materiais empregados ou coas actividades, información ou conceptos desenvolvidos nas aulas.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 Ao longo do cuadrimestre realizaranse análises e comentarios de diversos textos. Avaliaranse catro. Para ser cualificados na materia, deben entregar un mínimo de tres. E para aprobar hai que obter unha nota media mínima de 5 (sobre 10). 100
 
Observacións avaliación

En tódalas actividades escritas, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha se descontará da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor no caso dos alumnos Erasmus ou de outros programas de intercambio.

As actividades entregadas fóra do prazo estabelecido penalizaranse un 50% da nota.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar en exames, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa anulación total da actividade de que se trate.

Obterán a cualificación de NP (non presentado) os alumnos que entregasen menos de tres comentarios. 

Requírese un nivel de español de C1 a aqueles alumnos estranxeiros que desexen cursar a materia.

O procedemento de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira. Os alumnos que non superaron a materia realizarán os comentarios que non fixeron para a primeira oportunidade ou os que foron cualificados con menos de 5 puntos. Gardaranse as notas superiores a 5. 

Na convocatoria adiantada de decembro (finalización de estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.


Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia

Poñéranse en contacto coa profesora nas primeiras semanas do curso.

Os procedementos e as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que para o resto dos alumnos, nas dúas oportunidades.

Os comentarios entregaranse en tódolos casos a través de Moodle, onde haberá un apartado especial para estes alumnos.

As titorías concertaranse por correo electrónico e se realizarán en horas adecuadas tanto para o alumno como para as profesoras.

Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico.


Fontes de información
Bibliografía básica Marimón Llorca, Carmen (2008). Análisis de textos en español. Teoría y práctica. Alicante: Universidad de Alicante
Castillo Lluch, Mónica y Lola Pons Rodríguez (eds.) (2011). Así se van las lenguas variando. Nuevas tendencias en la investigación del cambio lingüístico en español. Berna: Peter Lang
Crespillo, Manuel (ed.) (1997). Comentario lingüístico de textos. Málaga: Universidad de Málaga
Echenique, María Teresa et al. (1997). El análisis textual. Comentario filológico, literario, lingüístico, sociolingüístico y crítico. Salamanca: Biblioteca Filológica
Ariza, Manuel (2008). El comentario filológico de textos. Madrid: Arco/Libros, 3.ª ed.
Pons Rodríguez, Lola (2006). Historia de la Lengua y Crítica Textual. Madrid: Iberoamericana
Loureda Lamas, Óscar (2009). Introducción a la tipología textual. Madrid: Arco/Libros, 2.ª ed.
Clavería, Gloria y Dolors Poch (coord.) (2010). l otro lado del espejo. Comentario lingüístico de textos literarios. Barcelona: Ariel
Pons Rodríguez, Lola (2010). La lengua de ayer. Manual práctico de Historia del Español. Madrid: Arco/Libros
Bassols, Margarida y Anna María Torrent (1997). Modelos textuales. Teoría y práctica. Barcelona: Eumo - Octaedro
Ariza, Manuel (ed.) (1992). Problemas y métodos del análisis de textos. Sevilla: Universidad de Sevilla
Narbona, Antonio (2010). Textos hispánicos comentados. Córdoba: Universidad de Córdoba
Frago Gracia, Juan Antonio (2002). Textos y normas. Comentarios lingüísticos. Madrid: Gredos
Fernández Ordóñez, Inés (2012). Transmisión y metamorfosis. Salamanca: SEMYR
Briz, Antonio y Grupo Val.Es.Co (2000). ¿Cómo se comenta un texto coloquial?. Barcelona: Ariel

Bibliografía complementaria

Ofrecerase máis bibliografía en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Morfoloxía do Español/613G01021
Historia do Español/613G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Gramática do Texto/613G01039

Materias que continúan o temario
Variedades do Español/613G01032
Cuestións de Historia da Lingua Española/613G01043

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías